lunes, 14 de septiembre de 2026

CONVOCATORIA DO VI CONCURSO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA XAQUINA TRILLO

 

                       



                                             SÍNTESE DA CONVOCATORIA

O VI CONCURSO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA XAQUINA TRILLO  é organizado pola Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, do Concello de Vilagarcía de Arousa e do Centro Comercial Arousa.

Ø  Pódese participar a partires dos 15 anos de idade, cumpridos no ano 2026, calquera persoa que así o desexe.

Ø  Cun poema en idioma galego de ata 60 versos de extensión como máximo.

Ø  Presentación baixo plica.

Ø  Abrirase o prazo de entrega de poemas do 15 de setembro de 2026 ao 30 de novembro de 2026.

Ø  Fallo, primeira quincena do mes de decembro de 2026.

Ø  Entrega de premios, nunha data a determinar, a partires do 21 de decembro de 2026.

Ø  Publicaranse os poemas premiados no blog: https://mesadasverbas.blogspot.com tamén nun Boletín especial Medulio e nun número da revista ANACO.

Ø  Premios: 1º) 375 € en metálico, vale de 150 €, diploma e agasallo. 2º) 250 € en metálico, vale de 75 €, diploma e agasallo. 3º) 175 € en metálico, vale de 50 €, diploma e agasallo.

Ø  Agasallarase ao Xurado cun vale de 100 € a cada membro.


                BASES DO CONCURSO

 

VI PREMIO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA

Xaquina Trillo

 

I.-        A Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa, coa Deputación Provincial de Pontevedra e co Centro Comercial Arousa de Vilagarcía convoca o VI Concurso de Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo”, que se rexerá sobre as seguintes bases e indicando que a resolución do xurado será inapelable e será este o intérprete do contido e do espírito destas bases. A participación neste concurso implica a aceptación plena e absoluta das bases e aceptación sen condicións das  decisións soberanas do xurado. Os concursantes recoñecen no Xurado do concurso a competencia total e absoluta para dirimir e resolver todo o que ten que ver co mesmo e renuncian a calquera órgano xurídico e xurisdicional, en definitiva a calquera tipo de foro, comprometéndose a acatar e respectar e todo o seu conxunto e nas súas partes estas bases e a autoridade do Xurado polo mero feito de participar neste concurso.

II.-       O concurso está dirixido á participación de todas aquelas persoas de 15 anos (cumpridos no ano 2026) en diante que desexen participar, acreditando a súa idade enviando copia do seu NIF, que introducirán no sobre pequeno da plica.

 

III.-     Os premios en ningún caso poderán declarase desertos, agás no caso da non participación.

IV.-     Participarase cun poema que non exceda  dos 60 versos, extensión máxima sesenta versos. O poema ten que ser inédito e orixinal e non ter sido premiado en ningún outro concurso.

VI.-     O poema ten que estar escrito necesariamente en idioma galego.

VII.-    Presentarase baixo plica, do seguinte xeito: Nun sobre grande incluirase o poema, que non pode levar ningún signo de identidade, agás dun lema para o seu recoñecemento. Nun sobre pequeno, que se introducirá no grande irá unha cuartilla co lema e cos seguintes datos da autora ou do autor: a) Nome e apelidos; b) Idade acreditada coa fotocopia do NIF onde figura a data de nacemento. c) Un enderezo de correo electrónico; d) Un número de teléfono; e) A dirección postal do autor;  f) Un pequeno escrito de autorización para a utilización dos datos persoais a efectos de participación no concurso, avalado pola nai/pai ou titor/a da persoa participante e co seu consentimento, no caso dos participantes menores de idade. O sobre pequeno levará eses datos no seu interior e estará pechado, dito sobre levará no exterior só o lema identificativo sen máis.

VIII.-  O sobre co seu contido será depositado nunha urna que estará situada nun lugar sinalado e publicitado no Centro Comercial Arousa de Vilagarcía. Ou ben pode enviarse por correo postal ao seguinte enderezo:  VI Concurso de Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo” - Dirección Centro Comercial Arousa, Prolongación Parque a Xunqueira, s/n – 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

IX.-     O prazo de entrega será desde o 15 de setembro de 2026 ata o 30 de novembro de 2026.

X.-       O fallo darase a coñecer na primeira quincena do mes de decembro de 2026.

