Xuntámonos un grupo de amigos e amigas para celebrar a CIV Mesa das Verbas e a VI Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia, acompañounos e presidiu o acto a Concelleira de Cultura Sonia Outón, con quen compartimos mesa X. Fernando Filgueira Iglesias, fillo de D. Xosé e actual Presidente da Fundación Filgueira Valverde, quen representaba á familia do noso homenaxeado, agradecemos a Sonia Outón os seus apoios á Mesa das Verbas e a Fernando Filgueira a asistencia del e dalgúns familiares a este novo econtro, arroupaba tamén a mesa Xermán Manuel Torres, Presidente da Asociación Cultural Mesa das Verbas.
Todo ía transcorrer entre versos e verbas, abríu o acto cunhas fermosas e sentidas palabras de acollida e de benvida o noso amigo e compañeiro Xosé Ramón Quintáns, que tamén agradeceu a presenza da familia Filgueira e tivo palabras de loubanza para o seu profesor e eminente home da nosa cultura Xosé Filgueira Valverde.
Tivemos como sempre o recital poético, na primeira parte, onde se declamaron algunhas das cantigas de D. Xosé, da súa obra 6 cantigas de mar in modo antico.
Participaron no recital:
Xosé R. Quintáns, Luis González, Maru (quen leu un poema da nosa querida compañeira Isaura Lago), Paula Cascallar, Manuel Lage, Al Guanella (que recitou un fermoso poema de Rafael Alberti dedicado ao seu can), Rafa Villar e Xermán Manuel Torres.
Na segunda parte, Xermán presentounos o seu libro: Antón Fraguas Fraguas e Xosé Filgueira Valverde, dous grandes amigos na galeguidade. Novas Ediçoes Academicas, 2020. E disertou sobre: Antón Fraguas e Xosé Filgueira, dúas vidas que converxen. A continuación houbo un pequeno coloquio que abriu X. Fernando Filgueira Iglesias, que recoñeceu o labor dos galeguistas do interior que souberon manter aceso e vivo o lume do galeguismo en circunstancias adversas. Pechou o acto a representante do Concello no acto Sonia Outón quen subliñou o labor de tantas persoas que en circunstancias moi difíciles traballaron pola lingua e pola cultura galega.
Logo trasladámonos á terraza do bar A Tertulia da Avenida da Mariña, onde seguimos en animado e agradable parladoiro.
E isto foi todo amigos, ata outra millorada!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario