domingo, 23 de febrero de 2025

FLORES PARA ROSALÍA NO SEU DÍA

 



Estas dúas imaxes de Charo Orive

Rosalía, a de ollos grandes
e mirada melancólica,
a de corazón inmenso
para mirar e amar
á nosa querida Galicia.
(Xermán Torres)

Enmeigabas as Verbas
que saían da túa man,
embruxando sen descanso.
Quen as poidera atopar?
Sumerxida neste mundo
onde custaba amosar
todos os teus sentimentos
que estaban a florecer.
(Dula Piñeiro)

Rosalía muller de alma romántica
entregada á poesía desde mui curta idade.
Miles de versos e poemas dedicados
á súa benquerida Galicia
van e veñen a percorrer o mundo
desde sempre e para sempre.
(María Carmen Rivadulla "Maru")

Rosalía muller
para recordar sempre
unha grande poeta
e con moito temple.
(Pilar Lojo) 

Lugar máis fermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera.
Lugar máis fermoso
no mundo n'achara
que aquel de Galicia,
Galicia encantada!
(Versos que Pilar Lojo atribúe a Rosalía de Castro)

NOS QUEDOU O VERBO

Nos quedou o verbo latindo na alma
vivindo coa túa morte, Rosalía;
orfos herdamos xenerosa grafía
nos versos que o silencio declama.

Dende o máis alá dun mindo de calmas
nos falas muller nas túas poesías,
e andas negra sombra noite e día
suspirando pola Galicia que amas.

Non, non o sabes ti ben... déchesnos tanto!...
que agasallados quedamos co teu don;
eu nas ringleiras das páxinas che planto

palabras que me saen do corazón
e agardo florezan na voz dos cantos
polas albas bicadas, alá por Padrón.
(Luís González Bravo "Lois do Salnés)

Algúns chamaban a Rosalía
a "chorona" polo seu sentimento,
pero iso fai que nos sintamos o amor
que ela tiña a Galicia, á súa terra
e ás súas xentes.
Inesquecible Rosalía,
outros virán, mais ti es única.

CEIBOS DE SABUCEDO

Levade cabalos bravos todas as penas,
correde polos montes e carballeiras,
bebede no riachuelo de frescas augas.
Saltade. Gozade.
Que eu véndovos estarei leda.
E fuxirán convosco 
as tristuras antigas.
Levade, levade cabaliños
as miñas penas.
(Sole Cabezuelo)

Con melancolía miran para o mar
os que noutras terras
teñen que buscar pan.
(María Carmen Rivadulla "Maru")

ROSALÍA

Chove,
nas rúas composteláns
chove,
e coas pingueiras
resoa o teu canto,
apegado aos vellos soportais

Chove
paseniño, paseniño,
mentres o eco
do teu soño
alumea nas nosas almas.
(Augusto Guedes)

LUISMI CON ROSALÍA EN PADRÓN

ROSALÍA HOXE E SEMPRE
ALOUMIÑÁNDONOS.
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!
(Carmen Castejón)

Rosalía siempre será recordada
como una diosa en poesía
y en su forma de escribirla;
su recuerdo será imborrable.
(Carme Darriba)

Rosalía mujer melancólica
que plasma en el papel
poemas inolvidables.

Tus lágrimas se derraman
sobre tus simbólicas letras
componiendo maravillosos versos
en una simbiosis perfecta.
Llevas a Galicia por bandera,
matriarca de la bella
y rica lengua gallega.
(Marisa Jamardo)

Rosa sempiterna
Lia eterna.
Su Poesía y Prosa
palabras poderosas.
Siempre vigentes
pasado y presente.
Memoria de Galicia
fue mujer de justicia.
Romántica, generosa,
prodigiosa, asombrosa.
Hoy te recordamos,
Rosalía, te amamos!!
(Luismi)

A escritora de alma triste
e saúde decaída,
ama con forza ao seu pobo,
ten nostalxia de Galicia.
Nos seus poemas falaba
con paixón da súa terriña
e cando vai lonxe dela
sente tristura e morriña.
Nosa lingua é desprestixio
daquela que escribe en galego,
salvando o desinterese
e rachando co desprezo...
(Tere Briones)

Mansamente...
Mansamente...
Por Padrón
descorren as augas túas...
en busca da nosa ría.
Lixeiriño...
Lixeiriño...
Que te agardan
Carril e Vilagarcía.
(Ramón Torrado)













martes, 4 de febrero de 2025

CONCURSO CARTAS DE AMOR - 14-02-2025

 


PREMIADOS

FOTO: Roberto Abal: 3º Premio- Mª José Rodríguez; 2º - Luismi; 1º - Paula Cascallar
Presidiron o acto de entrega: Luis Glez. de la Ballina (CCA), Ramón Torrado e Lois do Salnés (Mesa das Verbas)

PARABÉNS AO PREMIADOS E VELAQUÍ SEUS TEXTOS:

Primeiro premio: Paula Cascallar Latorre

2º Premio: LUISMI

3º Premio: María José Rodríguez García