Previamente, ás 14:00 h. no restaurante Gambrinus do Centro Comercial Arousa teremos un xantar de confraternidade con D. Xosé Fernández Lago. Replicando un encontro anterior con don Xosé do que quedamos todos moi compracidos, agradecidos e satisfeitos. Temos a oportunidade de desfrutar da compaña e da sabedoría dunha das "cabezas mellor amobladas de Galicia", como lle oín dicir ao sabio e lembrado profesor Filgueira Valverde, referíndose a Fernández Lago. Temos, pois, a oportunidade dunha cita co Dr. Fernández Lago, facemos un convite a todos os que queiran participar e xunguirse a nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario