lunes, 4 de noviembre de 2024

AGASALLO DA MESA DAS VERBAS PARA O NOSO SOCIO DE HONRA: D. XESÚS ALONSO MONTERO

 




D. Xesús Alonso Montero, erudito home da literatura e da cultura galegas, fainos o galano de ser noso amigo e admirador da Mesa das Verbas e ten colaborado connosco en múltiples ocasións. Pola relación de amizade e de admiración mutuas, o noso presidente, o día 1 de novembro de 2024, fíxolle entrega dun agasallo no nome da nosa Asociación como demostración do noso agarimo pola súa persoa, sempre coherente coas súas ideas e co seu compromiso de defensa da lingua e da cultura galegas. Para nós é un modelo de integridade moral ao ser sempre un "obreiro da causa galega".




No hay comentarios:

Publicar un comentario