Co gallo do comezo da primavera e da celebración do Día Internacional da Poesía, ceibamos os nosos versos ao ar os seguintes compoñentes da Mesa das Verbas: Tere Briones, Maru Rivadulla, Marisa Jamardo, Mª José Rubianes, Ramón Torrado, Xermán Manuel Torres. Velos aí van!
Que é poesía?
Instante cromático
de luz
nunha flor.
Cantarlle ao día
dun xeito romántico
con paz
e amor.
A poesía é un pensamento profundo
que sae do corazón
para expresar os sentimentos
e misterios da nosa alma.
Nace da palabra
e xusto da na diana
tocando a alma con cada verso
envolto en algodón de zucre.
Cicais loucas bolboretas,
acaso un toxo en flor.
Quen trouxo a leda nova?
Maxia de sol no reloxio.
Vaite, vaite ollo de vidro;
arrechégate calor.
Música de bicos longos,
ballet da lúa co sol.
Estraño, estraño planeta
que nos agasalla tanta brevidade na vida
e a máis absoluta eternidade na morte...
O bo, se breve, dúas veces bo...?
..................
E co poeta, pensando nas amadas e nos amados, poderíamos dicir:
Poesía es ti.
Imaxes de Xermán Manuel Torres, a primavera agroma por todo.