Da inesquecible Xeira en Caldas de Reis onde compartimos verbas, versos e amizade, aí van as reportaxes gráficas:
REPORTAXE DE XERMÁN MANUEL TORRES:
Da inesquecible Xeira en Caldas de Reis onde compartimos verbas, versos e amizade, aí van as reportaxes gráficas:
REPORTAXE DE XERMÁN MANUEL TORRES:
Igrexa de Santa María de Caldas de Reis
SANTA MARÍA
Parroquia do municipio do mesmo nome,
pertencente ao arciprestazgo de Moraña e diocese de Santiago de Compostela.
Para López Ferreiro a igrexa é do
século XI ou XII, coa finalidade de “substituír a la que Almanzor destruyó del monasterio
de Santa María”.
A igrexa
de Santa María ten unha soa nave e a cabeceira recta, a que se lle engadiron
dúas capelas rectangulares, a capela norte dedicada a San Diego mandada
construír por Buceta Caamaño en 1602.
A capela
sur é a da Virxe do Carme e levantouse en 1759 cun retablo feito de pedra. Outros engadidos a ese corpo
orixinario foron a torre barroca construída por Esteban Ferreiro no ano 1714 e
a sancristía anexa ao presbiterio.
A fábrica
románica consérvase na ábsida, aínda que foi reconstruído. Ten planta
rectangular e no seu exterior podemos
observar os contrafortes e o beirado que descansa sobre canzorros figurados no
muro sur, xa que no muro norte a anexión
da sancristía eliminounos, deixando tan so un, no interior.
O testeiro da ábsida, segundo Sánchez
Puga, foi reconstruído, feito que explica a perda do van . No piñón do testeiro
vemos unha antefixa composta por un
cordeiro cunha cruz composta de una cruz latina e unha de San Andrés.
No muro
sur vemos canzorros cunha boa talla, semellante aos da igrexa de Santo Estevo
de Saiar, os tres anteriores ao estribo son xeométricos os dous primeiros (tres
modillóns o primeiro e o segundo unha folla con dous volutas) e o terceiro ten
dous zoomorfos coa cabeza levantada e o corpo deitado. Despois do contraforte
vemos dous máis: unha figura humana cunha especie de barril encima das pernas e
o último é unha cabeza de boi.
Neste
derradeiro tramo ábrese un van cuadrangular de cronoloxía posterior.
No muro norte
aparte dos engadidos da capela dos Caamaño e da sancristía conserva unha porta
lateral cegada baixo un arco de medio punto e
unha saeteira; uns canzorros sen labra pódenos levar á existencia dun pórtico.
O beirado durme en nove cans en proa e
catro máis despois da capela.
A fachada
occidental, hoxe protexida pola torre, coma se fora un pórtico, conta con
bóveda de crucería e levantouse no ano 1714.
A portada
articúlase por dúas arquivoltas de medio punto con chambrana; na primeira
arquivolta, no seu intradós, vemos flores carnosas de seis pétalos acompañadas
por catro follas, no seu dorso uns finos baquetóns; a segunda decórase cun
groso bocel e unha serie de pequenos arcos de medio punto fan como de grapas.
A
chambrana está formada por once doelas
con bustos de anxos en posturas diferentes. As arquivoltas e a chambrana apean
en dous pares de columnas. A primeira, a interna, apea en dous columnas cos
capiteis moi erosionados, quizáis dúas arpías afrontadas cos cimacios decorados
con palmetas e sogueado. A segunda e a chambrana descansan en dous columnas con
capiteis vexetais e cimacios con anxos que seguen a traza que xa vimos.
Este
conxunto de arcos protexen un tímpano dedicado ó Agnus Dei, cordeiro de deus
que sostén cunha pata unha cruz patada e no ángulo esquerdo do espazo timpánico
unha flor pentapétala.
INTERIOR
A ábsida
rectangular cóbrese con cuberta de canón e comunica coa nave por un arco
triunfal de medio punto dobrado desornamentado, que conta cunha inscrición en tres liñas na doela sexta o sétima.
O arco
apoia en dúas columnas de fuste engrosado, con capiteis historiados e basas
áticas sobre plintos, asentados sobre un banco corrido perimetral . O capitel
dereito ten un pequeno animal flanqueado por figuras monstruosas que abren a
boca. O capitel esquerdo é fitomórfico.
No
presbiterio vemos un arco faixón de medio punto, sen decoración, que descansa
en dúas columnas con capiteis vexetais, no da esquerda, sobre as follas
colocouse unha froita, unha piña e unha cabeza humana.
Na nave,
no muro sur, hai dúas placas de pedra, procedentes dun baldaquino gótico, que
segundo Sa Bravo estivo na capela de San Xurxo. Nunha das placas hai un grande
arco conopial, que garda outros dous arcos lobulados e aos lados do primeiro
ten dous anxos con instrumentos musicais. A outra placa hai dous arcos
conopiais e entre eles tres figuras masculinas relixiosas de gran tamaño, na
parte superior, no centro hai outras dúas figuras, home e muller coroados e ao
seu carón dúas carabelas, que reflicten
o modelo de nao de Colón, poñendo o baldaquino en consonancia co descubrimento
de América.
A súa
cronoloxía ten dúas etapas, a primeira a mediados do século XII e unha
posterior, a principios do século XIII,
que se corresponde coa construción da portada occidental.
XEIRA
DE CALDAS DE REIS, 01/10/2022
PROGRAMA
11:00
H.
– SAÍDA DA PRAZA DE ESPAÑA
11:30
H.
- NA CONTORNA DA IGREXA DE STA. MARÍA DE CALDAS (s. XII):
- LECCIÓN HISTÓRICA DO
PROFESOR AUGUSTO GUEDES (ETAPA MEDIEVAL, ROMÁNICO, BALDAQUINO DO S. XV).
- RECITAL POÉTICO NO
ADRO, CANTIGA 104 DE AFONSO X, A CANTIGA DE CALDAS DE REIS.
13:00
H.
PASEO POR CALDAS DE REIS
14:00
H.
– XANTAR DE CONFRATERNIDADE CON BRINDES POÉTICOS NA CAFETERÍA TERMAS
18:00
H.
– NO AUDITORIO MUNICIPAL DE CALDAS:
-
Lembranzas da Caldas de Reis dos anos 60
do pasado s. XX por Xermán Manuel Torres
-
Recital poético na honra dos escritores
e intelectuais que se xuntaban en Caldas de Reis e que se denominaban OS
ENDOVÉLICOS.
20:00
H.
– REGRESO A VILAGARCÍA.
DATOS
DE INTERESE
CONCELLO DE CALDAS DE
REIS – 986 54 00 02 /
986 54 01 10 (Cultura
ext.: 5).
Policía Local: 609 829 292
PERSOA DE CONTACTO:
Celina Reguera (Técnica
de Cultura) / Luis Calvo
CONCEJALA DELEGADA DE
CULTURA:
María López Buceta
En
Caldas de Reis na época romana adorábase o deus local Edovio. Caldas ten un
pasado prehistórico moi interesante, era a terra dos cilenos. Aquí en 1940
atopouse o tesouro das Silgadas, que se custodia no Museo de Pontevedra.
Lembrando ese pasado tan luminoso, xuntábanse no bar coñecido popularmente como
o Cabaret nos anos 60-70 do pasado século, un grupo de escritores e eruditos a
carón de Máximo Sar, que se denominaban Endovélicos, nalgunhas das súas
reunións participaban Carlos García Bayón, Xosé Fariña Jamardo,... admiradores
do poeta Álvaro Cunqueiro que veraneaba en Caldas e se hospedaba no Hotel
Balneario Dávila.
Cafetería TERMAS – 986
54 03 93
Taxis Caldas de Reis:
886 31 30 77 / 636 65 05 03
Sr. Jesús – sancristán
de Sta. María: 986 54 08 59
Para ver un pouco como era Caldas de Reis en 1969, clicar en
https://www.youtube.com/watch?v=MY3USh0iCM4
Selección de escenas da película MÁS ALLÁ DEL RÍO MIÑO (1969), vídeo realizado co gallo da celebración do cincuentenario da popular taberna caldense O MUÍÑO.
