A nosa amiga e compañeira Pilar Lojo Piñeiro presentou o seu primeiro libro VERDADES, o xoves 26 de xuño de 2025, ás 20:30 h. no Faiado da Memoria, entre o público asistente, un gran número de membros da Mesa das Verbas arrouparon a súa querida compañeira.
Da edición foi responsable o noso compañeiro Manuel Lage, que xunto ao tamén compañeiro, non menos querido, Roberto Abal acompañaron na presentación á nosa autora. A maquetación e encadernación do libro foron realizadas pola empresa FerCar, da nosa cidade.
Pilar recitou dous poemas, un dedicado á súa nai e outro á súa avoa materna. Manuel Lage recitou un poema dedicado á avoa paterna de Pilar e da súa autoría. Os tres poemas recitados figuran no libro. Roberto Abal á guitarra acústica fixo o acompañamento musical.
Parabéns a Pilar Lojo por esta inciativa que demostra que todo o mundo pode ler, escribir e publicar, que non son cousas exclusivas de dous ou tres privilexiados. A Mesa das Verbas anima a todos a lidiar coas Musas e con Fortuna. Ler e escribir é vivir e esas experiencias fannos máis persoas.
E tamén é un gran valor editar de forma sinxela e artesanal, nisto é un mestre Manuel Lage. Os circuítos das editoriais, ás veces, son pechados e difíciles. En hora boa pola autoedición artesanal. Bravo!
MINISTERIO DE CULTURA (a través do programa de Promoción
da Lectura e Letras Españolas)
CONSELLERÍA DE CULTURA (a través do programa Cultura no
Camiño)
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (a través do programa
de subvencións dirixidas aos concellos para actividades de dinamización da
lingua galega)
MARTES 10 DE
XUÑO
TECIDAS NA BRÉTEMA
Mulleres destinadas a vivir entre fíos de segredos, intrigas e
conspiracións. Relatos complexos,
entrelazados, onde cada peza encaixa dentro dunha gran trama literaria.
“Tecidas na brétema” é unha referencia directa ao misterio, ao que
permanece oculto, aos segredos do pasado ou aos enigmas que as protagonistas
deben descubrir. Alude tamén á incerteza e ao suspense que caracterizan as
novelas dos escritores convidados, onde nada é o que parece.
10.00 – 13.30 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ
Literatour. Cantareiras e poesía popular oral
Xincana literaria na que participan os nenos e nenas dos
centros educativos do municipio, que conxuga un marcado carácter lúdico con
contidos didácticos e elabora todo un xogo de probas relacionadas con ilustres
representantes da literatura galega. Nesta edición cobra un especial protagonismo
a poesía galega, nomeadamente o labor das cantareiras e a poesía popular oral,
temática á que este ano está dedicado o Día das Letras Galegas.
Dirixido a centros educativos de infantil e primaria.
Dende as 17.30 h. RÚAS DE VILAGARCÍA E PERFORMANCE FINAL
NO PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ
“Tecedoras de néboa”
Mulleres protagonistas da ficción que emerxen da néboa para
contar as súas historias de intriga e misterios, tecidas cos fíos que unen o
pasado e o presente.
Interpreta: Compañía de Nelson Quinteiro.
18.00 – 21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ
Apertura da Cidade de Libro
Exposición, presentación e venda de libros.
18.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS
Volve o Club das Cazadoras de Misterios
Volve o club con máis éxito das últimas edicións: O Club
das Cazadoras de Misterios. Seguimos á caza e á resolución dos enigmas máis
difíciles de desvelar, aqueles que permanecen ocultos a través do tempos.
Imparte: Corticata.
Dirixido a público familiar.
18.30 h. ESPAZO DE PRESENTACIÓNS
Presentación da novela “La Dama de Anboto”, de Rober
Cagiao
Conta a lenda que, se entras nunha das covas que hai nos
montes de Anboto, en Euskadi, pódeste atopar coa Mari, unha fermosa muller que
habita nela. Se sincero se che pregunta, porque, se mentes, quitarache o que
lle negas. Se dis a verdade, concederache os teus desexos…
Unha historia de intriga da man da inspectora Bibiana
Galdós.
Intervén: Rober Cagiao.
Presenta: Maria Nieto.
19.30 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – ESCENARIO PRINCIPAL
Entrevista: Historias tecidas na brétema de Paloma
Sánchez Garnica
Sánchez Garnica, Premio Planeta 2024,escribe ficción histórica con
suspense e intriga. As protagonistas dos seus libros adoitan navegar entre as
verdades escondidas de certos tempos convulsos que caracterizan distintas
pasaxes da nosa historia máis recente.
Intervén:
Paloma Sánchez Garnica.
Presenta: Susana
Pedreira.
20.30 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – ESCENARIO PRINCIPAL
Entrevista: Historias tecidas na brétema de Gómez-Jurado
Gómez-Jurado crea historias de suspense trepidantes con mulleres intelixentes e
valentes que se moven nun mundo cheo de segredos, enigmas e xiros inesperados.
Intervén: Juan
Gómez-Jurado.
Presenta: Susana
Pedreira.
HOXE ASINA NO ESPAZO DE SINATURAS (A PARTIR DAS 18.00 h)
Rober Cagiao
Juan Gómez-Jurado
Paloma Sánchez Garnica
MÉRCORES 11
DE XUÑO
UNI-VERSOS
Uni-versos poéticos, en clara referencia á unidade e
diversidade da poesía, á capacidade que teñen os versos para unir o pasado co
presente, o local co universal. Cada poeta, cada intervención, representa un
universo particular que, neste evento, conflúe para render tributo a un dos
mestres da poesía: Antonio Machado.
10.00 – 13.30 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ
Literatour. Cantareiras e poesía popular oral
Xincana literaria na que participan os nenos e nenas dos
centros educativos do municipio, que conxuga un marcado carácter lúdico con
contidos didácticos e elabora todo un xogo de probas relacionadas con ilustres
representantes da literatura galega. Nesta edición cobra un especial
protagonismo a poesía galega, nomeadamente o labor das cantareiras e a poesía
popular oral, temática á que este ano está dedicado o Día das Letras Galegas.
Dirixido a centros educativos de infantil e primaria.
18.00 – 21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ
Apertura da Cidade de Libro
Exposición, presentación e venda de libros.
18.00 h. ESPAZO PRESENTACIÓNS
Recital poético: “Universo Machado”
Introdución a cargo de Xesús Alonso Montero.
Recital homenaxe con motivo do 150 aniversario do
nacemento do poeta Antonio Machado, con un compendio das súas obras, así coma
de poetas galegos que se inspiraron no seu legado, tratando temas recorrentes
como o paso do tempo, a natureza e a memoria.
O recital será inaugurado polo prestixioso académico
Xesús Alonso Montero, unha das figuras máis respectadas da crítica literaria
galega e gran coñecedor da obra de Machado. Alonso Montero contextualizará a
importancia do poeta sevillano, establecendo pontes entre a súa obra e a
tradición literaria galega.
Imposición da insignia da Mesa das Verbas e de Socia de
Honra da Mesa á escritora e académica galega Fina Casalderrey.
Acompañamento musical da poeta e pianista Raquel Senín
Sánchez.
Organiza: Mesa da Verbas.
18.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS
Contacontos: “Uni-versos
para princesas e princesos”
Xerardo
Quintiá crea todo un universo poético á altura dos/as máis esixentes…
Interpreta: Xerardo Quintiá.
Dirixido a público familiar.
19.00 h. ESCENARIO
PRINCIPAL
“Portugalego”
Para culminar esta xornada, contaremos coa presenza do
poeta Juan Carballo, capaz de somerxernos nunha experiencia sensorial única, dentro
dunha atmosfera máxica e emocionante.
“Portugalego” é unha historia de amor, pero tamén unha volta ás
raíces, un chamamento para entender que son máis as semellanzas que as
diferenzas entre galegos/as e portugueses/as. Unha actuación fronteiriza tanto
na lingua como na sesión poética.
Interpreta: Juan Carballo.
20.30 h. ESCENARIO PRINCIPAL
Conversas ao solpor
Modera: Susana Pedreira
Interveñen:
Andrea Maneiro
Samuel L. Paris
Clara Pino
HOXE ASINA NO ESPAZO DE SINATURAS (A PARTIR DAS 19.00 h)
Plumas que
Emerxen dun Pasado Esquecido é unha viaxe pola memoria e a literatura, un día
para falar de relatos ocultos, de autoras e autores que reconstrúen o tempo a
través da palabra e de personaxes que buscan a súa identidade entre as sombras
do pasado. Máximo Huerta, cunha narrativa que mestura nostalxia, emoción e
historia, acompañaranos nesta exploración sobre o poder da escritura para traer
á luz o que un día desapareceu. A obra de Rosa Aneiros está marcada pola
exploración da memoria, a identidade e as lembranzas que rexorden co paso do
tempo.
10.00 – 13.30
h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ
Literatour.
Cantareiras e poesía popular oral
Xincana
literaria na que participan os nenos e nenas dos centros educativos do
municipio, que conxuga un marcado carácter lúdico con contidos didácticos e
elabora todo un xogo de probas relacionadas con ilustres representantes da
literatura galega. Nesta edición cobra un especial protagonismo a poesía
galega, nomeadamente o labor das cantareiras e a poesía popular oral, temática
á que este ano está dedicado o Día das Letras Galegas.
Dirixido a
centros educativos de infantil e primaria.
18.00 –
21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ
Apertura
da Cidade de Libro
Exposición, presentación e venda de libros
18.00 h.
PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS
Contacontos: “Plumas ao rescate das historias perdidas”
Nun vello
baúl esquecido no fondo dunha casa familiar, repousan cartas, diarios e
manuscritos escritos por mans descoñecidas. As súas palabras, atrapadas no
tempo, son as testemuñas silenciadas dun pasado que pide ser escoitado. As
plumas que un día verteron a súa tinta sobre o papel reviven agora a través de
novas voces que as rescatan do esquecemento. Que verdades ocultan esas páxinas?
Que historias quedaron varadas entre a realidade e a ficción?
Interpreta:
Pavís Pavós.
Dirixido a público
familiar.
18.00 h. ESPAZO
PRESENTACIÓNS
Presentación do proxecto xornalístico “Vida Salnés”
Por medio de
retratos, entrevistas e textos cheos de humanidade, Alberto Avendaño e José
Luiz Oubiña emprenden, a través do seu proxecto xornalístico “Vida Salnés”,
unha viaxe íntima polo corazón da nosa comarca. Eles non só retratan persoas:
rescatan, interpretan, dan luz. As súas plumas emerxen dese pasado esquecido
para poñelo diante de nós e recordarnos que cada persoa, cada memoria, é unha
peza única da nosa identidade colectiva.
Porque hai
vidas que merecen ser escritas e xornalismo que se converte en memoria viva.
Interveñen:
Alberto Avendaño e José Luiz Oubiña.
Presenta:
Xosé Castro Ratón.
19.00 h. ESPAZO PRESENTACIÓNS
Presentación do libro “Un país que nunca se acaba”, de
Juan Ramón Alonso de La Torre
A través dun
compendio de artigos periodísticos do autor, Juan Ramón Alonso de La Torre, atopamos
un país que cambia, pero que non perde as súas raíces. Un pasado que non
desaparece, que evoluciona na identidade colectiva.
Intervén: Juan
Ramón Alonso de La Torre.
19.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS
Obradoiro-presentación do libro “Sei cantar e sei bailar”,
de Eva Mejuto
A pluma ao rescate das pegadas da viaxe que Dorothé
Schubart fixo por Galicia na procura dos antigos tesouros da música
tradicional. É a hora de dar a coñecer as historias das mulleres que levaron,
de xeración en xeración, no bico un cantar. A autora elaborará copias dos
instrumentos e explorará cos máis cativos instrumentos, melodías e ritmos.
Interpreta: Eva Mejuto.
20.30 h. ESCENARIO PRINCIPAL.
Conversas ao
solpor
Modera: Carlos Crespo.
Interveñen:
Rosa Aneiros
Máximo Huerta
HOXE ASINA NO ESPAZO DE SINATURAS (A PARTIR DAS 18.00 h)
Rosa Aneiros
Alonso de La Torre
Máximo Huerta
VENRES 13 DE
XUÑO
TRAVESÍAS DE TINTA
Unha viaxe fantástica a través da ciencia ficción e a
imaxinación.
A literatura permítenos cruzar fronteiras e explorar
mundos imposibles. Este día realizaremos unha viaxe a través da última novela
de Ana Merino “Planeta Lasvi”, das obras de ciencia ficción de Fina Casalderrey
e Joanna Marcús, autoras que, a través das súas narrativas, nos transportan a
universos extraordinarios cheos de aventuras e reflexións sobre o ser humano.
Iniciamos unha viaxe literaria única, unha “travesía de
tinta”, a través de mundos fantásticos, distopías e realidades máxicas,
explorando o poder da imaxinación e da palabra escrita.
10.00 – 13.30 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ
Literatour. Cantareiras e poesía popular oral
Xincana literaria na que participan os nenos e nenas dos
centros educativos do municipio, que conxuga un marcado carácter lúdico con
contidos didácticos e elabora todo un xogo de probas relacionadas con ilustres
representantes da literatura galega. Nesta edición cobra un especial
protagonismo a poesía galega, nomeadamente o labor das cantareiras e a poesía
popular oral, temática á que este ano está dedicado o Día das Letras Galegas.
Dirixido a centros educativos de infantil e primaria.
18.00 – 21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ
Apertura da Cidade de Libro
Exposición,
presentación e venda de libros.
18.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS
Espectáculo-obradoiro:
“Pelica de Burra”
Iniciamos unha viaxe moi especial, unha viaxe no tempo, ao futuro, en
concreto ao ano 2735. Despois dunha incrible travesía, Pelica de Burra, a nosa
protagonista, aterra nun futuro sen xogos, contos, música... Terrible. Ante
isto, decide regresar ao pasado para atopar as palabras perdidas: “Peliquiña
Meee, por aquí non é!, tampouco, entón... onde?”. Este retrouso levaranos cara
á solución dun mundo sen diversión.
“Pelica de Burra”é un espectáculo-obradoiro de
narración oral e música para primeira infancia da man da narradora e educadora
Vero Rilo acompañada do músico Luis Iglesias. Música, narración oral,
tradición, xogos de colo, arrolos, igualdade e moito conto é o que se achega
nesta nova proposta.
Interpreta: Vero Rilo.
Dirixido a público familiar.
19.00 h. ESCENARIO PRINCIPAL
Conversa co público: Travesías de Tinta con Joana Marcús
Emprendemos unha travesía chea de sorpresas da man da escritora mallorquina
Joana Marcús. Se a ciencia ficción é unha viaxe cara ao descoñecido, unha
travesía por mundos que aínda non existen ou que se agochan nos recantos do
posible, entón a obra de Joana Marcús encaixa perfectamente neste espírito. A
súa tinta convídanos a atravesar fronteiras e emocións, a explorar as
posibilidades da literatura como un medio para viaxar máis alá do real.
Intervén: Joana Marcús.
