O Diario de Arousa, a quen felicitamos novamente polo seu XXV Aniversario, realizou unha entrevista en vídeo e nun artigo en papel no xornal (domingo 26/04/2026, p. 4), ao noso presidente Xermán Torres, quen fala da nosa Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa, que o vindeiro xaneiro-2027, cumprirá 16 anos. Xermán fala de nós, das nosas actividades, dos noso proxectos, de poesía, de libros...
Mostrando entradas con la etiqueta Xermán Torres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xermán Torres. Mostrar todas las entradas
sábado, 2 de mayo de 2026
sábado, 16 de diciembre de 2023
O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS E VILAGARCÍA DE AROUSA
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936), a institución científica e cultural privada máis importante de Galicia do século XX, vinculada á Universidade de Santiago de Compostela e á intelectualidade galega daquel tempo, destacando á importante Xeración Nós (Losada Diéguez, Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Cuevillas, Ramón Cabanillas, Xocas,...) e ao chamado grupo do Seminario, considerados epígonos do grupo Nós (Fermín Bouza Brey, Xosé Filgueira Valverde, Lois Tobío, Martínez López, entre outros), desenvoveu, nos seus escasos trece anos de vida, un labor insuperable e digno da máxima loanza a prol da nosa lingua galega e da cultura da Nosa Terra.
Parabéns ao SEG, merecente da nosa lembranza agarimosa e chea de admiración e respecto, na celebración do seu centenario (1923-2023).
Por medio dos dous documentos de inicio desta entrada queremos lembrar a relación do SEG coa nosa cidade e co noso Concello de Vilagarcía de Arousa, xa que practicamente ningunha institución oficial da nosa vila tivo en conta esta efeméride para render tributo e homenaxe aos homes e ás mulleres do SEG, agás da Mesa das Verbas, que celebrou unha das súas xeiras, en conmemoración de dito organismo, en Santiago de Compostela na sede do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o pasado 13 de outubro de 2023 e na anterior xeira en Pontevedra, a Mesa rendeu unha lembranza ao SEG na visita ao Museo de Pontevedra, en especial ás Salas dedicadas a Castelao, seminarista destacado.
Tamén o Faiado da Memoria, organizou e realizou a presentación dun libro da profesora Aurora Marco sobre a primeira muller seminarista.
Salvo estas dúas entidades culturais privadas vilagarcianas, practicamente ningún organismo oficial da capital arousá, ate o de agora, tivo iniciativa algunha e incluso se rexeitou algún ofrecemento xeneroso para organizar algún acto con esta importante e irrepetible ocasión.
A MESA DAS VERBAS tamén dedicará o seu parladoiro do venres 22 de decembro, a partires das seis da tarde no bar-cafetería LA MARINA, sito na Alameda de Vilagarcía para difundir os dous documentos do inicio desta entrada e render unha nova homenaxe ao SEG e destacar a súa relación con Vilagarcía de Arousa. Este parladoiro, como todos, está aberto a quen desexe participar e intervir. Vémonos, pois, o 22, ás seis da tarde na Marina.
Neste parladoiro tamén se distribuirán a nosa revista ANACO 10, xentileza do Concello de Vilagarcía de Arousa e o noso Boletín Medulio, o nº 62, correspondente ao mes de decembro de 2023.
Aí querémosvos ver!
(Foto cedida pola viúva de Luis Cordal Carús)
D. Julio, eminente vilagarcián, pertencente a unha ilustre familia de Vilagarcía de Arousa (un tío seu, que ten dedicada unha praza na nosa cidade, o Dr. Carús, autor dun importante e pioneiro estudo sobre o plancton da Ría de Arousa, e o seu irmán Luis Cordal Carús, que foi un querido dentista na nosa vila, home moi deportista que foi presidente do Arousa F.C. e fundador do Club de Mar). D. Julio foi un membro destacado do Seminario de Estudos Galegos, foi coautor con Lois Tobío e con Filgueira Valverde dun vocabulario galego-castelán con 16.000 entradas, alá no final dos anos 20, principios do 30 do pasado século XX.
IMAXES DESTE PARLADOIRO DO VENRES, 22/12/2023
CEDIDAS POR LOIS GONZÁLEZ E ROBERTO ABAL
martes, 28 de noviembre de 2023
FINA CASALDERREY PRESENTA A muller xabaril EN VILAGARCÍA
Se ledes esta interesante e magnífica novela da nosa amiga, a grande escritora galega Fina Casalderrey, entenderedes a inclusión deste pasodoble. E animádevos todos a participar nesta presentación en Vilagarcía este próximo xoves, día 30.
REPORTAXE GRÁFICA DE XOSÉ DUARTE RAÑÓ, FOTÓGRAFO E ARTISTA,
FOTO RETOCADA E RESTAURADA POR MARCOS GARCÍA CASALDERREY
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















