domingo, 22 de diciembre de 2024

POEMAS PREMIADOS NO IV CONCURSO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA XAQUINA TRILLO

 Imos dar coñecer os poemas premiados neste concurso, mañá luns levantaranse as plicas e coñeceremos os nomes das autoras/es premiados.

Tamén adiantamos que a entrega de premios terá lugar o venres, 17 de xaneiro de 2025, a partires das 19:00 h. no Salón García da Casa de Cultura de Vilagarcía de Arousa, na rúa Alcalde Rey Daviña.


PRIMEIRO PREMIO: Mónica Garrido Lavandeira de Vilagarcía de Arousa


SEGUNDO PREMIO: Mª José Rodríguez García de Vilagarcía de Arousa


TERCEIRO PREMIO: Víctor Manuel Golpe Castro de Vilagarcía de Arousa


Parabéns a todos os premiados e quedamos convocados para o acto de entrega de premios, que terá lugar no Salón García da Casa de Cultura de Vilagarcía de Arousa o vindeiro venres, 17 de xaneiro de 2025, a partires das 19:00 h.

E grazas aos numerosos participantes neste concurso, nesta convocatoria participaron 28 traballos. Animamos a todos a volver probar a sorte das Musas na V edición de 2025.

Grazas tamén aos nosos patrocinadores e colaboradores no nome da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa, nosa gratitude ao Concello de Vilagarcía de Arousa, á Deputación Provincial de Pontevedra e ao Centro Comercial Arousa.

Grazas a todos e BO NADAL E VENTUREIRO 2025!!!