lunes, 20 de junio de 2022

VILAGARCÍA DE AROUSA - BOOK'S CITY - 13 A 19 DE XUÑO DE 2022

 POR ESTE ANO, ISTO FOI TODO AMIGOS













A Feira do Libro de Vilagarcía de Arousa é unha idea xenial, parabéns ao Concello de Vilagarcía de Arousa. Desde a Asociación Cultural Mesa das Verbas aplaudimos e apoiamos a idea desde o primeiro momento. E animamos ao noso Concello para que siga mantendo este acontecemento nos anos vindeiros. Mil primaveras máis para Vilagarcía, Cidade de Libro.

En Vilagarcía de Arousa houbo en outro tempo feiras do libro; pero eran de iniciativa privada. Eu persoalmente teño participado en moitas delas alá nos anos 70 e 80 do pasado século XX. E xa ía sendo o tempo de que a iniciativa pública co Concello da nosa cidade á cabeza tomara cartas neste importante evento, en hora boa.

Independentemente de que a nosa Xunta Directiva se xunte para analizar e avaliar a presente pasada edición, eu neste editorial quixera facer uns apuntamentos por se serven de algo:

1.- Está ben que se inviten escritoras, escritores e personaxes relevantes a este acontecemento; pero, non veñen gratis. Por iso, sería importante mobilizar ás forzas vivas locais: escritoras, escritores e artistas que temos moitos na nosa cidade. Pero, tamén deben ter unha parte do pastel, que non sexa todo para os de fóra, tamén hai que incentivar e motivar aos grupos e ás persoas da vila.

2.- A venda dos libros debe corresponderlle ás librerías da nosa cidade e ás asociacións sen ánimo de lucro de aquí.

3.- Para animación e acompañamento artístico musical contar tamén cos grupos de aquí, que hai moitos. Contando coa xente local pódese desenvolver todo perfecta e magníficamente e sería máis barato e moi atraente.

4.- Estivo ben invitar á feira aos centros escolares e facer moitas actividades para os máis novos. Mais, hai que contar en maior grao cos centros educativos, implicalos máis.

5.- En canto aos horarios das casetas, eu ponteciaría máis o horario vespertino, abriría ás 17:30 h. e pecharía ás 22:00 h. O sábado e o domingo abríría ás 12:00 h. e mantería o mesmo horario de tarde xa citado.

6.- Situaría o escenario principal nunha zona de sombra. Estudiaría unha mellor ubicación.

7.- Nos encontros ao solpor, tamén contaría algúns días coas asociacións e grupos locais.

8.- E convería manter encontros da Administración Local cos grupos participantes para coordinar, compartir ideas, aportar melloras.

9.- E coido que a Concellería a que lle correspondería a coordinación deste gran acontecemento é á Concellería de Cultura.

Xermán Manuel Torres - Presidente da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa 





















viernes, 3 de junio de 2022

REPORTAXE GRÁFICA CXXI MESA DAS VERBAS - 27-05-2022

 




Luís Mª Álvarez, Marta Amarelle, María Latorre, Iria Torres
(Os premiados no III Concurso Literario Letras Galegas - 2022)




Nosa amiga e Tesoureira Tere Briones en pleno recital


Noso Presidente Xermán Manuel Torres en acción