Estaban a recitar un poema do chorado Tito Porto
domingo, 28 de febrero de 2021
miércoles, 24 de febrero de 2021
martes, 23 de febrero de 2021
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ROSALÍA DE CASTRO DAY
Miudiño, os tempos mudan;
amodiño, vaise a vida…
E, no pobo onde nacín,
respírase aínda a Galiza...
Mais, lonxanas, as pallozas,
xa non gorecen cantigas:
xa os labregos cansaron
de poboar as nosas vilas.
As belezas do país,
se espertara Rosalía,
chorarían un trebón
por estaren destruídas.
Os airiños do país,
cara a nacións amigas,
son lamentacións de aire
polas costumes perdidas!
Se acordara a poeta
co arume das uvas tintas,
vería a devastación
das galegas marabillas!
O repoludo gaiteiro
toca aínda a gaitiña!
percorrendo kilómetros
coa súa lingua ferida!
Aqueles senlleiros campos
que aos seus poemas inspiran
son chatarra do pasado
que dende as estradas miran...
Agora temos un cravo
no albor dos nosos días
que tan pouquiño nos duran
para querernos aínda…
En cuestión de pouco tempo,
esquecemos á poetisa!
foi murchando o galego
apoucopado ás campiñas...
En cuestión cecáis dun século,
para todo o que se escriba,
xa non queda testemuña
das freguesías extintas.
Fora o Rexurdimento
a xuntanza da familia
do noso ser primixenio
que foi desaparecida.
Nunha humilde esperanza,
os meniños rechouchían
vellas verbas que nos quedan
da nosa lingua querida…
Mais querida, que é querida?
A saudade aparecida
nunha lenta parsimonia
desta forza inesquecida.
Se volveran nosos bardos
contemplaren estas vistas,
chorarían un trebón
e por sempre durmirían.
Mais, cando esperte o dragón
que invocan os druídas,
revolveranse as entranas
da esperanzada raíña.
Cando nos chamen nación,
entre un mar de margaridas,
chegarán ao noso pobo
mil devezos de alegría.
De morrer o derradeiro
falante das nosas rimas,
caerá a estrela do ceo
que se chama Rosalía!
E, ao ver pasar ao tolo
que non sanda as súas feridas
trala loita dos séculos
polas bandeiras tecidas...:
As belas cores do ceo
seguerán sobre Galiza:
concederanlle un recuncho
da nosa historia perdida.
Mais, na casa de Padrón,
unha rosa aínda acubilla
o meirande dos romances
que en todo o camiño se vira...
E a nós viranos o tempo
de ollarmos cara arriba
e ver a auga caer
coma se nunca se vira.
Unha nova catedral
arrodeada de espiñas
das roseiras deste amor
que a tristura ten vencida.
Dende o cumio até o mar,
perdéronse moitas vidas
que foron felices vivindo
na abenzoada Galiza.
E máis unha última vez:
cando nos toque esa brisa
que chega adentro dos ósos,
quedemos co orgullo que fica!
Paula Cascallar Latorre
Neste día tan fermoso
ata o vello carballo
se lembra de ti
e ao pasar por Padrón
vexo a casa dos teus soños
onde ti foches tan feliz.
Amante sombra dorida
a sombra de Rosalía
aquela que toda a xente recorda
aquela que volverá contigo
a ver as brancas auroras
recordando a Rosalía
amante sombra saudosa.
Carmen Darriba Amoedo
QUEDOUNOS O VERBO
Quedounos o verbo latendo na alma
vivindo coa túa morte, Rosalía,
orfos herdamos xenerosa grafía
nos versos que no silencio declamas.
Dende máis alá dun mundo de calmas
nos chamar muller coa voz da poesía,
e andas negra sombra noite e día
suspirando pola Galicia que amas.
Non, non o sabes ti ben... Díchenos tanto!
que agasallados estamos co teu don;
eu nas ringleiras das páxinas che planto
palabras que me saen do corazón
e agardo florezan na voz dos cantos
polas albas bicadas, alá por Padrón.
Luis González Bravo "Lois do Salnés"
ROSALÍA
As vellas rúas de Santiago
acubillan teimudas
segredos dos teus pasos.
Chove miudiño,
e o silencio do mencer
enseñorea a praza.
Son as sombras doutras chuvias
escintilantes alfaias compostelanas
gardiás da túa voz.
Hoxe, Rosalía,
tras o vidro da palabra
levo o feitizo na alma
dos teus cantares.
Augusto Guedes
ROSALÍA DE CASTRO, VIVA POR SIEMPRE
Con tus bellas poesías describiste
magistralmente las emociones
salidas desde lo más profundo
de tu corazón.
Tus textos intimistas nos enternecen,
cada verso alcanza una dimensión
hogareña, de amor y candor.
La morriña y saudade que sentiste
lejos de tu añorada tierra
la expresaste combatiendo con justas
palabras desde el púlpito de tu alma.
Luchaste por la idiosincrasia de tu
pueblo, diste un valor sin igual a tu
lengua materna y ensalzaste a Galicia
en todo su esplendor.
Mujer empoderada y valiente,
melancólica y noble, adalid
de la literatura en una época
donde el hombre prevalecía en la sociedad.
En las orillas del Sar sentiste el pulso
de la vida, tu refugio especial
donde creaste poemas que hacen llorar de felicidad.
Feliz cumpleaños excelsa escritora
de Galiza, tan amada por ti
que mereces un homenaje eterno
para que brille todo el firmamento
con tu obra.
Marisa Jamardo
ROSALÍA
Xa hai unha estrela
perdida na noite
que ten por nome
Rosalía, a nai das nosas
verbas vibrantes e agarimosas.
A luz desa estrela
alumea o ceo de Galicia,
Vía Láctea de Compostela,
grandes pedras de Padrón
que rebrilan na noite
de luar nas terras do Sar.
Na praia de Carril
unha raiola da estrela
bica as ondas
do mar de Arousa;
loanzas a nosa Rosalía,
raíña das nosas letras.
Xermán Manuel Torres
Febreiro
Rosalía
como a camelia branca
atesoura todas as cores
do arco da vella.
André Vilas
22/02/2020
sábado, 6 de febrero de 2021
AO PAXARO DE TERE
de TERE BRIONES