Mostrando entradas con la etiqueta Paula Cascallar Latorre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paula Cascallar Latorre. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de noviembre de 2022

PAULA CASCALLAR LATORRE CONTRA TODA VIOLENCIA


A nosa compañeira Paula le o seu poema que reflicte a violencia dunhas mulleres cara outras. Mulleres que renegan do seu feminismo e adoptan posturas machistas, converténdose en inimigas do seu propio sexo cun complexo de inferioridade e un machismo inconcibible; temos mostras máis que significativas estes últimos días. Ánimo a Paula pola túa solidariedade cara as mulleres violentadas e víctimas dun machismo irracional e fóra de lugar no noso tempo e oxalá que en todo o mundo.


VIOLENCIA MACHISTA NUNCA MÁIS!!!





 

jueves, 7 de enero de 2021

PERFOMANCE DE PAULA CASCALLAR

 Paula Cascallar Latorre agasallounos coa seguinte proposta estética, por medio do seu monólogo QUERER OU NON QUERER:



Imaxe de Alberto Avendaño


E o seguinte vídeo de Xermán Manuel Torres subido a youtube por Paula Cascallar:


https://youtu.be/YE8-R3GffaU  


jueves, 23 de abril de 2020

ANSIA DE LUZ de Paula Cascallar




Paula, na súa Ansia de Luz alude a maioría dos elementos da tradición xacobea desde unha perspectiva moi persoal e orixinal, cun enfoque laudatorio do que supón a riqueza xacobea para Galicia, incidindo na riqueza espiritual e inmaterial. Tampouco está ausente unha ollada crítica e intimista; lírica.
Deixamos que os seus versos xacobeos nos falen e movan nosos corazóns e sentimentos.
Paula é unha artista moi creativa e completa, moi sensible. Reclama amor e atención, pensa con ensoñación que o propio Santiago  é o seu mociño; pois, vese precisada de afecto (como todos); ela busca, é unha persoa con inquedanzas.
Xa ten unha calidade literaria máis que aceptable e posúe xa certa obra en cantidade e calidade; sen dúbida, o paso do tempo e a práctica literaria axudaránna a se consolidar como unha sensible e grande artista. 
Parabéns, Paula, e segue a gozar da túa creatividade, facendo tamén desfrutar aos demais.

A nosa amiga e compañeira Paula Cascallar Latorre comparte, neste Día Internacional do Libro, unha súa publicación sobre Compostela que podedes ver, clicando aquí:





FELIZ DÍA DO LIBRO!

A CERVANTES QUE QUERÍA SER POETA





jueves, 2 de abril de 2020

POEMA DE PAULA CASCALLAR LATORRE




SANTA MARIÑA

Tres picos no corazón,
tres fontes d’auga bendita,
tres veces dixo o credo
a mártir Santa Mariña.

Seu corpo contra o imperio
deulle a Allariz a vida;
o gobernador romano
na súa alma non cría.

Era unha mimosa flor,
da veciñanza a alegría
coma a chuvia criadeira
a flor bonita do día.

Botábase á labranza.
Orfa da súa mamaíña,
non conseguiu máis colleita
cós amores da Galiza.

Debaixo dun vivo roble
sentaba fía que fía:
Olibrio con peites de ferro
non foi quen de posuíla.

Mariña era a natureza;
a auga tocaba a lira,
o tambor, coma a parede,
eran a pel da meniña.

Ana non puido facer nada
máis que tomala por filla
ate que, incluso o pai mouro,
tomárona por sandía!

Pra lixa-la súa pureza,
azoutes e maravillas:
os de alí tamén calaron,
as torturas foron ditas!

Moito pensou no cabozo
aquilo que era a xustiza,
o que tal fora o amor...
O que a soidade consinta!

Cinguida polo pescozo
tivo na voz unha espiña:
“quen me queira, que me acuda”,
mais non houbo quen a oíra!

A muller quere vestir
aquelas roupas que ardían,
ser peixe daquel estanque;
que San Pedro vai acudila!

Saborosa coma o pan,
debeu de parecerlle rica:
meteuna dentro do forno...
afogándose na cinsa.

Non abrandou o corazón
da pobre Santa Mariña
o desexo do infiel
que lle veu quitar a vida.

Por ela pasaron penurias,
primaveras reverdecidas,
e augas que fixo santas
coa súa fe convencida.

A moito que a maltrataron,
curouse das súas feridas;
mais a dor do seu sentir
os quince anos cumpría.

O santuario que está alí,
o musgo e mailas herbiñas,
son a memoria da santa,
pois ela non tiña familia...

Dixo: credo, credo, credo!
E así se lle decapita:
tres fontes fixo nacer,
das que sempre se bebía.