19.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS
Presentación do libro infantil “14 maneras de llegar a la
Luna”, de Augusto Metztli (Tazalunarbooks)
E seguimos viaxando, esta vez a través dun instrutivo libro de rutas. A
travesía é longa e require poñer en marcha a imaxinación porque existen 14
maneiras disparatadas de chegar á Lúa, pero tamén moitas máis… Todas/os podemos
inventar o noso propio xeito de chegar á Lúa. A cuestión é atreverse…
Intervén: Augusto Metztli.
Presenta: Fátima Villamel.
Dirixido a público familiar.
20.30 h. ESCENARIO PRINCIPAL
Conversas ao solpor
Modera: Susana Pedreira
Interveñen:
Fina Casalderrey
Ana Merino
HOXE ASINAN NO ESPAZO DE SINATURAS ANA MERINO E FINA
CASALDERREY (A PARTIR DAS 19.00 h). JOANA MARCÚS, DESPOIS DA SÚA PRESENTACIÓN
SÁBADO 14 DE
XUÑO
TINTA EN VEA
Internámonos nas narrativas contemporáneas con pulso.
Aquelas que se centran na experiencia do/a escritor/a e da creación literaria e
onde o libro cobra todo o protagonismo. É o caso da novela de Manuel Vilas “El
mejor libro del mundo”, de carácter autobiográfico, na que realiza unha
exploración da vida do escritor e a súa relación coa creación literaria; ou de
“El albatros negro”, de María Oruña, na que son os libros antigos os que nos proporcionan
as claves para resolver grandes misterios. No caso de Juan Tallón, a súa última
novela, “El mejor del mundo”, desafía as convencións literarias para estimular
a reflexión profunda, xogando coa realidade e a identidade. Trátase de
distintos modos de reflectir esa “tinta en vea” propia dos/as escritores/as
contemporáneos/as, capaces de envorcar todo ese torrente de paixón nas súas obras.
11.30 – 13.30 / 18.00 – 21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ
Apertura da Cidade de Libro
Exposición, presentación e venda de libros.
12.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS
“Tinta viva”: Aprendendo a facer ilustracións
Un obradoiro para explorar, debuxar e deixar que a
imaxinación brote sen límites. É o momento de descubrir que a tinta pode darlles
vida ás túas historias.
Realiza: Polo Correo do Vento.
Dirixido a público familiar.
17.30 h. ILLA DE CORTEGADA
Presentación da novela de María Oruña: “El albatros
negro”
A illa de Cortegada, envolta en historia e natureza, é un
escenario perfecto para falar da paixón pola literatura, desa tinta en vea que
nos fai vivir a través das palabras. María Oruña, en “El albatros negro”,
cóntanos unha historia onde os libros agochan segredos, onde a investigación
literaria se converte nunha aventura en si mesma.
Como unha illa perdida entre as mareas do tempo, os
libros tamén gardan misterios…
Na illa de Cortegada, rodeados pola forza da natureza e o
murmurio do mar, celebramos esa conexión coa literatura: unha paixón que non se
pode apagar, unha tinta que nos percorre as veas e nos leva sempre máis alá.
Intervén: María Oruña
Saída ás 17.00
h do peirao do Carril. 25 prazas. Inscrición a partir do día 2 de xuño na
oficina de Turismo de Vilagarcía de Arousa. Cota: de balde. (Ata cubrir
prazas).
18.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS
“Como é vivir dentro dun libro”. Maxia e libriños con Leo
Leíño
Un libro é moito máis do que se pode percibir a través
dos sentidos. Descubriremos, a través da maxia e os encantamentos, todo o que
supón vivir dentro dun libro.
Interpreta: Leo Leíño
Dirixido a público familiar.
19.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – ESPAZO DE
PRESENTACIÓNS
Conversa: “Viñetas con pulso”: Presentación do cómic
“Rosalía oculta”, de Paula Mayor
Acollemos hoxe unha obra que latexa con forza propia: “Rosalía
oculta”, de Paula Mayor, Premio Castelao de Banda Deseñada 2023.
