Mostrando entradas con la etiqueta Deputación Provincial de Pontevedra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Deputación Provincial de Pontevedra. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de febrero de 2026

ENTREGA DE PREMIOS DO V CONCURSO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA XAQUINA TRILLO - Venres, 20/02/2026 20:30 - Salón García-Reportaxe gráfica

 















A este poema de Xaquina Trillo púxolle música Xosé Duarte, e fixo a estrea absoluta, como un especial agasallo nesta entrega de premios. Xa tiña musicado outro que Xaquina lle dedicou á Camelia e que estreou na entrega do III XAQUINA TRILLO. Grazas Xosé Duarte!


Este poema, que estaba perdido, e do que o noso presidente Xermán Torres tiña constancia da súa existencia, porque Xaquina Trillo, pouco antes do seu pasamento, lle tiña lido un poemario que estaba preparando e dedicando poemas a persoas significativas e moi importantes para Galicia e entre eses poemas figuraba este dedicado ao noso primeiro Socio de Honra, noso ben querido mestre e amigo, o inesquecible don Xesús Alonso Montero. Este poema foi felizmente rescatado por Cristina Quintáns Ruido, neta de Xaquina. Mágoa que don Xesús non puidera velo, era algo que tiña ilusión de ter entre as súas mans, pois Xermán lle tiña falado moito del. Foron moi acertadas as palabras do noso Alcalde, Alberto Varela Paz, que presidiu o acto e que ao comezo do mesmo pediu un aplauso na honra e na lembranza de do Xesús Alonso Montero, a nosa Concelleira de Cultura, Sonia Outón Casal foi a encargada das palabras iniciais de acollida, saúdo e benvida, logo interviu noso Deputado Provincial, Jorge Cubela López,  encargado de Cultura que expresou seu recoñecemento para este certame, e argumentou que a nosa Deputación Provincial sempre está disposta a apoiar certames que promoven a lingua e a cultura. Xermán Torres relatou a traxectoria de Xaquina Trillo e algunhas anécdotas e lembranzas sobre a súa persoa e a súa obra (seis poemarios publicados en vida e un inédito, que agardamos que pronto vexa a luz), tamén pola oportunidade e circunstancias falou sobre Xaquina e a relación con Alonso Montero. 

A Mesa das Verbas desexa expresar o seu agradecemento aos cincuenta autoras e autores que presentaron os seus poemas a esta quinta edición do XAQUINA TRILLO e dar os seus parabéns aos catro autores galardoados. E ao Xurado, que co seu traballo altruista e desinteresado, valorou cada poema presentado e emitiu o seu fallo.

Agradecer a Emilia Ruido e familiares a súa presencia neste acto e por ter declamado como primicia este fermoso poema, gratamente recuperado e polas súas verbas en lembranza de Fernando Quintela Novoa e por mencionar á súa esposa, a profesora Lolita Gallego, a quen sen dúbida lle darán noticia desta reportaxe, Fernando e Lolita, queridos amigos da Mesa das Verbas, desde a primeira hora, sempre que puideron nunca faltaron aos nosos recitais poéticos. Parabéns a Emilia polas súas verbas.

Tamén a nosa gratitude para o público que asistiu a este acto de entrega de premios, agardando velos a todos na próxima sexta edición.

Agradecer moi especialmente ás institucións que nos patrocinan e prestan a súa colaboración, sen elas non sería posible o concurso tal como está concebido. Mil gracias ao noso Concello, seus dirixentes e a todos os seus técnicos e traballadores dos distintos departamentos que nos prestaron a súa inestimable axuda. Como tamén a Deputación Provincial de Pontevedra por subvencionar o concurso e concedernos a actuación musical dentro do seu Plan Culturea e a todos os seus técnicos e traballadores que tamén nos auxiliaron exquisitamente. E como non ao noso querido Centro Comercial Arousa, representado polo noso amigo e segundo Socio de Honra, Luis González de la Ballina González, director-xerente deste centro comercial referente en Arousa.

E aos Concelleiros do Concello de Vilagarcía de Arousa que nos acompañaron, dos grupos municipais do PP e do BNG. E ao Coordinador Nacional do Partido Galeguista, pola súa estreita vinculación e relación coa nosa poeta de Arousa, como tan ben dicía don Antón Fraguas Fraguas, eminente fillo que foi de Insuela, do Concello de Cerdedo-Cotobade.

En fin, noso agradecemento a todos os que colaboran e respaldan este concurso.

Agradecemos a todos os que nos forneceron de imaxes, que fixeron posible esta reportaxe, nosos compañeiros e amigos Tere Briones, Pilar Lojo, Roberto Abal, Luismi e Jesús Rey.

A todas e a todos mil gracias.

MICRO VÍDEOS







O acto finalizou co canto, dirixido por Xosé Duarte, dalgunhas das estrofas do Adiós Ríos, Adiós  Fontes... na versión de Amancio Prada e comezando Duarte cunha versión propia. Todo como lembranza e homenaxe a Rosalía de Castro, a quen admiraban Xaquina Trillo, que sempre dicía a miña santiña, referíndose a nosa escritora máis representativa, e Alonso Montero, que era un especialista na nosa poeta nacional e como un adianto do Día de Rosalía, que se celebrará o 23.

REVISTA DE PRENSA

La Voz de Galicia - Arousa (18/02/2026):


Faro de Vigo - Arousa (22/02/2026):

















































viernes, 10 de octubre de 2025

CONVOCATORIA DO V CONCURSO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA XAQUINA TRILLO - 2025





 

ENTREGA DE POEMAS: Do 15/10/2025-09/12/2025

FALLO: Darase a coñecer o 23/12/2025

ENTREGA DE PREMIOS: Anunciarase oportunamente


1º PREMIO: 300 € en metálico, vale 100 €, agasallo, diploma.

2º PREMIO: 200 €, vale 50 €, agasallo, diploma.

3º PREMIO: 100 €, vale 25 €, agasallo, diploma


BASES

V PREMIO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA

Xaquina Trillo

 

A Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa, coa Deputación Provincial de Pontevedra e co Centro Comercial Arousa de Vilagarcía convoca o V Concurso de Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo”, que se rexerá sobre as seguintes bases e indicando que o fallo do xurado será inapelable e será este o intérprete do contido e do espírito destas bases. A participación neste concurso implica a aceptación plena e absoluta das bases e aceptación sen condicións das  decisións soberanas do xurado.

 

I.                  O concurso está dirixido á participación de todas as persoas que desexen concorrer, a partires dos 16 anos, cumpridos no ano 2025, e sen límite de idade, iso si, cumprindo a idade de partida (os dezaseis anos-2025).

II.               Os premios en ningún caso poderán declarase desertos, agás no caso da non participación.

III.           Participarase cun poema que non exceda  dos 60 versos, extensión máxima sesenta versos. O poema ten que ser inédito e orixinal e non ter sido premiado en ningún outro concurso.

IV.           O poema ten que estar escrito necesariamente en idioma galego.

V.              Prégase que os concursantes envíen un breve Curriculum Vitae (CV) e se teñen obra publicada que fagan a súa referencia bibliográfica. Este CV debe vir incluído no pequeno sobre da plica.

VI.           Presentarase baixo plica, do seguinte xeito: Nun sobre grande incluirase o poema, que non pode levar ningún signo de identidade, agás dun lema para o seu recoñecemento. Nun sobre pequeno, que se introducirá no grande irá unha cuartilla co lema e cos seguintes datos da autora ou do autor: a) Nome e apelidos; b) Idade acreditada coa fotocopia do NIF onde figura a data de nacemento. c) Un enderezo de correo electrónico; d) Un número de teléfono; e) A dirección postal do autor; f) O nome e identificación do centro de estudos, caso nas persoas de 16 anos. g) Incluír o breve CV coas referencias das obras publicadas.  h) Un pequeno escrito de autorización para a utilización dos datos persoais a efectos de participación no concurso, avalado pola nai/pai ou titor/a da persoa participante e co seu consentimento, no caso dos participantes menores de idade. O sobre pequeno levará eses datos no seu interior e estará pechado.

