lunes, 27 de marzo de 2023

ESTIVEMOS EN GUILLÁN

 O pasado sábado, 25 de marzo de 2023, desde as 18:00 h. visitamos o barrio vilagarcián de Guillán e na súa Casa de Cultura celebramos a CXXXI Mesa das Verbas. Tivemos unha divertida actuación de Al Guanella coa súa cadeliña Tana e un recital poético con micro aberto.

Constatamos que no noso Concello hai unha red importante de casas de cultura nos barrios, pero practicamente infrautilizadas. Habería que realizar un circuíto de actividades culturais e recreativas ao longo de todo o ano. Vilagarcía de Arousa é moito máis que o Auditorio Municipal e a Praza de Galicia, hai que ampliar o campo, os barrios e o rural existen, tamén no plano cultural. Habería que impulsar unha política cultural descentralizada e democratizar a cultura. Todo é cuestión de actitude e de potenciar os grupos artísticos locais e darlle vida e dinamizar nosas casas de cultura. Nós, niso estamos.










jueves, 23 de marzo de 2023

ENCONTRO NA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA


 O pasado luns, 20 de marzo de 2023, desde ás 12:30 h. e ata as 14:00 h. mantiveron un encontro moi agradable e construtivo noso presidente Xermán Torres, noso secretario Luís González con Valentín García (Secretario Xeral de Política Lingüística), Elvira Casal (Subsecretaria), acompañados e respaldados pola Deputada Autonómica Elena Suárez. O obxectivo xeral da reunión, ademaís do coñecemento mutuo e de favorecer a relación persoal e social, era establecer canles de colaboración entre a Secretaría Xeral e a Mesa das Verbas. Cuestións, coidamos plenamente conseguidas despois de tan acolledora e humana entrevista. Nosa gratitude por ser tan ben tratados e por ter aberto unha liña de traballo e de colaboración.