Foi este pasado sábado, 26, na Casa de Cultura de Trabanca Badiña. Ofrecemos unha pequena reportaxe gráfica para a lembranza:
domingo, 27 de noviembre de 2022
EMOTIVO E ENTRAÑABLE RECITAL EN TRABANCA BADIÑA
viernes, 25 de noviembre de 2022
PAULA CASCALLAR LATORRE CONTRA TODA VIOLENCIA
jueves, 24 de noviembre de 2022
jueves, 10 de noviembre de 2022
CXXVII MESA DAS VERBAS NA CASA DE CULTURA DE TRABANCA BADIÑA-26-11-2022
jueves, 3 de noviembre de 2022
II CONCURSO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA XAQUINA TRILLO
II
PREMIO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA
Xaquina
Trillo
A Asociación Cultural
Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa en colaboración coa Concellería de
Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa e co Centro Comercial Arousa de
Vilagarcía e co apoio imprescindible da Deputación Provincial de Pontevedra convoca
o II Concurso de Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo”, que se rexerá sobre
as seguintes bases e indicando que o fallo do xurado será inapelable e será
este o intérprete do contido e do espírito destas bases. A participación neste
concurso implica a aceptación plena e absoluta das bases e aceptación sen
condicións das decisións soberanas do
xurado.
I.
O concurso está dirixido á participación
da mocidade que estea a cursar os estudos de Bacharelato; é dicir destinado a
mozas e mozos entre 16 e 18 anos. A idade acreditarase presentando unha
fotocopia do NIF ou co resgardo da matrícula no Bacharelato no presente curso
escolar 2022-2023.
II.
Os premios en ningún caso poderán
declarase desertos, agás no caso da non participación.
III.
Participarase cun poema que non
exceda dos 60 versos, extensión máxima
sesenta versos. O poema ten que ser inédito e orixinal e non ter sido premiado
en ningún outro concurso.
IV.
O poema ten que estar escrito necesariamente
en idioma galego.
V.
Presentarase baixo plica, do seguinte
xeito: Nun sobre grande incluirase o poema, que non pode levar ningún signo de
identidade, agás dun lema para o seu recoñecemento. Nun sobre pequeno, que se
introducirá no grande irá unha cuartilla co lema e cos seguintes datos da
autora ou do autor: a) Nome e apelidos; b) Idade acreditada coa fotocopia do
NIF onde figura a data de nacemento ou unha copia do resgardo da matrícula no
Bacharelato correspondente ao curso escolar 2022-2023; c) Un enderezo de correo
electrónico; d) Un número de teléfono; e) A dirección postal do autor; f) O
nome e identificación do centro de estudos, g) Un pequeno escrito de
autorización para a utilización dos datos persoais a efectos de participación
no concurso, avalado pola nai/pai ou titor/a da persoa participante (no caso de
ser menor de idade) e co seu consentimento. O sobre pequeno levará eses datos
no seu interior e estará pechado.
VI.
O sobre co seu contido será depositado
nunha urna que estará situada nun lugar sinalado e publicitado no Centro
Comercial Arousa de Vilagarcía. Ou ben pode enviarse por correo postal ao
seguinte enderezo: II Concurso de Poesía
en Lingua Galega “Xaquina Trillo” - Dirección Centro Comercial Arousa,
Prolongación Parque a Xunqueira, s/n – 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
VII. O
prazo de entrega será desde o 20 de setembro de 2022 ata o 30 de novembro de
2022.
VIII. O
fallo darase a coñecer no mes de decembro de 2022.
IX.
A entrega de premios será nun acto que
celebre o Concello de Vilagarcía de
Arousa co motivo deste certame e que oportunamente se anunciará.
X.
Publicaranse os poemas premiados no
blog: www.mesadasverbas.blogspot.com Tamén se publicarán nun número da nosa
revista poética ANACO, editada polo Concello de Vilagarcía de Arousa, así como
nunha edición especial do noso Boletín Medulio,
que se distribuirá no acto de entrega de premios e tamén se fará chegar aos
centros de estudo. Para isto, os autores, por medio dos seus titores (caso de
minoría de idade), cederán durante un ano os dereitos dos seus poemas para
facilitar dita publicación.
XI.
PREMIOS: a) 1º Premio que consistirá en
300 € en metálico, un vale de 100 € para gastar no Centro Comercial Arousa e
xentileza do mesmo, un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de
Arousa. b) 2º Premio que consistirá en 200 €, un vale de 50 € do Centro
Comercial Arousa, un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de
Arousa. c) 3º Premio que consistirá en
100 €, un vale de 25 € do Centro Comercial Arousa e un diploma e un agasallo do
Concello de Vilagarcía de Arousa.
XII. O
Xurado estará composto por un mínimo de tres persoas que serán designadas pola
Asociación Cultural Mesa das Verbas, A Concellería de Cultura do Concello de
Vilagarcía de Arousa e polo Centro Comercial Arousa.
XIII. Reitérase
que o fallo do xurado é inapelable, encargado de dirimir e interpretar sobre as
presentes bases e que a participación neste concurso supón a plena e absoluta
aceptación das mesmas.
XIV. O
resultado do concurso será dado a coñecer aos concursantes e será publicado no
blog oficial da Asociación Cultural Mesa das Verbas antes citado, así como na
web do Concello de Vilagarcía de Arousa e na web e Facebook do Centro Comercial
Arousa. Tamén serán enviadas notas de prensa con toda a información pertinente
sobre o concurso aos medios de comunicación social locais.
XV. O
manexo dos datos persoais dos concursantes será exclusivamente para os asuntos
relacionados con este concurso, publicidade, comunicacións, publicacións. Os
concursantes premiados, por medio dos seus titores legais (se é o caso), cumprimentarán
un documento para a autorización do manexo dos seus datos persoais cos fins
exclusivos xa expresados deste concurso.
XVI. Os
traballos non premiados poderán ser recollidos. Pasado un mes de coñecido o
fallo, despois procederase a súa destrución e xa non poderán ser reclamados.
O fin deste concurso é
promover a creatividade en lingua galega e fomentar a poesía en idioma galego
entre a mocidade.
Amosar de antemán a
nosa gratitude a todos os participantes, ao xurado, ás entidades colaboradoras
e a todos cantos contribuíron ao anuncio, difusión e desenvolvemento, así como
ao bo fin deste concurso. Destacando a inestimable colaboración da Deputación
de Pontevedra que axudou a promover este premio, mediante a concesión dunha
subvención para este fin.
Pretendemos a súa
continuidade no tempo, compartindo ademais a arela do poeta Álvaro Cunqueiro de
mil primaveras máis para a nosa lingua e para a nosa cultura.