sábado, 5 de diciembre de 2020

REPORTAXE GRÁFICA DA CV MESA E PRESENTACIÓN DE ANACO 4 (I)

POETIC RECITAL AND PRESENTATION OF THE MAGAZINE Anaco 4

 IMOS OFRECER UNHA REPORTAXE GRÁFICA DA CV MESA DAS VERBAS NA QUE PRESENTAMOS A REVISTA POÉTICA ANACO 4, QUE SE CELEBROU O PASADO SÁBADO 21 DE NOVEMBRO DE 2020, ÁS 18:00 H. NA SALA DE CONFERENCIAS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA (AS IMAXES FORON OBTIDAS POR TERE BRIONES E AL GUANELLA):


























CONTINUARÁ






sábado, 14 de noviembre de 2020

UNHA NOVA MESA DAS VERBAS A CV

 


Nesta edición presentaremos a nosa revista ANACO 4, grazas ao patrocinio da Concellería de Cultura do noso Concello, manifestamos nosa gratitude e a nosa satisfacción. E xa sabedes a partir de agora xa estamos traballando polo ANACO 5, todos os que o desexen poden enviar os seus traballos.

Temos aforo limitado a 30 persoas e seguiremos as normas COVID-19 e estaremos a seguir as recomendacións e directrices que nos faga chegar o Concello de Vilagarcía de Arousa.


CONTAREMOS COA COLABORACIÓN MUSICAL DA ALUMNA DE 6º DE PIANO DO NOSO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA MUNICIPAL EUGENIA FERNÁNDEZ TABOADA, MÚSICA E POESÍA, BO MATRIMONIO.

Eugenia vai interpretar ao piano:

INICIO: Nocturno de Eduard Grieg

FINAL:  Nocturno do # menor de F. Chopin

               Nocturno Op. 55, núm. 1 de F. Chopin


E VINDE CONNOSCO CEIBAR OS VOSOS VERSOS AO AR DE AROUSA E A VER SE APLACAMOS AO MALDITO VIRUS E FOXE DE CANDA NÓS DUNHA VEZ POR TODAS!!!




lunes, 19 de octubre de 2020

QUE BOA XORNADA A DO SÁBADO 17!

 


Xuntámonos un grupo de amigos e amigas para celebrar a CIV Mesa das Verbas e a VI Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia, acompañounos e presidiu o acto a Concelleira de Cultura Sonia Outón, con quen compartimos mesa X. Fernando Filgueira Iglesias, fillo de D. Xosé e actual Presidente da Fundación Filgueira Valverde, quen representaba á familia do noso homenaxeado, agradecemos a Sonia Outón os seus apoios á Mesa das Verbas e a Fernando Filgueira a asistencia del e dalgúns familiares a este novo econtro, arroupaba tamén a mesa Xermán Manuel Torres, Presidente da Asociación Cultural Mesa das Verbas.



Todo ía transcorrer entre versos e verbas, abríu o acto cunhas  fermosas e sentidas palabras de acollida e de benvida o noso amigo e compañeiro Xosé Ramón Quintáns, que tamén agradeceu a presenza da familia Filgueira e tivo palabras de loubanza para o seu profesor e eminente home da nosa cultura Xosé Filgueira Valverde.

Tivemos como sempre o recital poético, na primeira parte, onde se declamaron algunhas das cantigas de D. Xosé, da súa obra 6 cantigas de mar in modo antico.

Participaron no recital:

Xosé R. Quintáns, Luis González, Maru (quen leu un poema da nosa querida compañeira Isaura Lago), Paula Cascallar, Manuel Lage, Al Guanella (que recitou un fermoso poema de Rafael Alberti dedicado ao seu can), Rafa Villar e Xermán Manuel Torres.

Na segunda parte, Xermán presentounos o seu libro: Antón Fraguas Fraguas e Xosé Filgueira Valverde, dous grandes amigos na galeguidade. Novas Ediçoes Academicas, 2020. E disertou sobre: Antón Fraguas e Xosé Filgueira, dúas vidas que converxen. A continuación houbo un pequeno coloquio que abriu X. Fernando Filgueira Iglesias, que recoñeceu o labor dos galeguistas do interior que souberon manter aceso e vivo o lume do galeguismo en circunstancias adversas. Pechou o acto a representante do Concello no acto Sonia Outón quen subliñou o labor de tantas persoas que en circunstancias moi difíciles traballaron pola lingua e pola cultura galega.

Logo trasladámonos á terraza do bar A Tertulia da Avenida da Mariña, onde seguimos en animado e agradable parladoiro.









E isto foi todo amigos, ata outra millorada!!!

lunes, 28 de septiembre de 2020

REPORTAXE GRÁFICA CIII MESA DAS VERBAS-26-09-2020

 Unha quincena de valentes

desafiamos á pandemia

con textos sorprendentes,

moi dignos da Academia.




Quintáns


Guanella


Luis González


Carmen Abalo


Maru


Paula Cascallar


Isabel Peleteiro


Lage


Marisa Jamardo



Tamén recitou Xermán Manuel Torres, pero como foi o fotógrafo, non sae nas imaxes.

E esto foi todo, amigos!



miércoles, 9 de septiembre de 2020

PROGRAMACIÓN - MESAS DAS VERBAS

 

NUN DOS NOSOS PARLADOIROS


AS MESAS DAS VERBAS QUE RESTAN PARA ESTE ANO 2020

SERÁN NA SALA DE CONFERENCIAS DO AUDITORIO MUNICIPAL A PARTIRES DAS 18:00


- Sábado, 26 de setembro de 2020, a partires das 18:00 h - CIII Mesa das Verbas

- Sábado, 17 de outubro de 2020, a partires das 18:00 h. - CIV Mesa das Verbas

- Sábado, 21 de novembro de 2020 18:00  - CV Mesa das Verbas

- Sábado, 19 de decembro de 2020  18:00 - CVI Mesa das Verbas

A Sala de Conferencias ten un aforo reducido de 90 persoas e nós aínda o reducimos máis: a 30 persoas polo que non hai problemas para gardar as distancias. E seguiremos o protocolo COVID-19 como fixemos no mes de agosto na pza. de Galicia.