IMAXE: LA VOZ DE GALICIA
VIVA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
Na Mesa CX, do próximo 29 de maio renderemos unha homenaxe a Xela Arias co recitado dalgún dos seus poemas e tamén nos lembraremos de Lois Pereiro no XXV aniversario do seu pasamento.
Navegaremos pola páxina web da Real Academia Galega:
Tamén visitaremos a web da Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña:
Agora transcribimos o editorial do noso boletín Medulio, correspondente ao mes de maio de 2021:
DISQUISICIÓNS
E CONXETURAS SOBRE A LINGUA GALEGA
Disque a situación da
lingua galega hoxe é mala. Que unha grande maioría do pobo dálle as costas á
nosa lingua. Parece ser que se están a perder falantes. A mocidade, agás
honrosas excepcións, non ten inquedanzas por valorala e utilizala. Que o
abandono da aldea ademais de ser negativo por moitas circunstancias tamén é un
motivo do abandono do noso idioma.
Cales poden ser as causas
de tal desfeita idiomática, cando a lingua e a literatura nosas estúdanse nas
escolas e nos institutos e hai un uso institucional da lingua?
As causas son múltiples e
inciden moitos factores. Na mocidade os seus xogos, as súas películas, as súas
cancións non están na lingua de Breogán, os medios de comunicación con máis
audiencia pasan do galego. E temos que recoñecer que radio e a televisión
autonómicas non son de moi boa calidade. Tiña que haber un canle en galego para
os máis novos e con programas de moita calidade e de interese para nenos e
mozos. (Xermán
Manuel Torres)
No hay comentarios:
Publicar un comentario