XI.-     A entrega de premios será no acto organizado coa colaboración do Concello de  Vilagarcía de Arousa nunha edición especial da Mesa das Verbas e que oportunamente se anunciará, a partires da data do 21 de decembro de 2026.

XII.-    Publicaranse os poemas premiados no blog: https://mesadasverbas.blogspot.com  Así como nun número especial do noso Boletín Medulio. Tamén se publicarán nun número da nosa revista poética ANACO, editada polo Concello de Vilagarcía de Arousa. Para isto, os autores e tamén por medio dos seus titores, no caso de minoría de idade, cederán durante un ano os dereitos dos seus poemas para facilitar dita publicación.

XIII.-  PREMIOS: a) 1º Premio que consistirá en 375 €, un vale de 150 € para gastar no Centro Comercial Arousa e xentileza do mesmo, un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa. b) 2º Premio que consistirá en 250 €, un vale de 75 € do Centro Comercial Arousa, un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa.  c) 3º Premio que consistirá en 175 €, un vale de 50 € do Centro Comercial Arousa e un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa.

XIV.-  O Xurado estará composto por un mínimo de tres persoas que serán designadas pola Asociación Cultural Mesa das Verbas, A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación Provincial de Pontevedra e polo Centro Comercial Arousa. E recibirán como agasallo candaseu vale de 100 € do Centro Comercial Arousa.

XV.-    Reitérase que o fallo do xurado é inapelable, encargado de dirimir e interpretar sobre as presentes bases e que a participación neste concurso supón a plena e absoluta aceptación das mesmas.

XVI.-  O resultado do concurso será dado a coñecer aos concursantes e será publicado no blog oficial da Asociación Cultural Mesa das Verbas antes citado, así como na web do Concello de Vilagarcía de Arousa e na web e Facebook do Centro Comercial Arousa. Tamén serán enviadas notas de prensa con toda a información pertinente sobre o concurso aos medios de comunicación social locais.

XVIII.-           O manexo dos datos persoais dos concursantes será exclusivamente para os asuntos relacionados con este concurso, publicidade, comunicacións, publicacións. Os concursantes premiados, por medio dos seus titores legais, no seu caso, cumprimentarán un documento para a autorización do manexo dos seus datos persoais cos fins exclusivos xa expresados deste concurso.

XIX.-  Os traballos non premiados poderán ser recollidos. Pasado un mes da data de entrega de premios, procederase a súa destrución e xa non poderán ser reclamados.

O fin deste concurso é promover a creatividade en lingua galega e fomentar a poesía en idioma galego entre a mocidade e o público xeral, fomentando a creatividade literaria entre os cidadáns.

Amosar de antemán a nosa gratitude a todos os participantes, ao xurado, ás entidades colaboradoras e a todos cantos contribuíron ao anuncio, difusión e desenvolvemento, así como ao bo fin deste concurso.

Pretendemos a súa continuidade no tempo, compartindo ademais a arela do poeta Álvaro Cunqueiro de mil primaveras máis para a nosa lingua e para a nosa cultura.

SAÚDE E POESÍA!

ASOCIACIÓN CULTURAL MESA DAS VERBAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA 








 





miércoles, 2 de septiembre de 2026

HOMENAXE A VÍCTOR JARA - SALÓN GARCÍA-VILAGARCÍA DE AROUSA, sábado 12 de setembro 2026 19:00 h.



PROGRAMA

1.- APERTURA E ENTREGA DE AGASALLOS: Concelleira de Cultura, dona Sonia Outón - 10'

2.- PARTICIPACIÓN DA MESA DAS VERBAS   (25'):

- Acompañados por Raquel Senín, quen tamén interpretará dúas pezas ao teclado: "City of Stars", de Justin Hurwitz (ao principio) / "Inspiración", de Raquel Senín (ao final deste apartado).            . Interpretaremos tres cantigas nun recorrido pola nosa Ría: TEÑO UN AMOR EN RIANXO  /  PANDEIRADA DO GROVE  /  FOLIADA DE CARRIL: Se vas a Carril...