Nesta proposta gráfica e literaria, Paula Mayor dálle
forma e cor a unha Rosalía diferente, íntima, inesperada. A autora mergúllanos
nun retrato poderoso, que combina o rigor histórico coa emoción máis pura e fai
visible o que tantas veces quedou agochado: o lado humano dunha figura
mitificada.
Esta obra é tinta que respira, que emociona, que se
infiltra directamente nas veas de quen le.
Intervén: Paula Mayor.
Presenta: Marcos Calveiro.
Dirixido a mocidade e público en xeral.
19.00 h. ESCENARIO INFANTIL FONTE
Teatro: “As palabras perdidas”
Ou que facer ante un libro que perde as súas
palabras...
A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son
viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama
internacional, disponse a narrar o seu relato preferido, pero, ao abrir o
libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras
moi importantes, como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. Fuxiron da historia por
falta de uso e só utilizándoas de novo volverán ao conto.
Interpreta: Inventi Teatro.
Dirixido a público familiar.
20.30 h. ESCENARIO PRINCIPAL
Conversas ao solpor
Modera:
Interveñen:
María Oruña
Juan Tallón
Manuel Vilas
HOXE ASINA NO ESPAZO DE SINATURAS (A PARTIR DAS 19.00 h).
María Oruña
Paula Mayor
Juan Tallón
Manuel Vilas
DOMINGO 15
DE XUÑO
BEIZOS DE PAPEL, BICOS DE TINTA
Todo un día dedicado á fusiónda palabra escrita coa intensidade das emocións que transmiten os libros de
temática amorosa e xestión emocional. A literatura como expresión dos
sentimentos máis profundos e as páxinas dos libros como vehículo para
transmitir emocións, desexos e íntimas confesións.
11.30 – 13.30 / 18.00 – 21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ
Apertura da Cidade de Libro
Exposición, presentación e venda de libros.
12.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS
Contacontos: “Un corazón a flor de pel”
Un doutor experto no corazón falaranos da
intelixencia emocional a partires das emocións que conviven dentro do noso
peito. Falaremos sobre a importancia de identificalas, coñecelas e dominalas
para acadar un corazón ben amoblado.
Unha sesión médica moi tola que nos conta cousas
moi sensatas para unha mellor xestión da saúde emocional.
Interpreta: Caxoto.
Dirixido a público familiar.
18.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS
Espectáculo: “A historia de Brancaflor”
Achegámonos
á lenda popular de Brancaflor, a filla do Demo, a partir da versión que
Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma “Contos marabillosos”. Unha trama chea
de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia
de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.
Con
Fran Rei como protagonista, “ A
historia de Brancaflor” é o primeiro espectáculo unipersoal de Os
Sete Magníficos Máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía na
arte das e dos contacontos. Baixo a dirección do Premio María
Casares Avelino González, nesta obra a narración vén acompañada con xogos
de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo
o espectáculo, animando á lectura dunha maneira distinta.
Interpreta:
Fran Rei.
Dirixido a: público familiar.
19.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – ESCENARIO INFANTIL
FONTE
Espectáculo: “O último que apague a luz”
Dende o humor e o circo, este espectáculo toma como
punto de partida o universo creado por dous pallasos que deciden casar. Que
pode pasar?
Esta aloucada cerimonia faranos reflexionar sobre o
porqué de certas tradicións. Esnaquizarán a torta ou comerán o ramo? A través
do movemento e o circo aparecerán as historias máis esmendrellantes que poidas
imaxinar. Neste ritual, como en toda gran voda, mestúranse o clown, equilibrios
sobre torta, manipulación de obxectos entre veos e o lanzamento olímpico do
ramo. Todos estes elementos conxúganse na procura dun circo do absurdo, o ritmo
e a poética do caos do noso tempo.
Interpreta: A Vela Circo.
Dirixido a público familiar.
