Mostrando entradas con la etiqueta Centro Comercial Arousa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Centro Comercial Arousa. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de mayo de 2026

ENTREGA DE PREMIOS, VENRES, 15-MAYO-2026 18:00 - REPORTAXE GRÁFICA

 

RESOLUCIÓN DO XURADO (MARTES 12/05/2026   13:30 H.)

PRIMEIRO PREMIO:  Manuel Losada de Boiro por E NON PIDO PERDÓN

SEGUNDO PREMIO: Carmen Meixús Fernández de Vilagarcía de Arousa por  O MISTERIO DA CAPELA

TERCEIRO PREMIO: Nirioxis Belén Rodríguez Pérez de Pontevedra por CANDEAS NO MEU PORTAL

ACCÉSIT: Rocío Leira Castro de Santiago de Compostela por ÉXTASE

Presentátonse a concurso 63 relatos de gran calidade, orixinarios as súas autoras e os seus autores de distintos puntos da xeografía galega.
Parabéns a todos os concursantes e en hora boa aos premiados e ata outra millorada!


PRIMEIRO PREMIO: Manuel Losada de Boiro



SEGUNDO PREMIO: Carmen Meixús Fernández de Vilagarcía de Arousa



TERCEIRO PREMIO: Nirioxis Belén Rodríguez Pérez de Pontevedra



ACCÉSIT: Rocío Leira Castro de Santiago de Compostela





REPORTAXE GRÁFICA DA ENTREGA DE PREMIOS (15/05/2026  18:00) - Realizaron imaxes: Luis Glez. de la Ballina, Roberto Abal, Pilar Lojo, Tere Briones, Dula Piñeiro, Xermán Torres.

Os premiados acompañados de membros da executiva da Mesa das Verbas e do director do CCA

Colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Xuventude e Lingua da Xunta de Galicia - Xacobeo 2027
e do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía
Idea, organización e desenvolvemento da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa

Principiando pola esquerda noso vicepresidente Ramón Torrado (membro do Xurado) e o público asistente.


Manuel Losada, recibindo o primeiro premio de mans de Luis Glez. de la Ballina, director do CCA

Carmen Meixús recibindo o segundo premio, que lle entrega Luis González Bravo, secretario da Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa


N. Belén Rodríguez, acollendo o 3º premio de mans de Xermán Torres, presidente da Mesa das Verbas


A nosa tesoureira, Tere Briones entregando o Accésit a Rocío Leira


En primeiro termo, a pianista que animou musicalmente o acto, Raquel Senín Sánchez
Logo a mesa presidencial: Luis Glez. de la Ballina, Xermán Torres e Luis Glez. Bravo. 
Tamén poden observarse algunhas das catro bolsas que contiñan un lote de libros como agasallo especial aos premiados da Secretaría Xeral da Lingua para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este 2026 a Begoña Caamaño (1964/2014). A principio deste acto Xermán Torres fixo unha reseña biográfica e litetaria da autora viguesa homenaxeada este ano.


VÍDEO CLIPS

As autoras e o autor premiados len un anaco dos seus relatos:

MANUEL LOSADA:





CARMEN MEIXUS:





N. BELÉN RODRÍGUEZ:





ROCÍO LEIRA:



Xermán Torres co acompañamento ao teclado de Raquel Senín animou e dirixiu o canto de GALICIA, o poema de SOÑOS NA GAIOLA de Manuel María musicado por Suso Vaamonde, O MEU BURRO dos mesmos autores e QUEN PUIDERA NAMORALA, Cunqueiro/Luis Emilio Batallán.



E isto foi todo, prezadas amigas e amigos, como diriía Álvaro Cunqueiro, ata outra millorada!

























































viernes, 13 de marzo de 2026

CONVOCATORIA DO VII CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS-2026 DE RELATO CURTO

 






VII CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS/2026

CONVOCADO E ORGANIZADO POLA MESA DAS VERBAS E O CENTRO COMERCIAL AROUSA COA COLABORACIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA LINGUA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE DA XUNTA DE GALICIA

1.- Convócase este VII CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2026, ideado e organizado pola Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa, coa colaboración do Centro Comercial Arousa e da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, co fin de promover a creación literaria en lingua galega.

2.- Poderá participar calquera persoa que o desexe e acepte as súas bases. En caso de que a persoa participante sexa menor de idade, deberá achegar a autorización de seu pai, nai ou titor/a legal. Ademais, todos os participantes deberán xuntar unha autorización de manexo dos seus datos persoais para os únicos efectos de xestión do concurso. No caso dos menores, esta autorización deberá ser asinada polos adultos responsables da persoa participante.