- Lois do Salnés recitará o seu poema: MAR DE AROUSA

- Alejandro Guanella recitará un poema lembrando a Víctor Jara: SOMOS CINCO MIL (do propio V. Jara)

- Xosé Duarte (CULTUREA) interpretará 6 cancións:

1.- O PAN (Antón Tovar/Xosé Duarte Rañó)
2.- MUIÑEIRA REBELDE (Celso Emilio Ferreiro/Xosé Duarte Rañó)
3.- LA LEYENDA DEL TIEMPO (Federico García Lorca/Ricardo Pachón/Xosé Duarte Rañó)
4.- SONETO LXIX (Pablo Neruda/Xosé Duarte Rañó)
5.- NI CHICHA NI LIMONÁ (Víctor Jara)
6.- JUAN SIN TIERRA (Víctor Jara)

3.- CARMEN  PRIETO - Embaixada chilena, ofrécenos o seguinte repertorio  (40'):

- VÍCTOR JARA: 1.- Te recuerdo Amanda / 2.- Manifiesto / 3.- El aparecido / 4.- Luchín / 5.- El derecho de vivir en paz / 6.- Lo único que tengo.

- PATRICIO MANNS: Cuando me acuerdo de mí país.

- VIOLETA PARRA: Volver a los 17.

- JULIO NUMHAUSER: Todo cambia.

- CÉSAR MIRÓ (peruano): Todos vuelven.

- FEDERICO GARCÍA LORCA: Romance de la luna.


REPORTAXE GRÁFICA 

























 

domingo, 9 de agosto de 2026

LORCA E LA BARRACA AQUÍ - Lembranza e homenaxe o mércores 26 de agosto, ás 20:30 na Pza. da Peixería de Vilagarcía de Arousa

 

PROGRAMA

 

1.- Palabras iniciais por parte da autoridade municipal

2.- Verbas de Xermán Torres introducindo e contextualizando o acto e narrando algunha anécdota.

3.- Cristina Quintáns Ruido, remedando á súa avoa Xaquina Trillo, 94 anos atrás coloca un ramo de flores ao pe da foto de Federico García Lorca.

4.- Manuel Lage e Roberto Abal interpretan dous poemas dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca: 1.- Noiturnio do adolescente morto. / 2.- Canzón de cuna para Rosalía de Castro morta. Actuación dentro de CULTUREA da Deputación Provincial de Pontevedra.

5.- Teatro lido do entremés cervantino: EL RETABLO DE LAS MARAVILLAS, por membros da Mesa das Verbas.

6.- Mª José González “Popeta” interpreta outros dous poemas dos Seis poemas galegos de Lorca: 3.- Madrigal á cibdá de Santiago. / 4.- Danza da lúa en Santiago.

7.- A Banda de Música de Vilagarcía, pechando o acto interpreta música popular do gusto de Federico García Lorca, poeta e mártir.



CONTAREMOS COA COLABORACIÓN ESPECIAL DO GRUPO:
SONS E VOZ DO VENTO. DÚO POÉTICO MUSICAL
POR XENTILEZA DO PLAN CULTUREA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA


NO PROGRAMA DE FESTAS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
AGOSTO-2026



DESEÑO: EQUIPO DE COMUNICACIÓN DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA


PROGRAMA QUE INTERPRETARÁ A BANDA DE MÚSICA DE VILAGARCÍA



TABOLEIRO DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN LOCAL






HOY POR HOY AROSA - RADIO AROSA-SER, 24/08/2026  - Corte: 50:00-1:02:20



Quedamos todos convidados para lembrar a Lorca e a La Barraca aquí, luns 29/08/1932

Será este mércores 26, ás 20:30 h. na Praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa




FARO DE VIGO - AROUSA




LA VOZ DE GALICIA - AROUSA




Moitas grazas a todos os que fixeron posible un acontecemento tan inesquecible en lembranza dunha alma grande, o querido Federico García Lorca e ao seu grupo de teatro LA BARRACA. Parabéns a todas e a todos!





































sábado, 11 de julio de 2026

CLXV MESA DAS VERBAS - POESÍA NA RÚA, 01/08/2026 20:30

 


Diario de Arousa, xoves 30 de xullo de 2026


ENSAIOS PARA AS ACTIVIDADES DO DÍA 1 E 26 DE AGOSTO DE 2026







VÍDEO CLIP, 30/07/2026:


REPORTAXE GRÁFICA, 01-08-2026  20:30  - POESÍA NA RÚA / CANTAMOS XUNTOS

DIARIO DE AROUSA, 02/08/2026, p. 6































E isto foi todo polo de agora, amigos!
Ata outra millorada.
Agardámosvos o día 26, teremos un novo encontro.