Este vindeiro sábado 28 e a partires das seis da tarde, ceibaremos verbas e versos ao ar no Centro Cultural Breogán do barrio de Vilagarcía de Arousa chamado O Piñeiriño, tamén coñecido como As Pistas.
O Centro Cultural Breogán está na rúa Fermín Bouza-Brey, nº 7 - 36600 Vilagarcía de Arousa. Tomade como referencia a Librería DomLópez, seguide cara arriba e axiña chegades ao local.
Os que vindes de fóra tomade a estrada cara Vilaxoán, pasando pola Lomba e collendo dirección cara a Piscina Municipal, non teredes perda. O Piñeiriño é un barrio que agora está de moda.
Rúa Fermín Bouza-Brey, ao fondo está o Centro Cultural
nesta mesma beirarrúa.
E contaremos coa colaboración artística de Al Guanella coa súa cadeliña Tana
Actuación financiada polo plan CULTUREA da Deputación Provincial de Pontevedra
REPORTAXE GRÁFICA DE XERMÁN TORRES