3.- Cada persoa poderá presentar só unha obra, que deberá ser un relato curto escrito en idioma galego, orixinal, inédito e que non fose publicado nin premiado en ningún outro certame. O tema é libre.

4.- A extensión máxima de cada obra será de dous folios por unha soa cara. As escritas nun procesador de textos presentaranse nun tipo de letra Arial de corpo 11 e as  manuscritas serán con letra lexible sen manchas, emendas nin texto riscado nin ningún tipo de marca ou enmarcado, así como carente de debuxos e de coloreados.

5.-  O orixinal do traballo non pode levar ningún sinal (agás o lema), marca ou calquera outra cousa que poida identificalo. O traballo irá acompañado dun sobre pequeno a xeito de plica que levará o lema escrito por fóra. Nel incluirase un documento cos datos do autor: nome e apelidos, NIF, número de teléfono, enderezo postal e enderezo electrónico e unha síntese do currículum vítae, indicando se posúe algunha publicación ou premios.  O sobre tamén conterá a autorización para o manexo de datos e, no caso dos menores de idade, a de participación (ver punto 2). Este pequeno sobre pechado estará dentro dun sobre grande xunto co orixinal. O sobre grande, tamén pechado, levará escrito o mesmo lema que figura no sobre pequeno.

5.- O prazo de entrega será ata o 3 de maio de 2026 (inclusive). As obras serán depositadas nas urnas que se colocarán para o efecto nas dependencias do Centro Comercial Arousa ou serán enviadas ao seguinte enderezo postal:

VII CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2026

Centro Comercial Arousa, Prolongación Parque A Xunqueira, s/n

36600, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

 

6.- O Xurado estará composto por persoas que as entidades promotoras do concurso designen e terá a capacidade de dirimir e interpretar todo o relativo a este concurso. As súas decisións serán inapelables e as persoas participantes aceptan todas as súas resolucións. Os premios non poderán declararse desertos. O Xurado é o único competente e con plena soberanía para interpretar e decidir sobre todo o relacionado con este concurso. Os participantes declinan acudir a calquera outro órgano xurisdicional ou xudicial e aceptan plenamente as decisións e a resolución dirimidos polo Xurado deste concurso, renunciando a calquera outro foro.

7.- A entrega de premios realizarase o sábado 16 de maio de 2026, véspera do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora e xornalista Begoña Caamaño, á que se conmemora con este acto. Será unha edición especial da Mesa das Verbas que se celebrará a partir das 18:00 h. na sala de usos múltiples, no 1º andar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía de Arousa.

8.- Os premios serán os seguintes:

- 1º PREMIO: 400 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 100 € e diploma.

- 2º PREMIO: 300 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 € e diploma.

- 3º PREMIO: 200 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 25 € e diploma.

9.- Os autores ceden todos os seus dereitos sobre as obras durante o prazo dun ano a partir da data da entrega de premios, por se as entidades convocantes tivesen a oportunidade da publicar as obras premiadas. Transcorrido ese ano, os dereitos reverterán de novo nos seus autores.

10.- As obras non premiadas poderán retirarse ata o 30/06/2025 sempre que se acredite debidamente ser a autora ou o autor no momento da recollida. Despois desa data, serán destruídas.

11.- A participación neste concurso implica a total e plena aceptación destas bases.

 

Vilagarcía de Arousa, 16 de marzo de 2026



NOTAS DE PRENSA

LA VOZ DE GALICIA - AROUSA, 15/03/2026




FARO DE VIGO - AROUSA, 15/03/2026




















miércoles, 25 de febrero de 2026

RESOLUCIÓN E ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR-2026

 


PRIMEIRO PREMIO:

Iria Colinas Cacabelos de Vilagarcía


SEGUNDO PREMIO:

Andrea Torrado Cacabelos de Vilagarcía


A entrega de premios terá lugar este venres 27 de febreiro de 2026, a partires das seis da tarde na Sala Multidisciplinaria do segundo andar do Centro Comercial Arousa.











Iria Colinas Cacabelos, 1º premio

















martes, 17 de febrero de 2026

ENTREGA DE PREMIOS DO V CONCURSO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA XAQUINA TRILLO - Venres, 20/02/2026 20:30 - Salón García-Reportaxe gráfica

 















A este poema de Xaquina Trillo púxolle música Xosé Duarte, e fixo a estrea absoluta, como un especial agasallo nesta entrega de premios. Xa tiña musicado outro que Xaquina lle dedicou á Camelia e que estreou na entrega do III XAQUINA TRILLO. Grazas Xosé Duarte!


