sábado, 28 de mayo de 2022

DAY IN CATOIRA - E ESTIVEMOS EN CATOIRA - 28-05-2022 11:20 - 20:00 HS.

 REPORTAXE GRÁFICA

(Que foi posible grazas á colaboración do CENTRO DE ACTIVACIÓN CULTURAL - TORRES DO OESTE do Concello de Catoira, Augusto Guedes, Tere Briones, Carmen Sánchez e Xermán Torres. E parabéns ao Concello de Catoira e ao grupo embaixador da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa)





























AXENDA DE PRENSA

LA VOZ DE GALICIA





FARO DE VIGO

27/05/2022

28/05/2022

29/05/2022






























































viernes, 20 de mayo de 2022

CXXI MESA DAS VERBAS - 27-05-2022

 








  III CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS

CONVOCADO E ORGANIZADO POLA MESA DAS VERBAS E O CENTRO COMERCIAL AROUSA

ACTA

Despois das reunións e deliberacións do xurado deste concurso, emítese o seguinte fallo:

1º Premio: María Latorre Louro, OBRA: VAI POR TI DONA MARISA

 

2º Premio: Luis María Álvarez Guillán, OBRA: NEL

 

3º Premio: Marta Amarelle Rodríguez de Robles, OBRA: É A PRIMEIRA VEZ QUE

 

OBSERVACIÓNS: Concédese unha accésit, consistente nun vale por 25 € do CCA ao caligrama titulado CADA DÍA QUE PASA, da que é autora: Iria Torres Loureiro.

O cal asinan para que surta os efectos oportunos e convenientes a este III Concurso Literario Letras Galegas / 2022, auspiciado polas entidades convocantes e organizadoras, os membros do xurado:

 

Asdo.- Luis González de la Ballina        /       Asdo.- Germán M. Torres de Aboal

Director do Centro Comercial Arousa            Pte. da Asoc. Cult. Mesa das Verbas

 

 

Asdo.- Luis González Bravo

Secretario da Asoc. Cult. Mesa das Verbas

 

Vilagarcía de Arousa, 27 de maio de 2022


1º PREMIO



María Latorre Louro


2º PREMIO



Luis María Álvarez Guillán


3º PREMIO


Marta Amarelle Rodríguez de Robles


ACCÉSSIT


Iria Torres Loureiro

A nosa gratitude e os nosos parabéns a todas e a todos os premiados e participantes, así como ao Xurado, sempre é difícil e ingrato o labor do xurado, parabéns para eles tamén e para todos os colaboradores e difusores deste acontecemento literario.

E ata outra millorada!!!









domingo, 8 de mayo de 2022

OS ESCOLARES DE VILAGARCÍA CON FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN - 16-05-2022 11:00 - 13:00


10:00 h. – Estará disposto o escenario e o equipo de megafonía para que os centros poidan facer unha toma de contacto e unha pequena proba de micrófonos e demáis aparatos e instrumentos.

 

PROGRAMA

Palabras previas de benvida e acollida por parte da autoridade municipal que presidirá o acto, que patrocina o Concello de Vilagarcía de Arousa. 

- - Representación dramatizada sobre as Letras Galegas – IES CASTRO ALOBRE

 

-     - Interpretación de dúas cantigas: Galicia (popular) / Galicia (Manuel María – Suso Vaamonde) – Alumnado de 1º de Primaria do CEIP O PIÑEIRIÑO

 

-      -  CEIP A LOMBA, imos a participar por unha parte, os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil “signando” en linguaxe de signos un poema que van a recitar os nenos de 6º de Educación Infantil. Son 10 versos dun poema de Galicia infinda.

-         Por outro lado, 7 nenos de 5º de Educación Primaria interpretarán os seguintes 7 poemas :

-         O futuro

-         Enterro

-         Quince anos

-         Festas

-         Outono

-         Atotonilco

-         O ourizo señor feudal dos Castiñeiros.

-         COREOGRAFÍA do alumnado de Ed. Infantil

 

-  - O alumnado de 2º da ESO do CPR SAN FRANCISCO interpretarán acompañados de dúas guitarras e unha pandeireta a súa composición musical sobre o poema Gulf Stream de Florencio Delgado Gurriarán, o noso homenaxeado. 

