I
CONCURSO DE CONTOS DE NADAL
A Asociación Cultural
Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa en colaboración co Centro Comercial
Arousa de Vilagarcía convoca o I Premio de Contos de Nadal que se rexerá sobre
as seguintes bases e indicando que o fallo do xurado será inapelable e será
este o intérprete do contido e do espírito destas bases. A participación neste
concurso implica a aceptación plena e absoluta das bases e aceptación sen condicións
das decisións soberanas do xurado.
I.
O concurso está dirixido á participación
de todas as persoas que desexen concorrer a esta convocatoria.
II.
Os premios en ningún caso poderán
declarase desertos, agás no caso da non participación.
III.
Participarase cun relato curto que non
exceda das 600 palabras ou dun folio como máximo, os traballos terán que ser
mecanografados, ou realizados nun procesador de textos, tipo de letra Arial de
corpo 11. O relato ten que ser inédito e orixinal e non ter sido premiado en
ningún outro concurso. Debe ser de temática referida ou ambientada no Nadal.
IV.
A narración ten que estar escrita
necesariamente en idioma galego normativo.
V.
Presentarase baixo plica, do seguinte
xeito: Nun sobre grande incluirase o relato, que non pode levar ningún signo de
identidade, agás dun lema para o seu recoñecemento. Nun sobre pequeno, que se
introducirá no grande irá unha cuartilla co lema e cos seguintes datos da
autora ou do autor: a) Nome e apelidos; b) Idade acreditada coa fotocopia do
NIF onde figura a data de nacemento; c) Un enderezo de correo electrónico; d)
Un número de teléfono; e) A dirección postal do autor/a; f) Un pequeno escrito
de autorización para a utilización dos datos persoais a efectos de
participación no concurso. O sobre pequeno levará eses datos no seu interior e
estará pechado.
VI.
O sobre co seu contido será depositado
nunha furna que estará situada nun lugar sinalado e publicitado no Centro
Comercial Arousa de Vilagarcía. Ou ben enviado por correo postal ao seguinte
enderezo: CONTOS DE NADAL – Dirección Centro Comercial Arousa, Prolongación
Parque a Xunqueira, s/n – 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
VII. O
prazo de entrega será desde o 1 de outubro ata o 31 de novembro de 2021.
VIII. O
fallo darase a coñecer o 10 do mes de decembro de 2021.
IX.
A entrega de premios será no acto que celebre
o Centro Comercial Arousa o 30 de decembro de 2021.
X.
Publicaranse os relatos premiados no
blog: www.mesadasverbas.blogspot.com Tamén se publicarán nun número da nosa
revista poética ANACO, editada polo Concello de Vilagarcía de Arousa e noutras
posibles publicacións. Para isto, os autores, e os menores de idade por medio
dos seus titores, cederán durante un ano os dereitos dos seus relatos para
facilitar dita publicación.
XI.
PREMIOS: a) 1º Premio que consistirá en
50 € e nun vale de 50 € para gastar no Centro Comercial Arousa e xentileza do
mesmo. b) 2º Premio que consistirá en 30 €, un vale de 30 € do Centro Comercial
Arousa. c) 3º Premio que consistirá en 20 €, un vale de 20 € do Centro
Comercial Arousa.
XII. O
Xurado estará composto por un mínimo de tres persoas que serán designadas pola
Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa e polo Centro
Comercial Arousa.
XIII. Reitérase
que o fallo do xurado é inapelable, encargado de dirimir e interpretar sobre as
presentes bases e que a participación neste concurso supón a plena e absoluta
aceptación das presentes bases.
XIV. O
resultado do concurso será dado a coñecer aos concursantes e será publicado no
blog oficial da Asociación Cultural Mesa das Verbas antes citado, así como na
web e Facebook do Centro Comercial Arousa. Tamén serán enviadas notas de prensa
con toda a información pertinente sobre o concurso aos medios de comunicación
social locais.
XV. O
manexo dos datos persoais dos concursantes será exclusivamente para os asuntos
relacionados con este concurso, publicidade, comunicacións, publicacións. Os
concursantes premiados, e os menores de idade por medio dos seus titores
legais, cumplimentarán un documento para a autorización do manexo dos seus
datos persoais cos fins exclusivos xa expresados deste concurso.
XVI. Os
traballos non premiados poderán ser recollidos. Pasado un mes, procederase a
súa destrución e xa non poderán ser reclamados.
O fin deste concurso é
promover a creatividade en lingua galega e fomentar a produción literaria de
todas as persoas, para que esperte nelas o escritor ou escritora que levan
dentro.
Amosar de antemán a
nosa gratitude a todos os participantes, ao xurado, ás entidades colaboradoras
e a todos cantos contribuíron ao anuncio, difusión e desenvolvemento, así como
ao bo fin deste concurso.
Pretendemos a súa
continuidade no tempo, compartindo ademais a arela do poeta Álvaro Cunqueiro de
mil primaveras máis para a nosa lingua e para a nosa cultura.
SAÚDE E VERBAS!
ASOCIACIÓN
CULTURAL MESA DAS VERBAS E CENTRO COMERCIAL AROUSA
VILAGARCÍA
DE AROUSA
No hay comentarios:
Publicar un comentario