VII
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS/2026
CONVOCADO
E ORGANIZADO POLA MESA DAS VERBAS E O CENTRO COMERCIAL AROUSA COA COLABORACIÓN
DA SECRETARÍA XERAL DA LINGUA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE DA
XUNTA DE GALICIA
1.- Convócase este VII
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2026, ideado e organizado pola Asociación
Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa, coa colaboración do Centro
Comercial Arousa e da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, co fin de
promover a creación literaria en lingua galega.
2.- Poderá participar
calquera persoa que o desexe e acepte as súas bases. En caso de que a persoa
participante sexa menor de idade, deberá achegar a autorización de seu pai, nai
ou titor/a legal. Ademais, todos os participantes deberán xuntar unha
autorización de manexo dos seus datos persoais para os únicos efectos de
xestión do concurso. No caso dos menores, esta autorización deberá ser asinada
polos adultos responsables da persoa participante.
3.- Cada persoa poderá
presentar só unha obra, que deberá ser un relato curto escrito en idioma
galego, orixinal, inédito e que non fose publicado nin premiado en ningún outro
certame. O tema é libre.
4.- A extensión máxima
de cada obra será de dous folios por unha soa cara. As escritas nun procesador
de textos presentaranse nun tipo de letra Arial de corpo 11 e as manuscritas serán con letra lexible sen manchas,
emendas nin texto riscado nin ningún tipo de marca ou enmarcado, así como
carente de debuxos e de coloreados.
5.- O orixinal do traballo non pode levar ningún
sinal (agás o lema), marca ou calquera outra cousa que poida identificalo. O
traballo irá acompañado dun sobre pequeno a xeito de plica que levará o lema
escrito por fóra. Nel incluirase un documento cos datos do autor: nome e
apelidos, NIF, número de teléfono, enderezo postal e enderezo electrónico e
unha síntese do currículum vítae, indicando se posúe algunha publicación ou
premios. O sobre tamén conterá a
autorización para o manexo de datos e, no caso dos menores de idade, a de
participación (ver punto 2). Este pequeno sobre pechado estará dentro dun sobre
grande xunto co orixinal. O sobre grande, tamén pechado, levará escrito o mesmo
lema que figura no sobre pequeno.
5.- O prazo de entrega
será ata o 3 de maio de 2026 (inclusive). As obras serán depositadas nas urnas
que se colocarán para o efecto nas dependencias do Centro Comercial Arousa ou
serán enviadas ao seguinte enderezo postal:
VII
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2026
Centro
Comercial Arousa, Prolongación Parque A Xunqueira, s/n
36600,
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
6.- O Xurado estará
composto por persoas que as entidades promotoras do concurso designen e terá a
capacidade de dirimir e interpretar todo o relativo a este concurso. As súas
decisións serán inapelables e as persoas participantes aceptan todas as súas
resolucións. Os premios non poderán declararse desertos. O Xurado é o único
competente e con plena soberanía para interpretar e decidir sobre todo o
relacionado con este concurso. Os participantes declinan acudir a calquera
outro órgano xurisdicional ou xudicial e aceptan plenamente as decisións e a
resolución dirimidos polo Xurado deste concurso, renunciando a calquera outro foro.
7.- A entrega de
premios realizarase o sábado 16 de maio de 2026, véspera do Día das Letras Galegas,
dedicado este ano á escritora e xornalista Begoña Caamaño, á que se conmemora
con este acto. Será unha edición especial da Mesa das Verbas que se celebrará a
partir das 18:00 h. na sala de usos múltiples, no 1º andar do Centro Comercial
Arousa de Vilagarcía de Arousa.
8.- Os premios serán os
seguintes:
- 1º PREMIO: 400 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 100 € e diploma.
- 2º PREMIO: 300 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 € e diploma.
- 3º PREMIO: 200 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 25 € e diploma.
9.- Os autores ceden
todos os seus dereitos sobre as obras durante o prazo dun ano a partir da data
da entrega de premios, por se as entidades convocantes tivesen a oportunidade
da publicar as obras premiadas. Transcorrido ese ano, os dereitos reverterán de
novo nos seus autores.
10.- As obras non
premiadas poderán retirarse ata o 30/06/2025 sempre que se acredite debidamente
ser a autora ou o autor no momento da recollida. Despois desa data, serán
destruídas.
11.- A participación
neste concurso implica a total e plena aceptación destas bases.
Vilagarcía
de Arousa, 16 de marzo de 2026