    NO CASO DE MAL TEMPO O ACTO CELEBRARÍASE NO AUDITORIO MUNICIPAL.                                                                                                                                                                                                                              REPORTAXE GRÁFICA


 O ALUMNADO DO CASTRO ALOBRE REPRESENTANDO 

Cemiterio Privado

O CASTRO ALOBRE RECIBINDO O APLAUSO DO PÚBLICO

ARRIBA O ALUMNADO DO IES CASTRO ALOBRE
ABAIXO O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA DO CEIP O PIÑEIRIÑO, QUE INTERPRETARON DÚAS CANTIGAS DEDICADAS  A GALICIA
IMAXE DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

O ALUMNADO DO CEIP ANEXO A LOMBA
INTERPRETANDO A SÚA COREOGRAFÍA
Pousa, Pousa

RECITAL POÉTICO DO ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA
CEIP ANEXO A LOMBA

O CORO DE 2º DA ESO DO CPR SAN FRANCISCO
DISPOÑÉNSE A INTERPRETAR A SÚA VERSIÓN MUSICADA
DO POEMA Gulf Stream de Florencio Delgado Gurriarán

DISTINTOS MOMENTOS DO ACTO. IMAXE DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA


MICRO VÍDEOS








As imaxes que non son do Concello e os vídeos son de Xermán Manuel Torres
















 




 

miércoles, 4 de mayo de 2022

BALDOMERO ISORNA CASAL, POETA CATOIRENSE

 


BALDOMERO ISORNA CASAL (1916 - 1986)
Fillo de Catoira e amante da súa contorna, poeta e home da cultura. Foi amigo íntimo de Faustino Rey Romero (1921-1971), sacerdote, poeta e escritor nado en Isorna (Rianxo), no outro lado do río, fronte ás Torres do Oeste. Durante unha tempada Faustino visitaba a diario Catoira e co seu amigo Baldomero fundaron en 1959 o Ateneo do Ullán, que tiña a súa sede na cantina da Estación de Ferrocarril de Catoira. Alí idearon no ano 1960 a famosa Romaría Vikinga, que celebraría a súa primeira edición o 27 de xullo de 1961.
O Ateneo do Ullán era unha vizosa experiencia no ermo cultural do franquismo, deseñaron unha empresa editorial con varias obras en preparación, cousa que non se logrou completamente. Entre os  personaxes que colaboraron co Ateneo do Ullán, podemos citar, entre outros, a Camilo José Cela, Luís Bouza Brey (Lucho) e moi próximos a nós Manuel Blanco Mariño (a quen lle ían publicar un poemario) e o noso admirado escritor e amigo o profesor, poeta e erudito Xesús Alonso Montero, por tan só citar a algúns.
Baldomero Isorna Casal trasladouse a Madrid, onde desenvolveu o seu labor profesional de Procurador dos Tribunais. Asiduo contertulio no Ateneo de Madrid e no famoso Café Gijón, onde capitaneaba o grupo galego de ambas institucións.
Pasaba a súas desexadas vacacións de verán na súa querida Catoira, onde desfrutaba placidamente das súas xentes, das súas paisaxes e da súa gastronomía.
Lembramos hoxe a Baldomero, o poeta, que ademais de moitos poemas soltos e de gañar algúns premios, publicou estes dous libros:

- Campanas de palo. Madrid, 1959

- Voz en blanco y 3 poemas abstractos. Madrid, 1960.

Na Xeira de Catoira, que a ASOCIACIÓN CULTURAL MESA DAS VERBAS de Vilagarcía de Arousa celebrará o sábado, 28 de maio de 2022, homenaxearemos ao poeta Baldomero e lembraremos ao seu querido amigo Faustino.

Agradecemos a acollida e o trato recibido cara a esta proposta polo Concello de Catoira na persoa do seu Alcalde Alberto García, na colaboración de Marisa Isorna, sobriña de Baldomero e de Mónica Vilas, funcionaria municipal, encargada de Cultura de dito Concello.
Agardamos ter unha Xeira memorable. A todos gracias por adiantado.


Baldomero Isorna de "tertulia" no Ateneo de Madrid, entre outras persoas, con Camilo José Cela


Os máximos armadanzas do Ateneo do Ullán
Ocorrentes e ledos poetas


Para a confección deste artigo utilizamos a valiosa documentación cedida por Marisa Isorna, sobriña de Baldomero Isorna Casal, quen é merecente de ser lembrado e homenaxeado. Oxalá moi pronto o Concello de Catoira faga unha recopilación da obra do seu poeta e elabore unha necesaria biografía do mesmo. Mentres lembremos a Baldomero e a tantos personaxes que están no esquecemento nas nosas vilas e aldeas, non morrerán e a súa obra e o seu labor permanecerán por sempre.