miércoles, 24 de marzo de 2021

CVIII MESA DAS VERBAS

 



VINDE CONNOSCO CEIBAR VERSOS AO AR DE AROUSA
ESTE SÁBADO 27, ÁS 18:00 H. NA SALA DE CONFERENCIAS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA

SAÚDE E POESÍA!!!

viernes, 19 de marzo de 2021

PRIMAVERA DE VERSOS

 



Co gallo do comezo da primavera e da celebración do Día Internacional da Poesía, ceibamos os nosos versos ao ar os seguintes compoñentes da Mesa das Verbas: Tere Briones, Maru Rivadulla, Marisa Jamardo, Mª José Rubianes, Ramón Torrado, Xermán Manuel Torres. Velos aí van!

Que é poesía?
Instante cromático
de luz
nunha flor.

Cantarlle ao día
dun xeito romántico
con paz
e amor.

A poesía é un pensamento profundo
que sae do corazón
para expresar os sentimentos
e misterios da nosa alma.

Nace da palabra
e xusto da na diana
tocando a alma con cada verso
envolto en algodón de zucre.

Cicais loucas bolboretas,
 acaso un toxo en flor.
Quen trouxo a leda nova?
Maxia de sol no reloxio.
Vaite, vaite ollo de vidro;
arrechégate calor.
Música de bicos longos,
ballet da lúa co sol.

Estraño, estraño planeta
que nos agasalla tanta brevidade na vida
e a máis absoluta eternidade na morte...
O bo, se breve, dúas veces bo...?

..................


E co poeta, pensando nas amadas e nos amados, poderíamos dicir:

Poesía es ti.





Imaxes de Xermán Manuel Torres, a primavera agroma por todo.

sábado, 6 de marzo de 2021