martes, 26 de diciembre de 2023

O NÚMERO 008 PREMIADO NA NOSA RIFA

 

A persoa encargada de recoller a cesta de Nadal para facer a súa entrega a Casa
de Acollida de San Cibrán de Cáritas de Arousa

Na Mesa das Verbas estamos moi ledos co resultado do sorteo da Cesta de Nadal nos doada polo Centro Comercial Arousa e confeccionada polo Hiper Froiz, xa que a persoa agraciada e posuidora do número 008, cedeu o seu premio para ser entregado en beneficio dos acollidos na Casa de San Cibrán de Cáritas de Arousa. Estamos moi contentos de que a nosa cesta teña tan bo fin.

Parabéns a todos os distribuidores da rifa e das persoas que as recolleron. Hai no noso mundo moitas luciñas acesas, xente boa e solidaria!!!

SAÚDE, SOLIDARIEDADE E POESÍA!

FELIZ E VENTUREIRO ANINOVO 2024!!!








sábado, 16 de diciembre de 2023

O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS E VILAGARCÍA DE AROUSA

 




O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936), a institución científica e cultural privada máis importante de Galicia do século XX, vinculada á Universidade de Santiago de Compostela e á intelectualidade galega daquel tempo, destacando á importante Xeración Nós (Losada Diéguez, Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Cuevillas, Ramón Cabanillas, Xocas,...) e ao chamado grupo do Seminario, considerados epígonos do grupo Nós (Fermín Bouza Brey, Xosé Filgueira Valverde, Lois Tobío, Martínez López, entre outros), desenvoveu, nos seus escasos trece anos de vida, un labor insuperable e digno da máxima loanza a prol da nosa lingua galega e da cultura da Nosa Terra.
Parabéns ao SEG, merecente da nosa lembranza agarimosa e chea de admiración e respecto, na celebración do seu centenario (1923-2023).

Por medio dos dous documentos de inicio desta entrada queremos lembrar a relación do SEG coa nosa cidade e co noso Concello de Vilagarcía de Arousa, xa que practicamente ningunha institución oficial da nosa vila tivo en conta esta efeméride para render tributo e homenaxe aos homes e ás mulleres do SEG, agás da Mesa das Verbas, que celebrou unha das súas xeiras, en conmemoración de dito organismo, en Santiago de Compostela na sede do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o pasado 13 de outubro de 2023 e na anterior xeira en Pontevedra, a Mesa rendeu unha lembranza ao SEG na visita ao Museo de Pontevedra, en especial ás Salas dedicadas a Castelao, seminarista destacado.
Tamén o Faiado da Memoria, organizou e realizou a presentación dun libro da profesora Aurora Marco sobre a primeira muller seminarista.
Salvo estas dúas entidades culturais privadas vilagarcianas, practicamente ningún organismo oficial da capital arousá, ate o de agora, tivo iniciativa algunha e incluso se rexeitou algún ofrecemento xeneroso para organizar algún acto con esta importante e irrepetible ocasión.

A MESA DAS VERBAS tamén dedicará o seu parladoiro do venres 22 de decembro, a partires das seis da tarde no bar-cafetería LA MARINA, sito na Alameda de Vilagarcía para difundir os dous documentos do inicio desta entrada e render unha nova homenaxe ao SEG e destacar a súa relación con Vilagarcía de Arousa. Este parladoiro, como todos, está aberto a quen desexe participar e intervir. Vémonos, pois, o 22, ás seis da tarde na Marina.
Neste parladoiro tamén se distribuirán a nosa revista ANACO 10, xentileza do Concello de Vilagarcía de Arousa e o noso Boletín Medulio, o nº 62, correspondente ao mes de decembro de 2023.
Aí querémosvos ver!

JULIO CORDAL CARÚS
(Foto cedida pola viúva de Luis Cordal Carús)

D. Julio, eminente vilagarcián, pertencente a unha ilustre familia de Vilagarcía de Arousa (un tío seu, que ten dedicada unha praza na nosa cidade, o Dr. Carús, autor dun importante e pioneiro estudo sobre o plancton da Ría de Arousa, e o seu irmán Luis Cordal Carús, que foi un querido dentista na nosa vila, home moi deportista que foi presidente do Arousa F.C. e fundador do Club de Mar). D. Julio foi un membro destacado do Seminario de Estudos Galegos, foi coautor con Lois Tobío e con Filgueira Valverde dun vocabulario galego-castelán con 16.000 entradas, alá no final dos anos 20, principios do 30 do pasado século XX.

IMAXES DESTE PARLADOIRO DO VENRES, 22/12/2023
CEDIDAS POR LOIS GONZÁLEZ E ROBERTO ABAL






FELICES FESTAS
E
VENTUREIRO 2024

SAÚDE E POESÍA!!!














jueves, 7 de diciembre de 2023

POESÍA CON LAGE E ROBERTO ABAL E TAMÉN CON DULA PIÑEIRO

 


Acompañemos nesta xeira poética a Manuel Lage e a Roberto Abal e lembrando ao grande Federico García Lorca e os seus famosos Seis poemas galegos. Nos que Eduardo Blanco Amor e Guerra da Cal tiveron moito que ver.



