martes, 23 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ROSALÍA DE CASTRO DAY

 



VERSOS E VERBAS PARA ROSALÍA

CARTA A ROSALÍA DE CASTRO

Querida Rosalía:

O meu motivo desta carta non é outro que darche as gracias polo teu amor a Galicia e a nós os galegos.

Ti nos dis que naciches
cando as plantas naceran,
no mes das flores nacín
nunha alborada morniña
nunha alborada de abril
por iso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir.
O triste sorrir imos deixalo,
pois, hoxe es coñecida
no mundo enteiro
coa túa obra poética
chea de sentimentos.
A túa obra poética é variada,
pero vou quedarme nas poesías
nas que narras o exilio
dos galegos que sofren e morren
por chegar a súa terra Galicia
e a súa casa.

Repasarei eses versos coñecidos
no mundo enteiro:

Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra,
airiños, airiños, aires,
airiños levaime a ela.

           ...............

Este vaise e aquel vaise
e todos, todos, se van.
Galicia sen homes quedas
que te poidan traballar.
Tes en cambio orfos e orfas
e campos e campos de soledad.

             .................

Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal
soia vou por leña ó monte
soia a vexo arder no lar
nin na fonte nin no prado
así morra coa carraxe
el non ha de virme erguer
el xa non ma pasará.

(Viúvas de vivos)
Tristeza das mulleres.

            ...............

Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
e a manta da cama.       (Que tristeza!)

            .................

Miña terra, miña terra,
terra onde eu me criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.

             .................

Este vaise e aquel vaise
e todos, todos se van.
Galicia sen homes quedas
que te poidan traballar.

           .................

Esta é unha pequena mostra
da túa sensibilidade.
Cando nas noites de luar
miremos ó ceo, veremos
unha estrela que é Rosalía
e quedamos contentos
xa que está no alto
admirada e respectada
por todos.

Mª del Carmen Abalo


HOMENAXE A ROSALÍA

Campanas de Bastabales tocade, tocade,
axiña polos méritos que tivo, 
a nosa gran Rosalía.
A escritora de alma triste
e saude decaída, 
ama con forza o seu pobo,
ten nostalxia de Galicia. 

Nos seus poemas,
falaba con paixón
da sua terriña 
e cando vai lonxe dela
sente tristura e morriña.
Nosa lingua é desprestixio daquela, 
escribe en galego
salvando o desinterés
e rasgando co desprezo.
 
Que soe tamén a gaita
pra festexar con ledicia
este feito de acollida,
en pro da nosa poetisa.

Ríos, regatos e fontes,
que brinquen as vosas augas,
de alborozo, e xubilosas,
e como ela, sempre claras. 

Que toque o tamborileiro
pois temos festa rachada,
a nosa insigne galega,
e hoxe homenaxeada.

Tere Briones (12-marzo-2016)




ROMARÍA PARA A SANTA ROSALÍA

 

Miudiño, os tempos mudan;

amodiño, vaise a vida…

E, no pobo onde nacín,

respírase aínda a Galiza...

 

Mais, lonxanas, as pallozas,

xa non gorecen cantigas:

xa os labregos cansaron

de poboar as nosas vilas.

 

As belezas do país,

se espertara Rosalía,

chorarían un trebón

por estaren destruídas.

 

Os airiños do país,

cara a nacións amigas,

son lamentacións de aire

polas costumes perdidas!

 

Se acordara a poeta

co arume das uvas tintas,

vería a devastación

das galegas marabillas!

 

 

O repoludo gaiteiro

toca aínda a gaitiña!

percorrendo kilómetros

coa súa lingua ferida!

 

Aqueles senlleiros campos

que aos seus poemas inspiran

son chatarra do pasado

que dende as estradas miran...

 

Agora temos un cravo

no albor dos nosos días

que tan pouquiño nos duran

para querernos aínda…

 

En cuestión de pouco tempo,

esquecemos á poetisa!

foi murchando o galego

apoucopado ás campiñas...

 

En cuestión cecáis dun século,

para todo o que se escriba,

xa non queda testemuña

das freguesías extintas.

 

Fora o Rexurdimento

a xuntanza da familia

do noso ser primixenio

que foi desaparecida.


Nunha humilde esperanza,

os meniños rechouchían

vellas verbas que nos quedan

da nosa lingua querida…

 

Mais querida, que é querida?

A saudade aparecida

nunha lenta parsimonia

desta forza inesquecida.

 

Se volveran nosos bardos

contemplaren estas vistas,

chorarían un trebón

e por sempre durmirían.

 

Mais, cando esperte o dragón

que invocan os druídas,

revolveranse as entranas

da esperanzada raíña.

 

Cando nos chamen nación,

entre un mar de margaridas,

chegarán ao noso pobo

mil devezos de alegría.

 

De morrer o derradeiro

falante das nosas rimas,

caerá a estrela do ceo

que se chama Rosalía!


E, ao ver pasar ao tolo

que non sanda as súas feridas

trala loita dos séculos

polas bandeiras tecidas...:

 

As belas cores do ceo

seguerán sobre Galiza:

concederanlle un recuncho

da nosa historia perdida.

 

Mais, na casa de Padrón,

unha rosa aínda acubilla

o meirande dos romances

que en todo o camiño se vira...

 

E a nós viranos o tempo

de ollarmos cara arriba

e ver a auga caer

coma se nunca se vira.

 

Unha nova catedral

arrodeada de espiñas

das roseiras deste amor

que a tristura ten vencida.

 

Dende o cumio até o mar,

perdéronse moitas vidas

que foron felices vivindo

na abenzoada Galiza.


E máis unha última vez:

cando nos toque esa brisa

que chega adentro dos ósos,

quedemos co orgullo que fica!


Paula Cascallar Latorre


Neste día tan fermoso

ata o vello carballo

se lembra de ti

e ao pasar por Padrón

vexo a casa dos teus soños

onde ti foches tan feliz.


Amante sombra dorida

a sombra de Rosalía

aquela que toda a xente recorda

aquela que volverá contigo

a ver as brancas auroras

recordando a Rosalía

amante sombra saudosa.


Carmen Darriba Amoedo


QUEDOUNOS O VERBO


Quedounos o verbo latendo na alma

vivindo coa túa morte, Rosalía,

orfos herdamos xenerosa grafía

nos versos que no silencio declamas.


Dende máis alá dun mundo de calmas

nos chamar muller coa voz da poesía,

e andas negra sombra noite e día

suspirando pola Galicia que amas.


Non, non o sabes ti ben... Díchenos tanto!

que agasallados estamos co teu don;

eu nas ringleiras das páxinas che planto


palabras que me saen do corazón

e agardo florezan na voz dos cantos

polas albas bicadas, alá por Padrón.


Luis González Bravo "Lois do Salnés"


ROSALÍA


As vellas rúas de Santiago

acubillan teimudas

segredos dos teus pasos.


Chove miudiño,

e o silencio do mencer

enseñorea a praza.


Son as sombras doutras chuvias

escintilantes alfaias compostelanas

gardiás da túa voz.


Hoxe, Rosalía,

tras o vidro da palabra

levo o feitizo na alma

dos teus cantares.


Augusto Guedes


ROSALÍA DE CASTRO, VIVA POR SIEMPRE


Con tus bellas poesías describiste

magistralmente las emociones

salidas desde lo más profundo

de tu corazón.


Tus textos intimistas nos enternecen,

cada verso alcanza una dimensión

hogareña, de amor y candor.


La morriña y saudade que sentiste

lejos de tu añorada tierra

la expresaste combatiendo con justas

palabras desde el púlpito de tu alma.


Luchaste por la idiosincrasia de tu

pueblo, diste un valor sin igual a tu

lengua materna y ensalzaste a Galicia

en todo su esplendor.


Mujer empoderada y valiente,

melancólica y noble, adalid

de la literatura en una época

donde el hombre prevalecía en la sociedad.


En las orillas del Sar sentiste el pulso

de la vida, tu refugio especial

donde creaste poemas que hacen llorar de felicidad.


Feliz cumpleaños excelsa escritora

de Galiza, tan amada por ti

que mereces un homenaje eterno

para que brille todo el firmamento

con tu obra.


Marisa Jamardo


ROSALÍA


Xa hai unha estrela

perdida na noite

que ten por nome

Rosalía, a nai das nosas

verbas vibrantes e agarimosas.


A luz desa estrela

alumea o ceo de Galicia,

Vía Láctea de Compostela,

grandes pedras de Padrón


que rebrilan na noite

de luar nas terras do Sar.

Na praia de Carril

unha raiola da estrela


bica as ondas

do mar de Arousa;

loanzas a nosa Rosalía,

raíña das nosas letras.


Xermán Manuel Torres


Febreiro

       Rosalía

       como a camelia branca

       atesoura todas as cores

       do arco da vella.


André Vilas


No Día de Rosalía o ano pasado

Na celebración do Día de Rosalía

22/02/2020




No hay comentarios:

Publicar un comentario