A nosa amiga e compañeira Pilar Lojo Piñeiro presentou o seu primeiro libro VERDADES, o xoves 26 de xuño de 2025, ás 20:30 h. no Faiado da Memoria, entre o público asistente, un gran número de membros da Mesa das Verbas arrouparon a súa querida compañeira.
Da edición foi responsable o noso compañeiro Manuel Lage, que xunto ao tamén compañeiro, non menos querido, Roberto Abal acompañaron na presentación á nosa autora. A maquetación e encadernación do libro foron realizadas pola empresa FerCar, da nosa cidade.
Pilar recitou dous poemas, un dedicado á súa nai e outro á súa avoa materna. Manuel Lage recitou un poema dedicado á avoa paterna de Pilar e da súa autoría. Os tres poemas recitados figuran no libro. Roberto Abal á guitarra acústica fixo o acompañamento musical.
Parabéns a Pilar Lojo por esta inciativa que demostra que todo o mundo pode ler, escribir e publicar, que non son cousas exclusivas de dous ou tres privilexiados. A Mesa das Verbas anima a todos a lidiar coas Musas e con Fortuna. Ler e escribir é vivir e esas experiencias fannos máis persoas.
E tamén é un gran valor editar de forma sinxela e artesanal, nisto é un mestre Manuel Lage. Os circuítos das editoriais, ás veces, son pechados e difíciles. En hora boa pola autoedición artesanal. Bravo!
REPORTAXE GRÁFICA
No hay comentarios:
Publicar un comentario