 

O venres día 15, ás sete da tarde, na Pastoriza-Vilanova de Arousa, presentación do poemario de Dula Piñeiro: MAREAS DA VIDA. Outra cita poética á que non podemos faltar.

 

SAÚDE E POESÍA!!! 


FOTOGRAFÍAS CEDIDAS POR ROBERTO ABAL E O FAIADO DA MEMORIA:






FOTOS CEDIDAS POR ROBERTO ABAL, 15/12/2023:



Imaxes de Pilar Lojo Piñeiro



VÍDEO CLIP CEDIDO POR DULA PIÑEIRO


VÍDEO CLIP DE ROBERTO ABAL























martes, 28 de noviembre de 2023

FINA CASALDERREY PRESENTA A muller xabaril EN VILAGARCÍA

 



Se ledes esta interesante e magnífica novela da nosa amiga, a grande escritora galega Fina Casalderrey, entenderedes a inclusión deste pasodoble. E animádevos todos a participar nesta presentación en Vilagarcía este próximo xoves, día 30.

REPORTAXE GRÁFICA DE XOSÉ DUARTE RAÑÓ, FOTÓGRAFO E ARTISTA,









FOTOGRAFÍAS DE ROBERTO ABAL, MÚSICO E POETA,





FOTO RETOCADA E RESTAURADA POR MARCOS GARCÍA CASALDERREY


























viernes, 3 de noviembre de 2023

jueves, 28 de septiembre de 2023

XEIRA EN COMPOSTELA EN LEMBRANZA DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, 13-10-2023

 

A EXECUTIVA PREPARANDO A XEIRA, 22/09/2023



XEIRA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,

venres, 13/08/2023

LEMBRANZA DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS (12/10/1923- Xullo-1936)

Imaxe turismo.gal 


10:04 h. Saída – Estación de Ferrocarril - Vilagarcía

12:00 h. Concentración na Praza do Obradoiro

12:10 h. Pequeno roteiro SEG (IES Rosalía de Castro / Rúa do Villar / Pazo de Fonseca / O Derby).

13:30 h. Xantar de Confraternidade con brindes poéticos e cantigas, na Galiciana, rúa Gómez Ulla, 1 – 600 34 59 13.

16:15 h. Visita á cripta prerrománica e ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

18:30 h. Recital poético: Salón de Actos do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos – Secretaría Xeral de Política Lingüística, rúa San Roque, 2.

20:00 h. Fin do recital poético – micro aberto. Regreso a Vilagarcía de Arousa. (En coches e tren- 22:00 h.-).


Imaxe Mª Xosé Rodríguez


Logo do Seminario de Estudos Galegos

Deseñado por Castelao


Poidemos realizar e completar a nosa Xeira en Compostela, aínda que o programa da mañá tivo que recortarse, debido a abundante e benéfica chuvia e impetuoso vento que azoutaron á capital de Galicia cara as 12:00 h., alí no Obradoiro choveu a pracer, ben certo quedamos empapados da arte, da arte da chuvia en Santiago.

Xuntámonos arredor de 32 persoas amantes das letras e das verbas da nosa Galicia e nesta nosa particular lembranza do Seminario das Letras Galegas, no día que se cumprían 100 anos e un día do feliz nacemento da institución particular científica e cultural máis importante da Historia de Galicia.

Despois do xantar de confraternidade e de feliz convivencia, a chuvia e o temporal comezaron a respectarnos e ás 16:15 h. xiramos visita a cripta románica e ao Pórtico da Gloria da nosa Catedral, guiados pola man experta do noso querido amigo e compañeiro Augusto Guedes.

Logo ás 18:30 h. deu comezo, no magnífico Salón de Actos da sé da Secretaría Xeral de Política Lingüística - Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos - Centro Ramón Piñeiro de estudos en Humanidades,  onde fomos extraordinariamente recibidos e tratados, o noso recital poético-micro aberto en lembranza do Seminario de Estudos Galegos. Agradecéndolle a dona Elvira Casal, Subsecretaria Xeral, a don Armando Requeixo, Secretario do Centro Ramón Piñeiro, quen exerceu maxistralmente de mestre de cerimonias, a don Luis Alonso, investigador e antigo Secretario do Centro Ramón Piñeiro o seu trato, a súa colaboración e participación neste acto. E no mesmo, tivemos a sorpresa da visita e da participación de don Xosé Fernández Lago, Coengo Lectoral, Deán da Catedral de Santiago de Compostela e Capelán do mosteiro de San Paio de Antealtares, ademais de querido, recoñecido e ilustre noso conveciño. A nosa gratitude a Catedral de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A pesares da chuvia e do vento, poidemos desfrutar dunha Xeira, dunha xornada inesquecible en Compostela. Gracias a todas as meseiras e meseiros participantes.

E como dicía o poeta, ata outra millorada!!!

REPORTAXE GRÁFICA DE TERE BRIONES:











IMAXES DE ROBERTO ABAL:




REPORTAXE DE XOSÉ DUARTE RAÑO, FOTÓGRAFO E ARTISTA:








MÁIS IMAXES COMPARTIDAS POR TERE BRIONES: