Os libros son as abellas que levan o polen dunha intelixencia a outra. (James Russell Lowell).
Ler é multiplicar e enriquecer a vida interior. (Nicolás de Avellaneda).
A imprenta é un exército de 26 soldados de chumbo co que se pode conquistar o mundo. (Gutenberg).
A lectura é as veces unha estrataxema para eludir pensar. (Arthur Helps).
Os libros antigos son os libros da mocidade do mundo, e os novos son o froito do seu tempo. (Oliver Wendell Holmes).
O meu psicoanalista é a miña máquina de escribir. (Ernest Hemingway).
Non hai libro tan malo do que non se poda aprender algo bo. (Cayo Plinio "O mozo").
Ningunha profesión é tan estéril como a do literato. (Giacomo Leopardi).
Perseguindo a un escritor auméntase o seu prestixio. (Cayo Cornelio Tácito).
Que pode ser o escritor senón unha paixón sostida da linguaxe? (Pere Gimferrer).
Que mágoa morrer, coa a de libros que lle quedan a un por ler. (Marcelino Meléndez Pelayo).
Unha palabra rara é, nunha páxina, como un adoquín levantado nunha rúa. (W. Fernández Flores).
Un mal escritor é alguén cuxa vida resulta máis interesante que a súa obra. (John Irving).
Un escritor é un historiador imaxinativo que pode achegarse máis que os sociólogos á realidade contemporánea. (Saúl Bellow).
No hay comentarios:
Publicar un comentario