jueves, 23 de marzo de 2023
ENCONTRO NA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA
lunes, 6 de marzo de 2023
martes, 28 de febrero de 2023
IV CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS - 2023
IV
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS/2023
CONVOCADO E ORGANIZADO
POLA MESA DAS VERBAS E O CENTRO COMERCIAL AROUSA
COA COLABORACIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA
XUNTA DE GALICIA
1.- Convócase este IV
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 2023, idea e organización da Asociación
Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa coa colaboración do Centro
Comercial Arousa co fin de promover e promocionar a creación literaria en
lingua galega, nesta edición co patrocinio da Secretaría Xeral de Política
Lingüística da Xunta de Galicia.
2.- Poderá participar
neste concurso calquera persoa que o desexe que necesariamente acepta as
presentes bases, propostas polas entidades colaboradoras, así como tamén acepta
todas as decisións do xurado (que estará composto polos autores premiados na
edición anterior, se fose posible; senón as entidades que promoven o concurso
designarán ao xurado) e que terá a capacidade de dirimir e interpretar todo o
concernente a este concurso e as súas decisións serán inapelables. A
participación no concurso supón a aceptación e asunción destas bases. En caso
de menores de idade acompañarán no sobre pequeno a autorización do pai ou da
nai ou do titor/a legal, así como a autorización da xestión do datos persoais
só a efectos de cuestións relacionadas con este concurso (a autorización do
manexo dos datos persoais tamén será enviada polos concursantes maiores de
idade).
3.- Cada persoa poderá
presentar un máximo de tres obras, que poderán pertencer a calquera xénero e
estilo literario. A obra terá que estar escrita en idioma galego, ser orixinal
e inédita, de tema libre. Non podendo ser coñecida nin premiada en calquera
outro certame.
4.- A extensión máxima
de cada obra será dun folio por unha soa cara (as presentadas escritas nun
procesador de textos farano nun tipo de letra Arial de corpo 11) e as
presentadas de xeito manuscrito serán con letra lexible sen manchas, emendas
nin tachados. Os traballos presentaranse en sobre con plica. O orixinal do
traballo non pode levar ningún sinal, marca ou calquera outra cousa que poida
identificalo. O traballo será acompañado cun sobre pequeno con lema, a xeito de
plica, neste sobre irán os datos do autor: Nome e apelidos, NIF, un número de
teléfono, enderezo postal, enderezo electrónico, este pequeno sobre pechado
estará dentro do sobre grande xunto co orixinal. O sobre grande tamén pechado,
levará escrito o mesmo lema que o sobre pequeno.
5.- O prazo de entrega
será ata o 3 de maio de 2023 (inclusive). As obras serán depositadas nas urnas
que se colocarán ao efecto nas dependencias do Centro Comercial Arousa ou ao
seguinte enderezo postal: Dirección
Centro Comercial Arousa, Prolongación Parque a Xunqueira, s/n – 36600
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
6.- Os premios non
poderán declararse desertos.
7.- A entrega de
premios terá lugar o sábado, 13 de maio de 2023, conmemorando o Día das Letras
Galegas, nunha edición especial da Mesa das Verbas, a partires das 18:00 h. na
sala de usos múltiples, no 1º andar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía de
Arousa.
8.- Os premios serán os
seguintes:
- 1º PREMIO: 400 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 100 €, e diploma.
- 2º PREMIO: 300 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 €, e diploma.
- 3º PREMIO: 200 €, un
vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 25 €, e diploma.
9.- Os autores ceden
todos os seus dereitos sobre as obras, durante o prazo dun ano a partires da
data da entrega de premios, por se as entidades convocantes tiveran a
oportunidade da publicación das obras premiadas. Transcorrido ese ano, reverterían
de novo nos seus autores.
10.- As obras non
premiadas poderán retirarse ata o 30/06/2023, acreditando debidamente ser a autora
ou autor, despois desa data serán destruídas.
11.- A participación
neste concurso implica a total e plena aceptación destas bases.
Vilagarcía
de Arousa, 1 de marzo de 2023
ORGANIZAN
miércoles, 22 de febrero de 2023
VERSOS E VERBAS PARA ROSALÍA
Namorado estou de ti, Rosalía,
dos teus belos versos apaixonado.
(Luís
González Bravo “Lois do Salnés”)
Desde a fiestra da casa da rúa do Carme
nosa admirada e ben amada Rosalía
ollaba cos seus ollos de poeta a fermosura da Ría;
desde O Carril os seus versos quixo darme.