Dous poemas de Luís González Bravo "Lois do Salnés" dedicados á vila de dona Urraca, fermosa vila termal:
BEN
TE VEXO
Ben te vexo,
ben te vexo
Celenis dos
meus amores
co río Umia
lambendo
cómaros
cheos de flores.
Ben te vexo
Caldasde Reis
durmida
entre verdores
con
ferventes augas nos pés
e cantigas
nos albores.
Ben te
lembro, ben te lembro,
terreo de
nobre porte,
porque
pegadas de neno
por ti a
nenez quedoume,
Ai!, que tan
felices tempos,
aldea dos
meus maiores
pois fuches divertimento
por eses
campos e montes.
Ben te
sinto, ben te sinto,
no ar, nas
fragas, nas fontes,
cando por
teu chan camiño
aínda
suspiro hoxe.
Sinto sentires moi fondos
dun rapaciño que corre
por Segade entre toxos
e Paradivas ao lonxe.
Ben che quero, ben che quero
Aquis Celenis antigo.
Gárdete Deus sempiterno
xunto meu amor contigo.
ACRÓSTICO A CALDAS DE REIS
Concello dos meus devanceiros,
ancestral lugar ao que amo,
ledas lembranzas de ti gardo
de tantos e tan bos momentos,
achegos que sentín de pequeno
soñando ceibe por teus campos.
Dama augusta, Caldas de Reis,
curruncho es
dun summun querer.
Reis e raíñas arrolaste
e novas eras viches nacer,
íntima vés a falarme
sempre, Caldas, cando che vou ver.
Stanza VIII
Nunca ja pód'aa Virgen hóme tal pesar fazer amadoiras a séu amigo con el córpo de Jésu-Cristo e que o tragía na touca, que lle corresse sángui da cabeça atá que o tirou ende.
E entrant' a ua vila / que dizen Caldas de Rei,
ond' aquesta mollér era, / per com' eud'en apres'hei
aveo ên mui gran cousa / que vos óra contarei;
ca lle viron pelas toucas / sangue vermello correr.
A cantiga completa podédela ver clicando en: http://www. OS ENDOVÉLICOS Nunha foto cedida por Xesús Santos Suárez, un dos druídas que se xuntaba cos seus compañeiros en Caldas de Reis, a finais do mes de agosto, moitas veces no bar-restaurante coñecido como O Cabaret CARLOS GARCÍA BAYÓN, O GRAN DRUÍDA DAS XUNTANZAS ENDOVÉLICAS |
Cunha
ampla traxectoria como recitador de poesía, tendo protagonizado recitais en
numerosas poboacións e auditorios da xeografía galega, como por exemplo, en
Rianxo,
Santa Uxía de Ribeira, Boiro, Cambados, O Grove, en Vilagarcía de Arousa: no
Auditorio Municipal, nos teatros Cervantes e Arosa, nos colexios San Francisco
e O Piñeiriño, no Instituto de Marín, Radio Boiro, Radio Arosa-SER, programa
“Luar” da Televisión Galega, na Festa do Amor en Verín, Museo das Monecas de
Allariz e en igrexas como a Capela das Ánimas de Santiago de Compostela,
Vilariño de Couso (Ourense), San Xulián de Bastavales, Vilaxoán e Vilanova de
Arousa.
Membro
fundador do colectivo poético “Mesa das Verbas” de Vilagarcía de Arousa.
Desde os comezos da Mesa das Verbas no 2011 e no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa sempre contamos coa presencia e a inestimable colaboración de Enrique, membro da Directiva da Asociación Cultural Mesa das Verbas, e que nesta ocasión todos desexamos expresarlle o noso cariño, o noso recoñecemento e a nosa gratitude por todos estes anos de grata experiencia e desexando como Cunqueiro mil primaveras máis para a lingua galega e para a nosa poesía. E que por moitos anos poidamos disfrutar todos xuntos ceibando verbas e versos neste ar de Arousa.
PARABÉNS, ENRIQUE BRUMBÉCK!
REPORTAXE GRÁFICA DE TERE BRIONES
DESTE ACONTECEMENTO