Unha representación da Mesa das Verbas, Ramón Torrado (Vicepresidente) e Luismi (socio), convidados polo Coordinador Nacional do Partido Galeguista (PG), Chesqui, asistiron en Rianxo a unha homenaxe e ofrenda floral a Castelao co gallo do 140 aniversario do seu nacemento.
Castelao, un home e un artista íntegro, que é espello e icono dos galegos "bos e xenerosos", el entregou a súa vida e a súa obra para soerguer á nosa amada Galicia.
Grazas aos compañeiros e amigos Torrado e Luismi por ostentar tan excelentemente a representación de todos nós, os compoñentes da Mesa das Verbas neste emotivo acto e gracias a Chesqui e ao PG por elixirnos como compañeiros para estar presentes nesta efeméride tan importante.
Referencia en LA VOZ DE GALICIA:



No hay comentarios:
Publicar un comentario