Mostrando entradas con la etiqueta Enrique Brumbéck. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Enrique Brumbéck. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de septiembre de 2022

CXXV MESA DAS VERBAS - HOMENAXE A ENRIQUE BRUMBÉCK

 

AO NOSO AMIGO E COMPAÑEIRO ENRIQUE BLANCO RODRÍGUEZ "ENRIQUE BRUMBÉCK", RECITADOR

Cunha ampla traxectoria como recitador de poesía, tendo protagonizado recitais en numerosas poboacións e auditorios da xeografía galega, como por exemplo, en

Rianxo, Santa Uxía de Ribeira, Boiro, Cambados, O Grove, en Vilagarcía de Arousa: no Auditorio Municipal, nos teatros Cervantes e Arosa, nos colexios San Francisco e O Piñeiriño, no Instituto de Marín, Radio Boiro, Radio Arosa-SER, programa “Luar” da Televisión Galega, na Festa do Amor en Verín, Museo das Monecas de Allariz e en igrexas como a Capela das Ánimas de Santiago de Compostela, Vilariño de Couso (Ourense), San Xulián de Bastavales, Vilaxoán e Vilanova de Arousa.

Membro fundador do colectivo poético “Mesa das Verbas” de Vilagarcía de Arousa.


Desde os comezos da Mesa das Verbas no 2011 e no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa sempre contamos coa presencia e a inestimable colaboración de Enrique, membro da Directiva da Asociación Cultural Mesa das Verbas, e que nesta ocasión todos desexamos expresarlle o noso cariño, o noso recoñecemento e a nosa gratitude por todos estes anos de grata experiencia e desexando como Cunqueiro mil primaveras máis para a lingua galega e para a nosa poesía. E que por moitos anos poidamos disfrutar todos xuntos ceibando verbas e versos neste ar de Arousa.


PARABÉNS, ENRIQUE BRUMBÉCK!


REPORTAXE GRÁFICA  DE TERE BRIONES 

DESTE ACONTECEMENTO














Neste vídeo de Tere Briones, Xermán Manuel Torres canta na honra do noso amigo Enrique Blanco Rodríguez "Enrique Brumbéck" o poema Galicia de Manuel María con música de Suso Vaamonde e que tan ben recita Enrique.



























domingo, 26 de septiembre de 2021

ACTUACIÓN DO RECITADOR ENRIQUE BRUMBÉCK

 

O recitador membro e vogal da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa, Enrique Brumbéck deleitounos a todos coa súa actuación na CXII Mesa das Verbas, na que nos ofreceu un recital poético co seu repertorio de poemas en lingua galega, do que imos ofrecer unha pequena mostra con vídeos de fragmentos da súa intervención. Momentos escollidos de poesía galega.

Bando de Manuel María



San Antonio bendito de Rosalía de Castro



Canto á Ría de Arousa de Fernández Garrido


Eu ben vin estar o moucho de Rosalía de Castro










lunes, 5 de abril de 2021

"DECÍAMOS AYER..." RECUPERAMOS A ENRIQUE BRUMBÉCK NA MESA DAS VERBAS

 Na Mesa das Verbas do mes de marzo, puidemos á fin volver desfrutar da presencia de queridos amigos que o nemigo COVID-19 tiña arredados de nós iremos dando noticias de tan gratas recuperacións. Agora vexamos a Enrique Brumbéck facendo o que lle gusta, declamando sentidos versos para os amigos, aí van tres pequenas mostras:








SAÚDE E POESÍA!!!