Este poema, que estaba perdido, e do que o noso presidente Xermán Torres tiña constancia da súa existencia, porque Xaquina Trillo, pouco antes do seu pasamento, lle tiña lido un poemario que estaba preparando e dedicando poemas a persoas significativas e moi importantes para Galicia e entre eses poemas figuraba este dedicado ao noso primeiro Socio de Honra, noso ben querido mestre e amigo, o inesquecible don Xesús Alonso Montero. Este poema foi felizmente rescatado por Cristina Quintáns Ruido, neta de Xaquina. Mágoa que don Xesús non puidera velo, era algo que tiña ilusión de ter entre as súas mans, pois Xermán lle tiña falado moito del. Foron moi acertadas as palabras do noso Alcalde, Alberto Varela Paz, que presidiu o acto e que ao comezo do mesmo pediu un aplauso na honra e na lembranza de do Xesús Alonso Montero, a nosa Concelleira de Cultura, Sonia Outón Casal foi a encargada das palabras iniciais de acollida, saúdo e benvida, logo interviu noso Deputado Provincial, Jorge Cubela López,  encargado de Cultura que expresou seu recoñecemento para este certame, e argumentou que a nosa Deputación Provincial sempre está disposta a apoiar certames que promoven a lingua e a cultura. Xermán Torres relatou a traxectoria de Xaquina Trillo e algunhas anécdotas e lembranzas sobre a súa persoa e a súa obra (seis poemarios publicados en vida e un inédito, que agardamos que pronto vexa a luz), tamén pola oportunidade e circunstancias falou sobre Xaquina e a relación con Alonso Montero. 

A Mesa das Verbas desexa expresar o seu agradecemento aos cincuenta autoras e autores que presentaron os seus poemas a esta quinta edición do XAQUINA TRILLO e dar os seus parabéns aos catro autores galardoados. E ao Xurado, que co seu traballo altruista e desinteresado, valorou cada poema presentado e emitiu o seu fallo.

Agradecer a Emilia Ruido e familiares a súa presencia neste acto e por ter declamado como primicia este fermoso poema, gratamente recuperado e polas súas verbas en lembranza de Fernando Quintela Novoa e por mencionar á súa esposa, a profesora Lolita Gallego, a quen sen dúbida lle darán noticia desta reportaxe, Fernando e Lolita, queridos amigos da Mesa das Verbas, desde a primeira hora, sempre que puideron nunca faltaron aos nosos recitais poéticos. Parabéns a Emilia polas súas verbas.

Tamén a nosa gratitude para o público que asistiu a este acto de entrega de premios, agardando velos a todos na próxima sexta edición.

Agradecer moi especialmente ás institucións que nos patrocinan e prestan a súa colaboración, sen elas non sería posible o concurso tal como está concebido. Mil gracias ao noso Concello, seus dirixentes e a todos os seus técnicos e traballadores dos distintos departamentos que nos prestaron a súa inestimable axuda. Como tamén a Deputación Provincial de Pontevedra por subvencionar o concurso e concedernos a actuación musical dentro do seu Plan Culturea e a todos os seus técnicos e traballadores que tamén nos auxiliaron exquisitamente. E como non ao noso querido Centro Comercial Arousa, representado polo noso amigo e segundo Socio de Honra, Luis González de la Ballina González, director-xerente deste centro comercial referente en Arousa.

E aos Concelleiros do Concello de Vilagarcía de Arousa que nos acompañaron, dos grupos municipais do PP e do BNG. E ao Coordinador Nacional do Partido Galeguista, pola súa estreita vinculación e relación coa nosa poeta de Arousa, como tan ben dicía don Antón Fraguas Fraguas, eminente fillo que foi de Insuela, do Concello de Cerdedo-Cotobade.

En fin, noso agradecemento a todos os que colaboran e respaldan este concurso.

Agradecemos a todos os que nos forneceron de imaxes, que fixeron posible esta reportaxe, nosos compañeiros e amigos Tere Briones, Pilar Lojo, Roberto Abal, Luismi e Jesús Rey.

A todas e a todos mil gracias.

MICRO VÍDEOS







O acto finalizou co canto, dirixido por Xosé Duarte, dalgunhas das estrofas do Adiós Ríos, Adiós  Fontes... na versión de Amancio Prada e comezando Duarte cunha versión propia. Todo como lembranza e homenaxe a Rosalía de Castro, a quen admiraban Xaquina Trillo, que sempre dicía a miña santiña, referíndose a nosa escritora máis representativa, e Alonso Montero, que era un especialista na nosa poeta nacional e como un adianto do Día de Rosalía, que se celebrará o 23.

REVISTA DE PRENSA

La Voz de Galicia - Arousa (18/02/2026):


Faro de Vigo - Arousa (22/02/2026):