Coa coordinación da Mesa das Verbas e coa colaboración e patrocinio do Centro Comercial Arousa e polo bo facer do seu director Luis González de la Ballina González, noso socio de honra, xuntámonos 18 amigas e amigos para celebrar e homenaxear a Xosé Filgueira Valverde no 120 aniversario do seu nacemento, nunha nova edición da Xornada Filgueira Valverde e xa van 12.
Agradecemos a todos os participantes a súa asistencia a este evento cultural e histórico e moi especialmente aos familiares do "vello profesor", un dos máis importantes personaxes da cultura galega do pasado século XX, moi agradecidos a Fernando, Silvia e Xacobe.
E como dicía o gran poeta Álvaro Cunqueiro, bo amigo de Filgueira e da súa familia, "ata outra millorada".



Hoxe, a partires das sete, teremos a oportunidade de falar sobre o Filgueira Valverde político. Verémonos, pois.
ResponderEliminar