20.30 h. ESCENARIO PRINCIPAL
Conversas ao solpor
Modera: Susana Pedreira
Interveñen:
Inma Rubiales
Rebeca Stones
Antía Yáñez
HOXE ASINA NO ESPAZO DE SINATURAS (A PARTIR DAS 17.30 h)
Inma Rubiales
Rebeca Stones
Antía Yáñez
POEMAS PARA CANTAR XUNTOS
La saeta / Cantares (Antonio Machado / Joan Manuel Serrat)
La saeta
¿Quién me presta una
escalera
para subir al madero
para quitarle los clavos
a Jesús el Nazareno?
(Saeta Popular)
¡Oh, la saeta, el cantar
al Cristo de los gitanos,
siempre con sangre en las
manos,
siempre por desenclavar!
¡Cantar del pueblo andaluz,
que todas las primaveras
anda pidiendo escaleras
para subir a la cruz!
¡Cantar de la tierra mía
que echa flores
al Jesús de la agonía
y es la fe de mis mayores!
¡Oh, no eres tú mi cantar!
¡No puedo cantar ni quiero
a ese Jesús del madero,
sino al que anduvo en la
mar!
CANTARES
Todo pasa y todo queda
Pero lo nuestro es pasar
Pasar haciendo camino
Caminos sobre la mar.
Nunca perseguí la gloria
Ni dejar en la memoria
De los hombres, mi canción
Yo amo los mundos sutiles
Ingrávidos y gentiles
Como pompas de jabón.
Me gusta verlos pintarse
De sol y grana, volar
Bajo el cielo azul, temblar
Súbitamente y, quebrarse…
Nunca perseguí la gloria…
Caminante, son tus huellas
El camino y nada más
Caminante, no hay camino
Se hace camino al andar.
Al andar se hace camino,
Y al volver la vista atrás
Se ve la senda
Que nunca se ha de volver a pisar.
Caminante, no hay camino
Sino estelas en la mar.
Hace algún tiempo,
En ese lugar
Donde hoy los bosques
Se visten de espinos
Se oyó la voz de un poeta gritar
(Caminante, no hay camino)
(Se hace camino al andar)
Golpe a golpe (verso a verso)
Murió el poeta lejos del hogar
Le cubre el polvo de un país vecino
Al alejarse le vieron llorar
(Caminante, no hay camino)
(Se hace camino al andar)
Golpe a golpe (verso a verso)
Cuando el jilguero no puede cantar
Cuando el poeta es un peregrino
Cuando de nada nos sirve rezar
(Caminante no hay camino)
(Se hace camino al andar)
Golpe a golpe (verso a verso)
Golpe a golpe (verso a verso).
O mércores, 11 de xuño de 2025, a partires das 14:00 h., celebraremos no bar Gambrinus do Centro Comercial Arousa un xantar de confraternidade, como anticipo do acontecemento das 18:00 h. dese mesmo día, a celebración do recital poético UNIverso MACHADO.
LISTADO DO RECITAL POÉTICO
PERSOA TÍTULO
POEMA/S
Xesús Alonso Montero Introdución
Alberto Varela Paz / Sonia Outón
Fina Casalderrey Anoche
cuando dormía...
1.- Xermán Torres *La
saeta / Cantares / A Antonio Machado, poeta*
2.- Lois do Salnés A
un olmo seco / soneto propio
3.- Pilar Lojo La plaza tiene una torre / Paz
4.- Lage I Retrato
5.- R. Abal Por
tierras de España
6.- Maru Coplas
mundanas
7.- Peleteiro El
dios ibe
8.- Mª José González “Popeta” Iris
de la noche
9.- Tere Briones En tren
10.- Charo Orive Yo
voy soñando caminos
11.- R. Torrado Era un niño que soñaba
12.- Andrea Fdez. Maneiro Las
moscas / Un inédito de A. Machado
13.- Sole Si
yo fuera un poeta galante
14.- Alfonso Rey “Fon” De
apellido Machado
15.- Luismi En
abril, las aguas mil
16.-
Paula Cascallar Latorre Preludio
17.-
Queco Fresco Abril
florecía
18.- Dula
Piñeiro A
Juan Ramón Jiménez
GUIÓN DO RECITAL POÉTICO – 5ª VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO – UNIverso
MACHADO
PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ, MÉRCORES, 11 DE XUÑO DE 2025, 18 HS.
