Cunha
ampla traxectoria como recitador de poesía, tendo protagonizado recitais en
numerosas poboacións e auditorios da xeografía galega, como por exemplo, en
Rianxo,
Santa Uxía de Ribeira, Boiro, Cambados, O Grove, en Vilagarcía de Arousa: no
Auditorio Municipal, nos teatros Cervantes e Arosa, nos colexios San Francisco
e O Piñeiriño, no Instituto de Marín, Radio Boiro, Radio Arosa-SER, programa
“Luar” da Televisión Galega, na Festa do Amor en Verín, Museo das Monecas de
Allariz e en igrexas como a Capela das Ánimas de Santiago de Compostela,
Vilariño de Couso (Ourense), San Xulián de Bastavales, Vilaxoán e Vilanova de
Arousa.
Membro
fundador do colectivo poético “Mesa das Verbas” de Vilagarcía de Arousa.
Desde os comezos da Mesa das Verbas no 2011 e no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa sempre contamos coa presencia e a inestimable colaboración de Enrique, membro da Directiva da Asociación Cultural Mesa das Verbas, e que nesta ocasión todos desexamos expresarlle o noso cariño, o noso recoñecemento e a nosa gratitude por todos estes anos de grata experiencia e desexando como Cunqueiro mil primaveras máis para a lingua galega e para a nosa poesía. E que por moitos anos poidamos disfrutar todos xuntos ceibando verbas e versos neste ar de Arousa.
PARABÉNS, ENRIQUE BRUMBÉCK!
REPORTAXE GRÁFICA DE TERE BRIONES
DESTE ACONTECEMENTO
Foi unha fermosísima homenxe,cun Brumbeck emocionado e agradecido a todos nós.
ResponderEliminarParabéns amigo👏👏👏👏
Todos estabamos moi felices por compartir un acto tan emotivo co noso Brumbéck. Parabéns.
ResponderEliminar