(Xermán M.
Torres)
Paseando entre camelias
Axexábate, como escribías,
Eses bonitos poemas
Cos que ti, Rosalía, describías
Os encantos desta terra
Esa que ti percibías
Toda chea de encantos
Os que ti nos compartías.
(Dula Piñeiro)
Con el sonido monocorde de la lluvia
tras los cristales,
imagino a Rosalía como una
sombra
que me asombra,
en la noche eterna
del mágico invierno galaico...
Tan solo un poeta puede entender,
la complejidad del alma de otro
poeta...
(María José
Rubianes)
Rosalía la melancolía es tu seña,
llegas a los corazones de tus lectores
desnudando tu alma hecha jirones.
Supiste poco a poco empoderarte
como mujer en un mundo de
hombres demostrando que tu gran
sensibilidad puede dominar el
mundo.
Dejaste un gran legado, el de
desgarrar y mostrar tus emociones
en unos poemas llenos de calidez y
ternura.
(Marisa
Jamardo)
Rosalía, alma romántica, soidosa e
soñadora entregada á poesía toda a
súa vida.
Miles de versos e poemas dedicados
a Galicia, súa Terra, por ela tan
querida van e veñen recorrendo o
mundo por sempre e para sempre.
(María Carmen
Rivadulla)
Campanas de Bastabales
tocade, tocade axiña que hoxe hai
festa no Ceo pola nosa Rosalía.
(Tere Briones)
Hoxe Rosalía
tralo vidro da palabra
levo o feitizo na alma
dos teus cantares.
(Augusto
Guedes)
O mundo enteiro recorda a Rosalía
logrou ser empoderada e ter empatía.
(Pilar Lojo
Piñeiro)
Os teus fermosos recordos
Perduran no tempo
Igual que as túas cancións
E os teus lindos versos
Galiza segue contigo
E eu tampouco te esquezo.
(Carmen
Darriba)
Rosalía os galegos estaremos
sempre en débeda contigo.
Ninguén loitou con tanto sentimento
pola nosa Terra como ti.
Airiños, airiños aires, airiños
da miña Terra,
airiños, airiños aires, airiños
levaime a ela.
(Carmen Abalo)
Dime Rosalía.
Deixáchenos versos
para nós gozalos
na historia perpetua
da nosa memoria.
Dime Rosalía,
lembras aquel día?
Con tanta paixón escribías!
Gozabas cando te inspirabas!
Dime Rosalía cantas penas
che quedaron atrás sen narralas?
Dime, onde está a negra sombra que
te atormenta?
Dime Rosalía a cor do teu sangue, era
negra ou vermella?
Tinta fluía polas túas veas.
Ríos de vida e verbas
que nacían na túa alma
e transmitías á túa pluma.
(María José
Caneda)
E era muller, Rosalía
é nazón.
(Carmen Castejón)
Rosalía Rosalía
Tú que has llenado de alma y vida
A tu ilustre Galicia
Con tu gran poesía
Llevaste por toda España
Con Bécquer y compañía
Esa hermosa poesía
Que en castellano
Y en gallego se escribía
Donde todos los españoles
Supieron reconocer tu valía
Hoy pasados los años
Y volviéndote a recordar
En castellano y en gallego
Siempre resalta más
Por eso hoy Rosalía
Mi sombrero ante ti
Me puedo quitar
(Francisco
Pérez Alonso – Pintor)
sábado, 18 de febrero de 2023
UNHA REPRESENTACIÓN DA MESA DAS VERBAS NA III XORNADA MANUEL MURGUÍA
A Real Academia Galega vén de organizar tres xornadas como homenaxe a Manuel Murguía, co gallo da celebración do centenario do seu pasamento (1923-2023). Murguía é o constructor da Galicia contemporánea, pai da patria galega, un dos precursores do noso Rexurdimento, historiador, escritor e erudito polígrafo, esposo de Rosalía de Castro, impulsor para que a nosa poeta nacional dese ao prelo a súa obra, interesa moito resaltar a relación intelectual entre Murguía e Rosalía.
Pois ben, unha representación da Mesa das Verbas, composta por Luis González Bravo, Manuel Lage, Roberto Abal e Xermán Manuel Torres acudiron á III Xornada, celebrada o venres, 16 de febreiro de 2023, a partires das 17:00 h. na Casa da Matanza, na Casa de Rosalía en Padrón.






