1.- APERTURA: Palabras iniciais
de saúdo e acollida por parte da Concelleira de Cultura, dona Sonia Outón, a
quen lle cedeu a palabra, o Ilmo. Sr. Alcalde de Vilagarcía de Arousa, D. Alberto
Varela Paz.
2.- Introdución ao recital
poético en homenaxe de don Antonio Machado, no 150 Aniversario do seu
nacemento, polo Excmo. Sr. D. Xesús Alonso Montero, ilustre académico, erudito
galego e primeiro Socio de Honra da Mesa das Verbas.
3.- Recital poético, organizado
pola Mesa das Verbas, dentro dos actos da 5ª VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO e coa
colaboración musical da poeta e pianista Raquel Senín Sánchez.
4.- Donación da pintora Charo
Orive á Mesa das Verbas do seu cadro retrato de Antonio Machado.
5.- Toma de posesión como Socia
de Honra da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa pola
Excma. Sra. Dna. Fina Casalderrey Fraga: a) Breve parlamento do Presidente
Xermán Torres, b) Lectura da certificación do nomeamento e entrega do pergameo
por parte do Secretario Sr. D. Luis González Bravo, c) Imposición da insignia
da Asociación polo Ilmo. Sr. Alcalde D. Alberto Varela Paz.
6.- O Sr. Alcalde cédelle a
palabra á Excma. Sra. Dna. Fina Casalderrey Fraga.
Vilagarcía de Arousa,
2 de xuño de 2025
Na prensa e na páxina web do Concello reflítese este recital:
Pero antes do recital un grupo de amigas e de amigos xuntámonos nun xantar de confraternidade no Gambrinus do Centro Comercial Arousa ao redor de don Xesús Alonso Montero e de Fina Casalderrey, quen tomaba hoxe posesión da súa condición de Socia de Honra da Mesa das Verbas.
Xuntamonos 24 persoas desfrutando da amizade e compartindo mesa e mantel.
REPORTAXE DO RECITAL NO PARQUE DE MIGUEL HERNÁNDEZ
5ª VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO
Uns videoclips musicais, noso amigo Luismi dirixindo o canto duns anacos de CANTARES (Letra: Antonio Machado, música: Joan Manuel Serrat):
A Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa agradece a presenza e o apoio de don Xesús Alonso Montero e de Fina Casalderrey, a ela por ter aceptado ser nosa Socia de Honra. E pola gabanza que tanto do Xesús e Fina fixeron do labor da nosa asociación que tamén é deles.
Don Xesús dixo algo así que como a nosa Asociación, tan activa e dinámica, co desenvolvemento de tan numerosas e variadas actividades que teñen como protagonista a literatura, hai poucas ou ningunha en cidades das mesmas características de Vilagarcía de Arousa en Galicia e mesmo en España.
Agradecemos o recoñecemento destas dúas grandes personalidades da nosa lingua e da nosa cultura.
Tamén agradezo a comprensión, o traballo e a colaboración de todos os membros da Mesa das Verbas e simpatizantes e do numeroso público que asistiu ao recital en homenaxe do grande e filántropo don Antonio Machado, poeta, prosista, filósofo e inmenso autor e mellor persoa, exemplo de ética e de coherencia de vida.
Tamén agradecer ao Alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela e á Concelleira de Cultura Sonia Outón o seu acompañamento e a súa colaboración coa nosa asociación.
E agradecer ao público asistente o seu apoio e a súa presenza.
SAÚDE E POESÍA!!!
ATA OUTRA MELLORADA!!!
Ata a 6ª edición de VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO-2026, quérovos ver a todos!