viernes, 8 de agosto de 2025

A NOSA AMIGA YUNGA LLOVO FOI DURMIR FÓRA, 07-08-2025

Yunga Llovo no centro da imaxe


Nosa querida amiga Yunga Llovo, admiradora e seguidora de sempre, desde o principio da Mesa das Verbas, en expresión de don Xesús Alonso Montero foi durmir fóra. Yunga cruzou á outra orela, está xa no alén. Acompañamos á súa familia nestes intres de dor. Lembraremos por sempre a esta fiel seguidora e colaboradora. Ela foi durante uns anos profesora de Francés do IES Castro Alobre, unha persoa culta, afable, agarimosa. Moito temos falado do seu parente Anxo Casal, editor da famosa editorial Nós de Compostela, foi alcalde de Santiago, un alcalde galeguista, cousa que lle custou a vida. Agarimo nos recordos que nos quedan de Yula e nosa solidariedade e pesadume polo seu pasamento. Que a terra lle sexa leve!

Yunga Llovo, in memoriam

 






 

2 comentarios:

  1. Esas perdas! Acordeime eu onte do poema de David Harkins que dicía:
    Podes chorar porque marchou, ou podes
    sorrir porque viviu.

    Podes pechar os ollos
    e rezar para que volva,
    ou podes abrilos
    e ver todo o que deixou;
    o teu corazón pode estar baleiro
    porque non a podes ver,
    ou pode estar cheo do amor
    que compartichedes.

    Podes chorar, pechar a mente,
    sentir o baleiro e darlle as costas,
    ou podes facer o que á ela lle gustaría:
    sorrir, abrir os ollos, amar
    e seguir adiante.

    Voa viaxe, Yunga

    ResponderEliminar
  2. É a vida que pasa, todo pasa, mais todo queda, Yunga quedará na nosa lembranza en tantos actos poéticos compartidos.

    ResponderEliminar