sábado, 24 de abril de 2021

Na CIX Mesa, presentación do poemario de Cándido Duro

 





Alguén calficou de memorable esta Mesa, pois si, polo gozo amigable de compartir versos, de xuntármonos a recitar e a parolar. Hoxe co engadido sorpresivo da presentación do libro do noso querido compañeiro e amigo Cándido Duro Domínguez, Luz do abrente outonizo, un libro para gozar, dicía Manuel Lage que é como unha aventura. Que mellor calificativo, para nós a poesía é iso, aventura.

Segue unha pequena reportaxe en fotografías e microvídeos.


Viva a poesía! Vivan os meseiros!!!














Ata outra millorada, amigos!


sábado, 17 de abril de 2021

MESA DAS VERBAS E DÍA DO LIBRO

 


O PRÓXIMO DÍA 23, DÍA DO LIBRO, RECUPERAREMOS OS PARLADOIROS, XUNTARÉMONOS ÁS 17:30 H. NA TERRAZA DO BAR TERTULIA. E DEIXAREMOS ABANDOADOS POLOS BANCOS DAS PRAZAS E RÚAS DE VILAGARCÍA EXEMPLARES DE ANACO 4, POR SE ALGUÉN OS QUERE ADOPTAR.

E AO DÍA SEGUINTE SÁBADO, 24, TEREMOS ÁS SEIS DA TARDE A CIX MESA DAS VERBAS NO AUDITORIO.

TODAS E TODOS ESTADES CONVIDADOS. VINDE CEIBAR VERSOS E VERBAS AO AR DE AROUSA, SON AEROSOIS BENÉVOLOS, QUE A NINGUÉN FAN MAL!!!

lunes, 5 de abril de 2021

"DECÍAMOS AYER..." RECUPERAMOS A ENRIQUE BRUMBÉCK NA MESA DAS VERBAS

 Na Mesa das Verbas do mes de marzo, puidemos á fin volver desfrutar da presencia de queridos amigos que o nemigo COVID-19 tiña arredados de nós iremos dando noticias de tan gratas recuperacións. Agora vexamos a Enrique Brumbéck facendo o que lle gusta, declamando sentidos versos para os amigos, aí van tres pequenas mostras:








SAÚDE E POESÍA!!!






miércoles, 24 de marzo de 2021

viernes, 19 de marzo de 2021

PRIMAVERA DE VERSOS

 



Co gallo do comezo da primavera e da celebración do Día Internacional da Poesía, ceibamos os nosos versos ao ar os seguintes compoñentes da Mesa das Verbas: Tere Briones, Maru Rivadulla, Marisa Jamardo, Mª José Rubianes, Ramón Torrado, Xermán Manuel Torres. Velos aí van!

Que é poesía?
Instante cromático
de luz
nunha flor.

Cantarlle ao día
dun xeito romántico
con paz
e amor.

A poesía é un pensamento profundo
que sae do corazón
para expresar os sentimentos
e misterios da nosa alma.

Nace da palabra
e xusto da na diana
tocando a alma con cada verso
envolto en algodón de zucre.

Cicais loucas bolboretas,
 acaso un toxo en flor.
Quen trouxo a leda nova?
Maxia de sol no reloxio.
Vaite, vaite ollo de vidro;
arrechégate calor.
Música de bicos longos,
ballet da lúa co sol.

Estraño, estraño planeta
que nos agasalla tanta brevidade na vida
e a máis absoluta eternidade na morte...
O bo, se breve, dúas veces bo...?

..................


E co poeta, pensando nas amadas e nos amados, poderíamos dicir:

Poesía es ti.





Imaxes de Xermán Manuel Torres, a primavera agroma por todo.