IV
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS/2023
CONVOCADO E ORGANIZADO
POLA MESA DAS VERBAS E O CENTRO COMERCIAL AROUSA
COA COLABORACIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA
XUNTA DE GALICIA
1.- Convócase este IV
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 2023, idea e organización da Asociación
Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa coa colaboración do Centro
Comercial Arousa co fin de promover e promocionar a creación literaria en
lingua galega, nesta edición co patrocinio da Secretaría Xeral de Política
Lingüística da Xunta de Galicia.
2.- Poderá participar
neste concurso calquera persoa que o desexe que necesariamente acepta as
presentes bases, propostas polas entidades colaboradoras, así como tamén acepta
todas as decisións do xurado (que estará composto polos autores premiados na
edición anterior, se fose posible; senón as entidades que promoven o concurso
designarán ao xurado) e que terá a capacidade de dirimir e interpretar todo o
concernente a este concurso e as súas decisións serán inapelables. A
participación no concurso supón a aceptación e asunción destas bases. En caso
de menores de idade acompañarán no sobre pequeno a autorización do pai ou da
nai ou do titor/a legal, así como a autorización da xestión do datos persoais
só a efectos de cuestións relacionadas con este concurso (a autorización do
manexo dos datos persoais tamén será enviada polos concursantes maiores de
idade).
3.- Cada persoa poderá
presentar un máximo de tres obras, que poderán pertencer a calquera xénero e
estilo literario. A obra terá que estar escrita en idioma galego, ser orixinal
e inédita, de tema libre. Non podendo ser coñecida nin premiada en calquera
outro certame.
4.- A extensión máxima
de cada obra será dun folio por unha soa cara (as presentadas escritas nun
procesador de textos farano nun tipo de letra Arial de corpo 11) e as
presentadas de xeito manuscrito serán con letra lexible sen manchas, emendas
nin tachados. Os traballos presentaranse en sobre con plica. O orixinal do
traballo non pode levar ningún sinal, marca ou calquera outra cousa que poida
identificalo. O traballo será acompañado cun sobre pequeno con lema, a xeito de
plica, neste sobre irán os datos do autor: Nome e apelidos, NIF, un número de
teléfono, enderezo postal, enderezo electrónico, este pequeno sobre pechado
estará dentro do sobre grande xunto co orixinal. O sobre grande tamén pechado,
levará escrito o mesmo lema que o sobre pequeno.
5.- O prazo de entrega
será ata o 3 de maio de 2023 (inclusive). As obras serán depositadas nas urnas
que se colocarán ao efecto nas dependencias do Centro Comercial Arousa ou ao
seguinte enderezo postal: Dirección
Centro Comercial Arousa, Prolongación Parque a Xunqueira, s/n – 36600
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
6.- Os premios non
poderán declararse desertos.
7.- A entrega de
premios terá lugar o sábado, 13 de maio de 2023, conmemorando o Día das Letras
Galegas, nunha edición especial da Mesa das Verbas, a partires das 18:00 h. na
sala de usos múltiples, no 1º andar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía de
Arousa.
8.- Os premios serán os
seguintes:
- 1º PREMIO: 400 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 100 €, e diploma.
- 2º PREMIO: 300 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 €, e diploma.
- 3º PREMIO: 200 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 25 €, e diploma.
9.- Os autores ceden
todos os seus dereitos sobre as obras, durante o prazo dun ano a partires da
data da entrega de premios, por se as entidades convocantes tiveran a
oportunidade da publicación das obras premiadas. Transcorrido ese ano, reverterían
de novo nos seus autores.
10.- As obras non
premiadas poderán retirarse ata o 30/06/2023, acreditando debidamente ser a autora
ou autor, despois desa data serán destruídas.
11.- A participación
neste concurso implica a total e plena aceptación destas bases.
Vilagarcía
de Arousa, 1 de marzo de 2023
ORGANIZAN