sábado, 31 de enero de 2026

CONMEMORACIÓN DOS 140 ANOS DO NACEMENTO DE CASTELAO (Rianxo, 31-01-2026)

 


Unha representación da Mesa das Verbas, Ramón Torrado (Vicepresidente) e Luismi (socio), convidados polo Coordinador Nacional do Partido Galeguista (PG), Chesqui, asistiron en Rianxo a unha homenaxe e ofrenda floral a Castelao co gallo do 140 aniversario do seu nacemento.
Castelao, un home e un artista íntegro, que é espello e icono dos galegos "bos e xenerosos", el entregou a súa vida e a súa obra para soerguer á nosa amada Galicia.
Grazas aos compañeiros e amigos Torrado e Luismi por ostentar tan excelentemente a representación de todos nós, os compoñentes da Mesa das Verbas neste emotivo acto e gracias a Chesqui e ao PG por elixirnos como compañeiros para estar presentes nesta efeméride tan importante.



Referencia en LA VOZ DE GALICIA:







lunes, 12 de enero de 2026

V CONCURSO DE CONTOS DE NADAL - 2025 - PREMIADOS

 PRIMEIRO PREMIO:

Brais Felipe Rodríguez por A NOITE DOS FAROLIÑOS





SEGUNDO PREMIO:

Sergio Martínez Calvo por BICOS Ó CEO



TERCEIRO PREMIO:

Xosé Castro Ratón por SEN CÓDIGO DE BARRAS



Parabéns a todas as autoras e a todos os autores dos 32 contos presentados a concurso e en hora boa aos tres autores premiados.

O acto de entrega de premios será o venres 23 de xaneiro de 2026, a partires das seis da tarde na Sala Multidisciplinar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía. Estades todos convidados a asistir.

No acto os autores lerán os seus contos e contaremos co acompañamento musical da pianista e poeta Raquel Senín Sánchez.