sábado, 29 de mayo de 2021

RAFA GÓMEZ FARIÑA NA CX MESA DAS VERBAS

 O noso querido amigo e compañeiro Rafa Gómez Fariña ceiba no ar de Arousa versos solidarios na CX edición da Mesa das Verbas. Facía moito tempo que Rafa non participaba nunha Mesa. Á fin témolo recuperado, unha nova moi feliz para todos.

A poesía é convivencia amical, a poesía é vida!






lunes, 24 de mayo de 2021

CX MESA DAS VERBAS - 29-MAIO- 6 DA TARDE


Prezados amigos:


Este próximo sábado 29 de maio, a partires das seis da tarde, teremos a edición CX da Mesa das Verbas coa colaboración e patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación Provincial de Pontevedra.
Homenaxearemos á poeta Xela Arias, a quen este ano estivo dedicado o Día das Letras Galegas.
Tamén teremos unha lembranza para o poeta Lois Pereiro, co gallo do XXV Aniversario do seu pasamento.

Contaremos coa actuación poética de Enrique Brumbéck e José Tizado, patrocinada polo programa PONTEGAL da Deputación Provincial.

E todos os que queiran poderán ceibar seus versos ao ar de Arousa.

SAÚDE E POESÍA!!!

domingo, 16 de mayo de 2021

NA MESA DO 29 HOMENAXEAREMOS A XELA ARIAS E LEMBRAREMOS A LOIS PEREIRO

 


IMAXE: LA VOZ DE GALICIA

VIVA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Na Mesa CX, do próximo 29 de maio renderemos unha homenaxe a Xela Arias co recitado dalgún dos seus poemas e tamén nos lembraremos de Lois Pereiro no XXV aniversario do seu pasamento.

Navegaremos pola páxina web da Real Academia Galega:

www.academia.gal


Tamén visitaremos a web da Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña:

www.bvg.udc.es 


Agora transcribimos o editorial do noso boletín Medulio, correspondente ao mes de maio de 2021:

DISQUISICIÓNS E CONXETURAS SOBRE A LINGUA GALEGA

Disque a situación da lingua galega hoxe é mala. Que unha grande maioría do pobo dálle as costas á nosa lingua. Parece ser que se están a perder falantes. A mocidade, agás honrosas excepcións, non ten inquedanzas por valorala e utilizala. Que o abandono da aldea ademais de ser negativo por moitas circunstancias tamén é un motivo do abandono do noso idioma.

Cales poden ser as causas de tal desfeita idiomática, cando a lingua e a literatura nosas estúdanse nas escolas e nos institutos e hai un uso institucional da lingua?

As causas son múltiples e inciden moitos factores. Na mocidade os seus xogos, as súas películas, as súas cancións non están na lingua de Breogán, os medios de comunicación con máis audiencia pasan do galego. E temos que recoñecer que radio e a televisión autonómicas non son de moi boa calidade. Tiña que haber un canle en galego para os máis novos e con programas de moita calidade e de interese para nenos e mozos.                                  (Xermán Manuel Torres)



viernes, 14 de mayo de 2021

Xosé Ramón Quintáns Suárez na CIX Mesa das Verbas

 O noso querido amigo e grande poeta Xosé Ramón Quintáns Suárez ceibando os seus versos na pasada CIX Mesa das Verbas.

Desexamos ver publicado axiña o poemario do amigo Quintáns, que o está preparando con tanto mimo e agarimo, será unha regalía para todos os amantes do trobar ao modo antico, ánimo Ramón e que o deas ao lume canto antes.




viernes, 7 de mayo de 2021

JOSÉ TIZADO NA CIX MESA DAS VERBAS

 O noso compañeiro e amigo José Tizado recitando a Federico García Lorca.

Despois de case dous anos de ausencia obrigada polo maldito bicho por fin puidemos contar cun veterano da Mesa das Verbas. Digno de admiración, que as Musas e os deuses o acompañen sempre.




sábado, 24 de abril de 2021

Na CIX Mesa, presentación do poemario de Cándido Duro

 





Alguén calficou de memorable esta Mesa, pois si, polo gozo amigable de compartir versos, de xuntármonos a recitar e a parolar. Hoxe co engadido sorpresivo da presentación do libro do noso querido compañeiro e amigo Cándido Duro Domínguez, Luz do abrente outonizo, un libro para gozar, dicía Manuel Lage que é como unha aventura. Que mellor calificativo, para nós a poesía é iso, aventura.

Segue unha pequena reportaxe en fotografías e microvídeos.


Viva a poesía! Vivan os meseiros!!!














Ata outra millorada, amigos!


sábado, 17 de abril de 2021

MESA DAS VERBAS E DÍA DO LIBRO

 


O PRÓXIMO DÍA 23, DÍA DO LIBRO, RECUPERAREMOS OS PARLADOIROS, XUNTARÉMONOS ÁS 17:30 H. NA TERRAZA DO BAR TERTULIA. E DEIXAREMOS ABANDOADOS POLOS BANCOS DAS PRAZAS E RÚAS DE VILAGARCÍA EXEMPLARES DE ANACO 4, POR SE ALGUÉN OS QUERE ADOPTAR.

E AO DÍA SEGUINTE SÁBADO, 24, TEREMOS ÁS SEIS DA TARDE A CIX MESA DAS VERBAS NO AUDITORIO.

TODAS E TODOS ESTADES CONVIDADOS. VINDE CEIBAR VERSOS E VERBAS AO AR DE AROUSA, SON AEROSOIS BENÉVOLOS, QUE A NINGUÉN FAN MAL!!!