sábado, 7 de agosto de 2021

VÍDEO GALERÍA - MESA DAS VERBAS - AGOSTO, 2021 (1)

 Comezamos unha galería de microvídeos da CXI Mesa das Verbas, celebrada o venres, 6 de agosto de 2021, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.







Continuará...






martes, 27 de julio de 2021

MESA DAS VERBAS - 06-08-2021

 

CARTEL CONFECCIONADO POLA MESA DAS VERBAS

CARTEL DESEÑADO POR COMUNICACIÓN
CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA



TODAS E TODOS ESTADES CONVIDADOS A ESTA FESTA DA POESÍA, DA VENTRILOQUÍA E DA MÚSICA. QUE TODOS COMPARTAMOS UNS INTRES DE AMIZADE E DE ARTE.

E COMO SEMPRE: SAÚDE E POESÍA!!!

domingo, 25 de julio de 2021

OS VENRES: PARLADOIRO

 




Como sabedes, recuperamos os nosos parladoiros e os celebramos nas tardes dos venres, a partires das seis da tarde, no café-bar LA MARINA. Nas imaxes de Xermán Manuel Torres podedes observar un deses parladoiros, o celebrado o 9 de xullo. Ese día tivemos a visita de Luis Alonso, que foi durante vinte anos secretario do CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES.
A el gustóulle moito a nosa revista ANACO, editada polo Concello de Vilagarcía de Arousa. A súa visita e o compartir parladoiro connosco tivo por obxecto plantexarnos algunha proposta que se fructifica xa se dará a coñecer e publicar.

Foi un pracer compartir xuntanza cos amigos.
E xa o sabedes, os venres, parladoiro.

lunes, 28 de junio de 2021

A MESA DAS VERBAS NA CLAUSURA DE VILAGARCÍA-CIDADE DE LIBRO

 DOMINGO 27-O6-2021:

CLAUSURA DA FEIRA DO LIBRO DO EVENTO VILAGARCÍA CIDADE DE LIBRO, NA QUE A MESA DAS VERBAS CONTOU CUNHA CASETA PARA ATENDER AO PÚBLICO.












Nun primeiro e apurado balance, concluímos que o evento VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO e dentro del A Feira do Libro constituiu un acontecemento moi positivo para a nosa cidade de Vilagarcía de Arousa. E A Mesa das Verbas amosa a súa satisfacción por ter participado nesta interesante actividade. Agradecemos ao Concello de Vilagarcía por ter contado con nós. Que nos brindamos a seguir colaborando neste evento ao que lle desexamos longa vida, como dicía o grande poeta Álvaro Cunqueiro que goce de mil primaveras máis.

A nosa Asociación, no seu día, nunha asamblea informativa, fará unha análise pormenorizada da nosa participación, facendo unha autocrítica, realizar un balance e propoñer ideas de mellora na nosa futura e hipotética participación, desexada por todos.

Nesta edición pasou moita xente pola nosa caseta, á que informamos que é iso da Mesa das Verbas e a que nos dedicamos. Foi un intercambio moi agradable e gozoso co público.

Distribuímos 400 exemplares da nosa revista poética ANACO, editada por xentileza do noso Concello.

Vendemos 77 números do noso boletín mensual MEDULIO.

E participaron moitos dos membros da Mesa das Verbas, simpatizantes e socios.

E ata outra mellorada!!!














domingo, 20 de junio de 2021

A MESA DAS VERBAS EN VILAGARCÍA CIDADE DE LIBRO

 



Os nosos parabéns ao Concello de Vilagarcía de Arousa e especialmente ás Concellerías de Cultura e Xuventude por poñer en marcha e organizar o acontecemento VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO, que vai ter por protagonista ao mundo do libro e da literatura e converterá á Vilagarcía no centro de atención sobre a tan necesaria promoción da lectura e o encontro entre o público e as escritoras e os escritores. Está moi ben que se inicie esta actividade que en sucesivas edicións irase implementando e mellorando.

A Mesa das Verbas está en disposición de colaborar e apoiar esta inciativa. De feito do 22 ao 27 deste mes de xuño teremos unha caseta, cedida polo Concello, na Pza. da República para manter un contacto co público asistente e ofrecer a nosa revista ANACO, dos números que temos en depósito e que aínda non están esgotados, será de distribución non venal ao seres patrocinada polo noso Concello. Tamén venderemos a 1 € o noso Boletín Mensual Medulio, dos números que temos en depósito. 

E os compoñentes da Mesa das Verbas que teñen publicados libros poñeranos á disposición das persoas interesadas.

ATENCIÓN E HORARIOS DA CASETA DA MESA DAS VERBAS






DÍA 22:








:




DÍA 23:
















E nesta tarde do día 23, chegou á Feira a nosa revista ANACO 5,
xentileza do noso Concello, e xa comezou a ser distribuida na nosa caseta.

DÍA 25:
DÍA 26:

martes, 8 de junio de 2021

AUGUSTO GUEDES

 Noso amigo e compañeiro Augusto Guedes agasállanos cuns seus versos antes de partir de vacacións para a súa querida Asturias.

Bo descanso!!! E creativa inspiración nas terras do Norte.