jueves, 14 de agosto de 2025

I XORNADA DE POESÍA E CANTARELA EN SERVISENIOR - AS CAROLINAS - VILAGARCÍA DE AROUSA


Está prevista a participación de: 

1.- Maru
2.- Charo Orive
3.- Dula
4.- Roberto Abal
5.- Xermán Torres
6.- Pilar Lojo
7.- Sole
8.- David
9.- Fon Rey
10.- Ramón Torrado
11.- Jean Carballo
12.- Encarna
13.- Marcelino Romero
14.- Carlos Rey
15.- Isabel Peleteiro
16.- All Guanella
17.- Nasuko
18.- Paco, pintor
19.- Alexandra
20.- Manuel Lage
21.- Lois do Salnés

O venres, 22 de agosto de 2025, a partires das seis da tarde, no Gambrinus do Centro Comercial Arousa teremos ensaio xeral e as indicacións precisas para o desenvolvemento correcto da xornada do día 29.

Poemas que se vaian a recitar teñen que ser curtos, o máximo de curtos posible e que iremos intercalando co seguinte repertorio de cancións populares.

EN GALEGO:

- A Virxe de Guadalupe
- Ai, Pepiño adiós!
- Teño un amor en Rianxo
- A saia da Carolina
- Catro vellos mariñeiros
- Quen puidera namorala
- Ollos verdes son traidores...

EN CASTELÁN:

- La Bamba
- La Chica Ye-Yé
- Eres Tú
- Un ramito de violetas
- Resistiré

Esta é a proposta coa intención de ter a vivencia duns intres de agradable convivencia.

Velaí vai unha pequena reportaxe gráfica do ensaio deste pasado venres 22 no Gambrinus, con imaxes de Xermán Torres e de Roberto Abal:







Para todos os membros da Mesa das Verbas esta foi unha xornada memorable e inesquecible. Grazas a todos, á residencia SEVISENIOR e a súa directora Laura, ao noso introductor e presentador Marcelino Romero, ao noso amigo Carlos Rey e a todas as meseiras e meseiros presentes. Moito agarimo para todos.

REPORTAXE GRÁFICA GRAZAS A PILAR LOJO E A ROBERTO ABAL




















ATA OUTRA MILLORADA!

Vídeoclip facilitado por Marcelino Romero con Carlos Rey en acción


Despois da xornada en Servisenior celebramos o parladoiro semanal no bar NOVAS CAROLINAS.

Fotografías xentileza de Marcelino Romero.





E agora si, isto foi todo amigos!!!
































































 

viernes, 8 de agosto de 2025

A NOSA AMIGA YUNGA LLOVO FOI DURMIR FÓRA, 07-08-2025

Yunga Llovo no centro da imaxe


Nosa querida amiga Yunga Llovo, admiradora e seguidora de sempre, desde o principio da Mesa das Verbas, en expresión de don Xesús Alonso Montero foi durmir fóra. Yunga cruzou á outra orela, está xa no alén. Acompañamos á súa familia nestes intres de dor. Lembraremos por sempre a esta fiel seguidora e colaboradora. Ela foi durante uns anos profesora de Francés do IES Castro Alobre, unha persoa culta, afable, agarimosa. Moito temos falado do seu parente Anxo Casal, editor da famosa editorial Nós de Compostela, foi alcalde de Santiago, un alcalde galeguista, cousa que lle custou a vida. Agarimo nos recordos que nos quedan de Yula e nosa solidariedade e pesadume polo seu pasamento. Que a terra lle sexa leve!

Yunga Llovo, in memoriam