Mostrando entradas con la etiqueta Xermán Manuel Torres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xermán Manuel Torres. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de octubre de 2021

VII XORNADA FILGUEIRA DEDICADA A ALFREDO GARCÍA ALÉN (1923-1981)

 

Alfredo García Alén era un experto en olaría galega


Xuntámonos para honrar e falar sobre a figura do gran intelectual pontevedrés Alfredo García Alén, xunto co seu mestre Filgueira Valverde, un valedor e figura indiscutible do Museo de Pontevedra, o pasado sábado, día 16 de outubro de 2021. Ao rematar a CXIII Mesa das Verbas, lembramos a García Alén, e na mesa presidencial do coloquio estiveron Xosé Fernando Filgueira Iglesias, presidente da Fundación Filgueira Valverde, Xosé Ramón Quintáns Suárez, mestre e amigo persoal do homenaxeado, e Xermán Manuel Torres, mestre e apaixonado de todo o que teña que ver con Xosé Fernando Filgueira Valverde (1906-1996).

Estivemos en animada conversa na que tamén aportaron as súas opinións Ramón Torrado, mestre, que nos agasallou cun testemuño persoal sobre o profesor Filgueira Valverde. E a profesora Isabel Peleteiro que fixo preguntas e suxestións moi atinadas.


Algúns continuamos o parladoiro no café bar La Marina en agradable e interesante compaña.

 

O mestre Xosé Ramón Quintáns Suárez na compaña de familiares do profesor Filgueira Valverde


Xosé Fernando Filgueira Iglesias coa súa dona e unha amiga da mesma


O grupo en animada conversación, agás Xermán M. Torres, autor das imaxes



Decidiuse que a VIII Xornada Filgueira, sempre en Galicia, a do ano que vén, estea dedicada a:

FILGUEIRA VALVERDE, PROFESOR






jueves, 7 de enero de 2021

PERFOMANCE DE PAULA CASCALLAR

 Paula Cascallar Latorre agasallounos coa seguinte proposta estética, por medio do seu monólogo QUERER OU NON QUERER:



Imaxe de Alberto Avendaño


E o seguinte vídeo de Xermán Manuel Torres subido a youtube por Paula Cascallar:


https://youtu.be/YE8-R3GffaU  


lunes, 16 de marzo de 2020

SAIREMOS DESTA!

En París retratado por Carme Sánchez preto da estatua de W. Churchill


Cando che digan
que son tempos difíciles;
que esto é a fin,
que estamos na noite dos tempos.

Berra con forza:
sairemos desta!

Porque parece que non temos remedio,
que a Humanidade non ten solución
que o Homo Sapiens é un depredador,
que non facemos máis que crear problemas!

Berra con forza:
sairemos desta!

Pasamos por moitas,
hai xente que sofre.
Houbo e hai guerras e pandemias,
somos egoístas e materialistas.

Sairemos desta!
Aínda que nos coste:
"Sangue, suor e bágoas".

XERMÁN MANUEL TORRES
16/03/2020  20:00
En estado de confinamento

Non hai que ter medo da pobreza nin do desterro, nin do cárcere, nin da morte. Do que hai que ter medo é do propio medo. (EPICTETO)