domingo, 7 de diciembre de 2025

PARLADOIRO - COLOQUIO: Discapacidade e discapacidade en Vilagarcía de Arousa

 




O diluvio que caeu en Vilagarcía o día 5 deste mes de decembro, non impediu que cinco valentes acudiran ao parladoiro celebrado, en esta ocasión, no bar Novas Carolinas.

Marcelino Romero fixo a proposta de tratar un tema de moito interese sobre a discapacidade. Chegamos a conclusión de que ese termo non é moi axeitado xa que todos somos discapacitados en maior ou menor grao, mellor e falar das distintas necesidades de todo tipo que presenta calquera ser humano e que todos temos o noso lugar na sociedade, unha sociedade que ha ser por necesidade inclusiva. Aquí cabemos todas e todos. Debemos ser acolledores, empáticos, respectuosos. Superando todo tipo de barreiras e muros que nos separen.

E falando de barreiras arquitectónicas na nosa querida cidade de Vilagarcía de Arousa hai moito que mellorar e respectar toda a lexislación e normativas sobre o tema. Primeiro, nos edificios e instalacións públicos e en centros de atención e servicio a cidadanía como locais de hostalaría, comercios, oficiñas.

No deseño de rúas e prazas evitar e sinalar obstáculos, semáforos con sinais auditivas, colocación de rampas, arranxo de baldosas e elementos do mobiliario urbano deteriorados, colocación de pictogramas e axeitados paneis con todo tipo de informacións. Cumprimento das normativas sobre circulación de bicicletas e patinetes, máis presencia da policía local nas rúas e prazas da cidade. Para pemitir que persoas con necesidades especiais poidan circular e desfrutar da cidade como calquera outro cidadán. Cidades amables para os cidadáns na liña do que preconiza o pedagogo italiano Francesco Tonucci.

E Xermán Torres lembrou e falou da súa experiencia coa asociación AUXILIA, que funcionou con notable éxito en Vilagarcía a finais da década dos 70 e na década dos 80 do pasado século. E que pretendía facer visibles e facer valer os dereitos das persoas discapacitadas, ou con necesidades específicas de apoio, que naqueles anos eran nomeadas con apelativos pouco recomendables e dignos de esquecer. 

Trátase dun tema que debemos recuperar nos nosos parladoiros semanais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario