Despois das deliberacións do Xurado, tomouse o acordo de outorgar os seguintes premios:
PRIMEIRO PREMIO: Luís González Bravo
co seu conto: "CAMPANITAS QUE VAIS REPICANDO"
SEGUNDO PREMIO: Mónica Garrido Lavandeira
co seu conto: "SOMBRAS DE ANTANO, LUCES DE MAÑÁ"
TERCEIRO PREMIO: Alba Sánchez Ares
co seu conto: "O BICO DE UXÍA"
Parabéns aos participantes e aos premiados e indicar que a entrega de premios terá lugar nun solemne acto na Sala Multidisciplinar do Centro Comercial Arousa o próximo xoves, 16 de xaneiro de 2025, ás seis da tarde. Nunha celebración aberta a todos. Grazas ao Centro Comercial Arousa por manter unha estreita e froitosa relación cultural coa nosa Asociación e por todas as atencións que nos dedica o noso benquerido amigo e Socio de Honra, Luis González de la Ballina González, director de dito centro.
Este acto está enmarcado na inauguración da exposición de ilustracións sobre a Catedral de Santiago de Compostela da artista multidisciplinar, veciña de Vilagarcía de Arousa, María José Rodríguez García, acto no que contaremos coa presencia e presidencia de D. José Fernández Lago, Deán e Coengo Lectoral da Catedral de Santiago de Compostela, así como Capellán do mosteiro bieito de San Paio de Antealtares, quen pronunciará unha conferencia sobre a dita Catedral compostelá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario