jueves, 25 de agosto de 2022

Xesús Alonso Montero dedica a súa columna á Mesa das Verbas

 


O sábado, 30 de xullo de 2022, escribiu o que segue na páxina 39 de La Voz de Galicia


Grazas, benquerido don Xesús!


TRANSCRICIÓN

Alonso Montero, X. (Sábado, 30/08/2022). A mesa das verbas. Beatus qui legit. La Voz de Galicia, 39.

 

A mesa das verbas

Así se chama unha asociación de poetas de Vilagarcía de Arousa que, desde hai máis de vinte anos, protagonizan e promoven actividades literarias ausentes noutros concellos ou comarcas de Galicia. É de elemental xustiza gabar e alentar entidades destas características e desta biografía. Editan Anaco. Revista Poética da Mesa das Verbas, que subvenciona o Concello (parabéns!) e da que acaba de saír o nº 7, un volume con textos poéticos de vinte autores entre voces masculinas e femininas.

Quizais a algún lector moi purista o sorprenda a voz “verba” por “palabra”, pero, non sendo patrimonial no galego, ten sido empregada, ata que chegou o douto maxisterio do Instituto da Lingua Galega, por bastantes escritores e nalgúns dicionarios. Eu mesmo en 1953, xa finalizada a carreira de Filoloxía Románica, escribín un artigo co título Filoloxía e historia cultural da verba saudade, que publicou Galaxia no volume colectivo La saudade (R. Piñeiro, García-Sabell, Rof Carballo...).

Ademais de Anaco, a asociación edita un Boletín da Mesa das Verbas que nos informa sobre importantes actividades. No nº 43, por exemplo, publica os tres poemas gañadores do I Concurso de poesía en lingua galega Xaquina Trillo, a interesante poeta de Vilagarcía (1916-2004). Non carecen de interese os textos, de autor xuvenil, premiados: Alma Zamora Pérez, Diego Outón Carrión e Xiyao Hu Zhu, que é unha mociña de orixe oriental. Noutro número, o 46, o poeta homenaxeado é Baldomero Isorna, de Catoira (1908-1986), e noutra ocasión foino Manuel Blanco Mariño, carpinteiro de oficio e nobre voz proletaria (1929-2021). Asociación tan disposta a lembrar aos poetas da comarca non esquecerá, entre os clásicos, a Aquilino Iglesia Albariño, e entre os de hoxe, a Gonzalo Bouza-Brey, que xa dorme fóra.

A revista desta farturenta “mesa das verbas” dirixida con entrega e entusiasmo polo profesor Xermán Manuel Torres, acolle versos en galego e en castelán de cantos e cantas senten a chamada da escrita. Xa virán a historia e a crítica literaria coa súa severa peneira. Pero a desta revista é unha convocatoria de portas abertas.



domingo, 14 de agosto de 2022

VOARON VERSOS NO AR DO GROVE - 13-08-2022 20:30

 





Imaxe: Xermán Manuel Torres

Imaxe: Mingos

Pasei un día no Grove
non o puiden olvidare


REPORTAXE GRÁFICA ENVIADA POR QUECO FRESCO
DE LETRA ENXEBRE









APORTACIÓN DE Mª JOSÉ RUBIANES:


MICRO VÍDEO DE XERMÁN MANUEL TORRES:



REPORTAXE DE TERE BRIONES:




























domingo, 7 de agosto de 2022

CXXIV MESA DAS VERBAS - 06-08-2022 - REPORTAXE GRÁFICA

 

D. XESÚS ALONSO MONTERO na hora café no Gambrinus (Imaxe: Xermán Manuel Torres)

D. Xesús revisando unhas notas no Gambrinus (Xermán Manuel Torres)

D. Xesús disertando extraordinariamente sobre D. Antonio Machado (Instantánea de Roberto Abal)


Micro vídeo da autoría de Andrea F. Maneiro

D. Xesús impartido a súa conferencia (Roberto Abal)

(Roberto Abal)

(Roberto Abal)

(Roberto Abal)

IMAXES DE XOSÉ DUARTE RAÑÓ:







FOTOGRAFÍAS DE TERE BRIONES:

(DETALLE)








AGORA UNHA INSTÁNTANEA XENTILEZA DO GRUPO "NÓS" DE SOBRADELO:



CONFERENCIA:

D. Xesús Alonso Montero: O nome e a obra de Antonio Machado no tempo da ditadura franquista.

1º PASE GRUPO DE BAILE DA ASOC. "NÓS": Muiñeira de Toutón.

I QUENDA DO RECITAL POÉTICO:

- Enrique Brumbéck: Profecía de Rafael de León

- Carmen Abalo: Festas de Vilagarcía

- Luís González: Adro Vello

- Tere Briones: Facendo camiño

- Carmen Castejón: A solas

- Manuel Lage: Urdime

2º PASE: O GRUPO XIABRE DA A. C. "NÓS": Polavila da Fonsagrada.

II QUENDA DO RECITAL POÉTICO:

- Maru Rivadulla: Anoche cuando dormía de Antonio Machado

- Mª José Rubianes: Noche serena

- Queco Fresco: Pregúntome se somos cómplices

- Dula Piñeiro: Eu

- Xermán Manuel Torres: Canto de amor en tres tempos

3º PASE: O GRUPO DE BAILE DA A. C. "NÓS": Regueifa e a Xota de San Salvador.


IMAXES DE ANDREA F. MANEIRO:

























Montse García entrevista o venres, 05-08-2022 a Xesús Alonso Montero no programa Hoy por Hoy Arosa de Radio Arosa-SER sobre a conferencia que pronunciou o 06-08-2022  19:00 no parque da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa.

TRACK (tramo): 59:54 - 1:04:43