DOMINGO 27-O6-2021:
CLAUSURA DA FEIRA DO LIBRO DO EVENTO VILAGARCÍA CIDADE DE LIBRO, NA QUE A MESA DAS VERBAS CONTOU CUNHA CASETA PARA ATENDER AO PÚBLICO.
Nun primeiro e apurado balance, concluímos que o evento VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO e dentro del A Feira do Libro constituiu un acontecemento moi positivo para a nosa cidade de Vilagarcía de Arousa. E A Mesa das Verbas amosa a súa satisfacción por ter participado nesta interesante actividade. Agradecemos ao Concello de Vilagarcía por ter contado con nós. Que nos brindamos a seguir colaborando neste evento ao que lle desexamos longa vida, como dicía o grande poeta Álvaro Cunqueiro que goce de mil primaveras máis.
A nosa Asociación, no seu día, nunha asamblea informativa, fará unha análise pormenorizada da nosa participación, facendo unha autocrítica, realizar un balance e propoñer ideas de mellora na nosa futura e hipotética participación, desexada por todos.
Nesta edición pasou moita xente pola nosa caseta, á que informamos que é iso da Mesa das Verbas e a que nos dedicamos. Foi un intercambio moi agradable e gozoso co público.
Distribuímos 400 exemplares da nosa revista poética ANACO, editada por xentileza do noso Concello.
Vendemos 77 números do noso boletín mensual MEDULIO.
E participaron moitos dos membros da Mesa das Verbas, simpatizantes e socios.
E ata outra mellorada!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario