sábado, 30 de julio de 2022

QUINTÁNS FOI DURMIR FÓRA

 


O noso amigo en compañeiro, nacido en 1940, vén de falecer ás 01:00 hs. do sábado, 30 de xullo de 2022. RIP

ACRÓSTICO A
XOSÉ RAMÓN QUINTÁNS SUÁREZ
(XULLO, 2022)

Xosé Ramón Quintáns Suárez é un honor
o contar contigo, compañeiro das verbas,
ser cal es ti, persoa de feitos e de amor
e bravo "kallaikoi" desta terra galega.

Recibe do teu impenitente amigo
a grande estima por tamaña valía,
mentor que compartes poesías comigo.
Onde esteas, serei a túa compañía,
nunca heiche fallar, fin do confín que sigo.

Queira o ceo que estes fraterno anhelos
urdan axiña por Trabanca Sardiñeira,
interiorizando afáns e sentimentos
na cana dos meus mortais ósos de poeta,
ti, que es merecente dos patrios loureiros
a eles chos cingo no nome da beleza
nestas terras, nestes mares que feiticeiros
soñaches ceibe en indelebles poemas.

Sempiterno arousán de pro, ditoso es!
utópico fistor polas musas unxido,
alma que xeme e canta e nos ceos le,
revelándonos idos mundos esquecidos
en inspirados e rimados versos de seu
zoas polos menceres cal merlo ferido.

         Luis González Bravo "Lois do Salnés"

Lendo o seu premiado Conto de Nadal

Na súa derradeira intervención nun acto da Mesa das Verbas, foi en Catoira o sábado, 28/05/2022
Rodeado de amigos


Intervención na Xeira de Catoira (28/05/2022)
Que tanta ledicia lle causou

XOSÉ RAMÓN QUINTÁNS SUÁREZ, IN MEMORIAM

(Imaxes: a primeira de Andrea F. Maneiro "Nei", a segunda de Xermán Manuel Torres, a terceira e o vídeo de Tere Briones)


DOMINGO, 31/07/2022:

- Ás 18:15 h. traslado do tanatorio á igrexa parroquial de Santiago Apóstolo de Carril.
- Ás 18:30 h. Paraliturxia da Palabra na igrexa parroquial de Santiago Apóstolo de Carril e posterior inhumación dos seus restos mortais no cimeterio municipal de Carril.

LUNS, 01/08/2022:

- Ás 18:30 h. funeral pola alma do noso irmán, tamén no templo da parroquia de Carril






7 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Foi moi curto
    Pra min o tempo
    na túa solaina.
    Agora pertences ao ar
    todo e teu
    coma as verbas,
    sempre ceibe
    mestre.
    Ata o infinito

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Carmen, amiga, Quintáns estaba moi contento, como estamos todos nós, coa túa incorporación á Mesa das Verbas.
      Ahora temos outro compañeiro
      que se foi durmir fóra como adoita dicir o noso admirado don Xesús Alonso Montero.

      Eliminar
    2. Dou grazas por habelo coñecido
      Onte a través da súa irmán souben que falaba de min e de todos nós.
      Durme agora mestre,chegou a hora de cas túas verbas falen por ti.
      Grazas Germán.
      Por el especiálmente,e por todos vós intentarei sempre manter, unha altura poética e unha dignidade e calidade humán.
      Reitero a miña gratitude

      Eliminar
  3. Don Ramón Quintáns. Sentido pésame aos seus familiares. E unha gran perda para todos nos.

    ResponderEliminar
  4. Se fue un bardo de la palabra. Qué tus poesías rezumen amor en todo el cielo. Q.P.D.

    ResponderEliminar