VII.       O sobre co seu contido será depositado nunha urna que estará situada nun lugar sinalado e publicitado no Centro Comercial Arousa de Vilagarcía. Ou ben pode enviarse por correo postal ao seguinte enderezo:  V Concurso de Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo” - Dirección Centro Comercial Arousa, Prolongación Parque a Xunqueira, s/n – 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

VIII.    O prazo de entrega será desde o 15 de outubro de 2025 ata o 9 de decembro de 2025.

IX.           O fallo darase a coñecer o 23 de decembro de 2025.

X.              A entrega de premios será no acto que celebre o Concello de  Vilagarcía de Arousa co gallo do Día de Rosalía  de 2025 e que oportunamente se anunciará. Ou nunha Mesa das Verbas Extraordinaria que tamén se anunciará con antelación.

XI.           Publicaranse os poemas premiados no blog: https://mesadasverbas.blogspot.com Así como nun número especial do noso Boletín Medulio. Tamén se publicarán nun número da nosa revista poética ANACO, editada polo Concello de Vilagarcía de Arousa. Para isto, os autores e tamén por medio dos seus titores, no caso de minoría de idade, cederán durante un ano os dereitos dos seus poemas para facilitar dita publicación, por medio dun escrito expreso.

XII.       PREMIOS: a) 1º Premio que consistirá en 300 €, un vale de 100 € para gastar no Centro Comercial Arousa e xentileza do mesmo, un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa. b) 2º Premio que consistirá en 200 €, un vale de 50 € do Centro Comercial Arousa, un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa.  c) 3º Premio que consistirá en 100 €, un vale de 25 € do Centro Comercial Arousa e un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa.

XIII.    O Xurado estará composto por un mínimo de tres persoas que serán designadas pola Asociación Cultural Mesa das Verbas, A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación Provincial de Pontevedra e polo Centro Comercial Arousa.

XIV.   Reitérase que o fallo do xurado é inapelable, encargado de dirimir e interpretar sobre as presentes bases e que a participación neste concurso supón a plena e absoluta aceptación das mesmas.

XV.       O resultado do concurso será dado a coñecer aos concursantes e será publicado no blog oficial da Asociación Cultural Mesa das Verbas antes citado, así como na web do Concello de Vilagarcía de Arousa e na web e Facebook do Centro Comercial Arousa. Tamén serán enviadas notas de prensa con toda a información pertinente sobre o concurso aos medios de comunicación social locais.

XVI.   O manexo dos datos persoais dos concursantes será exclusivamente para os asuntos relacionados con este concurso, publicidade, comunicacións, publicacións. Os concursantes premiados, por medio dos seus titores legais, no seu caso, cumprimentarán un documento para a autorización do manexo dos seus datos persoais cos fins exclusivos xa expresados deste concurso.

XVII.            Os traballos non premiados poderán ser recollidos. Pasado un mes da data de entrega de premios, procederase a súa destrución e xa non poderán ser reclamados.

O fin deste concurso é promover a creatividade en lingua galega e fomentar a poesía en idioma galego entre a mocidade e os cidadáns en xeral, a lingua galega é cousa de todos e todos debemos cultivala.

Amosar de antemán a nosa gratitude a todos os participantes, ao xurado, ás entidades colaboradoras e a todos cantos contribuíron ao anuncio, difusión e desenvolvemento, así como ao bo fin deste concurso.

Pretendemos a súa continuidade no tempo, compartindo ademais a arela do poeta Álvaro Cunqueiro de mil primaveras máis para a nosa lingua e para a nosa cultura.

SAÚDE E POESÍA!

ASOCIACIÓN CULTURAL MESA DAS VERBAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA  











lunes, 28 de julio de 2025

POESÍA NA RÚA - 02-08-2025 20:00

 


Previamente, o venres 1 de agosto de 2025, teremos o ensaio imprescindible para poder participar no recital do día 2. O ensaio terá lugar no Gambrinus do Centro Comercial Arousa ás seis da tarde. Logo do ensaio trasladarémonos a Vilanova para asistir á inauguración da exposición de pintura da nosa amiga e compañeira Charo Orive.

Xa está todo preparado e previsto para unha nova edición de Poesía na Rúa coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa e da Deputación Provincial de Pontevedra. Actuarán os grupos da Asociación Cultural Nós de Sobradelo.

SAÚDE E POESÍA!!!

ENSAIO-01-08-2025   18:00 / 19:30




EN VILANOVA DE AROUSA, 01/08/2025   20:00
EXPOSICIÓN DE CHARO ORIVE



POESÍA NA RÚA, RECITAL POÉTICO, 02/08/2025   20:00 - 21:30










Nesta oportunidade, na POESÍA NA RÚA - 2025, ceibaron seus versos e as súas verbas ao ar de Vilagarcía, os seguintes membros da Mesa das Verbas:

1.- Manuel Lage

2.- Tere Briones

3.- Maru

4.- Nasuko

5.- Roberto Abal

6.- Pilar Lojo

7.- Encarna

8.- Jean Carballo

9.- Dula Piñeiro

10.- Luismi

11.- Paula Cascallar

12.- Sole

13.- Paco, pintor

14.- Alexandra

15.- Charo Orive

16.- Xermán Torres

DELEITÁRONNOS COA SÚA PARTICIPACIÓN ARTÍSTICA 
OS GRUPOS DA ASOCIACIÓN NÓS DE SOBRADELO

(Veleiquí uns microvídeos)





E isto foi todo amigos, ata outra millorada!




































lunes, 14 de abril de 2025

XEIRA EN CAMBADOS - VENRES, 2 DE MAIO DE 2025

 

O martes, 29 de abril, Lois do Salnés, Roberto Abal, máis Xermán Torres estiveron a visitar Cambados para preparar e deixar todo listo para a nosa Xeira do vindeiro día 2 de maio. Foron moi ben atendidos no Concello de Cambados polo seu Concelleiro de Cultura, o amable e agarimoso Liso.

No Concello de Cambados antes de seres recibidos por Liso


No restaurante O CASAL da rúa Real, 5 será o xantar de confraternidade

Na sala "Pitusa" Vidal Cabanillas desenvolverase o recital poético do venres, 2 de maio de 2025

ACRÓSTICO DE LOIS DO SALNÉS NA HONRA DO POETA CAMBADÉS RAMÓN CABANILLAS (1876-1959)


DESEXAMOS MANIFESTAR PUBLICAMENTE A NOSA GRATITUDE AO CONCELLO DE CAMBADOS E MOI ESPECIALMENTE AO SEU CONCELLEIRO DE CULTURA LISO POR TODAS AS ATENCIÓNS E AMABILIDADE RECIBIDAS NA PREPARACIÓN DA NOSA XEIRA E NA MAGNÍFICA E INESQUECIBLE XORNADA VIVIDA EN CAMBADOS O VENRES, 2 DE MAIO DE 2025, ONDE RENDEMOS UNHA HOMENAXE AO GRANDE CABANILLAS.

TAMÉN E MOI ESPECIALMENTE QUEREMOS AGRADECER A FRANCISCO REY FERNÁNDEZ, CATEDRÁTICO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, ACADÉMICO DE NÚMERO DA RAG E MEMBRO DO PADROADO DO MUSEO DO POBO GALEGO POLA LA EXTRAORDINARIA VISITA POR EL MAXISTRALMENTE GUIADA AO ACOLLEDOR MUSEO DE RAMÓN CABANILLAS E TAMÉN POLO SEU ACOMPAÑAMENTO NO RECITAL POÉTICO.

E A NOSA GRATITUDE MÁIS ENTUSIASTA A PITUSA VIDAL CABANILLAS, NETA DE RAMÓN CABANILLAS, POLO SEU APOIO E POLO SEU ACOMPAÑAMENTO NO NOSO RECITAL POÉTICO.

PARABÉNS AO PERSOAL DO CONCELLO DE CAMBADOS QUE TAN BEN NOS ACOLLEU E A XOSÉ, O TÉCNICO DA SALA TORRADO, POLA SÚAS EXPLICACIÓNS NAS VISITAS AO ARQUIVO DOCUMENTAL DA CASA NATAL DE CABANILLAS E ÁS EXPOSICIÓNS NA EXTRAORDINARIA SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DE TORRADO.

REPORTAXE GRÁFICA:




















VÍDEOCLIP:


O RECITAL POÉTICO REMATOU COA ACTUACIÓN DO DÚO POÉTICO-MUSICAL "VERBAS E SONS DO VENTO" GRAZAS A COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, DENTRO DO SEU PROGRAMA CULTUREA.