lunes, 13 de noviembre de 2023
viernes, 3 de noviembre de 2023
PRESENTACIÓN DE MAREAS DE VIDA
jueves, 28 de septiembre de 2023
XEIRA EN COMPOSTELA EN LEMBRANZA DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, 13-10-2023
XEIRA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,
venres, 13/08/2023
LEMBRANZA DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS (12/10/1923- Xullo-1936)
10:04 h.
Saída – Estación de Ferrocarril - Vilagarcía
12:00 h.
Concentración na Praza do Obradoiro
12:10 h.
Pequeno roteiro SEG (IES Rosalía de Castro / Rúa do Villar / Pazo de Fonseca /
O Derby).
13:30 h.
Xantar de Confraternidade con brindes poéticos e cantigas, na Galiciana, rúa
Gómez Ulla, 1 – 600 34 59 13.
16:15 h.
Visita á cripta prerrománica e ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de
Compostela.
18:30 h.
Recital poético: Salón de Actos do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos
– Secretaría Xeral de Política Lingüística, rúa San Roque, 2.
20:00 h.
Fin do recital poético – micro aberto. Regreso a Vilagarcía de Arousa. (En
coches e tren- 22:00 h.-).
Imaxe Mª Xosé Rodríguez
Logo do Seminario de Estudos Galegos
Deseñado por Castelao
Poidemos realizar e completar a nosa Xeira en Compostela, aínda que o programa da mañá tivo que recortarse, debido a abundante e benéfica chuvia e impetuoso vento que azoutaron á capital de Galicia cara as 12:00 h., alí no Obradoiro choveu a pracer, ben certo quedamos empapados da arte, da arte da chuvia en Santiago.
Xuntámonos arredor de 32 persoas amantes das letras e das verbas da nosa Galicia e nesta nosa particular lembranza do Seminario das Letras Galegas, no día que se cumprían 100 anos e un día do feliz nacemento da institución particular científica e cultural máis importante da Historia de Galicia.
Despois do xantar de confraternidade e de feliz convivencia, a chuvia e o temporal comezaron a respectarnos e ás 16:15 h. xiramos visita a cripta románica e ao Pórtico da Gloria da nosa Catedral, guiados pola man experta do noso querido amigo e compañeiro Augusto Guedes.
Logo ás 18:30 h. deu comezo, no magnífico Salón de Actos da sé da Secretaría Xeral de Política Lingüística - Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos - Centro Ramón Piñeiro de estudos en Humanidades, onde fomos extraordinariamente recibidos e tratados, o noso recital poético-micro aberto en lembranza do Seminario de Estudos Galegos. Agradecéndolle a dona Elvira Casal, Subsecretaria Xeral, a don Armando Requeixo, Secretario do Centro Ramón Piñeiro, quen exerceu maxistralmente de mestre de cerimonias, a don Luis Alonso, investigador e antigo Secretario do Centro Ramón Piñeiro o seu trato, a súa colaboración e participación neste acto. E no mesmo, tivemos a sorpresa da visita e da participación de don Xosé Fernández Lago, Coengo Lectoral, Deán da Catedral de Santiago de Compostela e Capelán do mosteiro de San Paio de Antealtares, ademais de querido, recoñecido e ilustre noso conveciño. A nosa gratitude a Catedral de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
A pesares da chuvia e do vento, poidemos desfrutar dunha Xeira, dunha xornada inesquecible en Compostela. Gracias a todas as meseiras e meseiros participantes.
E como dicía o poeta, ata outra millorada!!!
REPORTAXE GRÁFICA DE TERE BRIONES:
jueves, 21 de septiembre de 2023
martes, 12 de septiembre de 2023
III PREMIO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA "XAQUINA TRILLO" - PARA A MOCIDADE DO ESO
III
PREMIO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA
Xaquina
Trillo
A Asociación Cultural
Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa en colaboración coa Concellería de
Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa, coa Deputación Provincial de
Pontevedra e co Centro Comercial Arousa de Vilagarcía convoca o III Concurso de
Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo”, que se rexerá sobre as seguintes
bases e indicando que o fallo do xurado será inapelable e será este o
intérprete do contido e do espírito destas bases. A participación neste
concurso implica a aceptación plena e absoluta das bases e aceptación sen
condicións das decisións soberanas do
xurado.
I.
O concurso está dirixido á participación
da mocidade que estea a cursar os estudos do Ensino Secundario Obrigatorio
(ESO); é dicir destinado a mozas e mozos entre 12 e 16 anos. A idade
acreditarase presentando unha fotocopia do NIF ou co resgardo da matrícula no
ESO no presente curso escolar 2023-2024.
II.
Os premios en ningún caso poderán
declarase desertos, agás no caso da non participación.
III.
Participarase cun poema que non
exceda dos 60 versos, extensión máxima
sesenta versos. O poema ten que ser inédito e orixinal e non ter sido premiado
en ningún outro concurso.
IV.
O poema ten que estar escrito necesariamente
en idioma galego.
V.
Presentarase baixo plica, do seguinte
xeito: Nun sobre grande incluirase o poema, que non pode levar ningún signo de
identidade, agás dun lema para o seu recoñecemento. Nun sobre pequeno, que se
introducirá no grande irá unha cuartilla co lema e cos seguintes datos da
autora ou do autor: a) Nome e apelidos; b) Idade acreditada coa fotocopia do
NIF onde figura a data de nacemento ou unha copia do resgardo da matrícula no
ESO correspondente ao curso escolar 2023-2024; c) Un enderezo de correo
electrónico; d) Un número de teléfono; e) A dirección postal do autor; f) O
nome e identificación do centro de estudos, g) Un pequeno escrito de
autorización para a utilización dos datos persoais a efectos de participación
no concurso, avalado pola nai/pai ou titor/a da persoa participante e co seu
consentimento, no caso dos participantes menores de idade. O sobre pequeno levará
eses datos no seu interior e estará pechado.
VI.
O sobre co seu contido será depositado
nunha urna que estará situada nun lugar sinalado e publicitado no Centro
Comercial Arousa de Vilagarcía. Ou ben pode enviarse por correo postal ao
seguinte enderezo: III Concurso de
Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo” - Dirección Centro Comercial Arousa,
Prolongación Parque a Xunqueira, s/n – 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
VII. O
prazo de entrega será desde o 15 de setembro de 2023 ata o 31 de decembro de
2023.
VIII. O
fallo darase a coñecer no mes de xaneiro de 2024.
IX.
A entrega de premios será no acto que
celebre o Concello de Vilagarcía de
Arousa co gallo do Día de Rosalía de
2024 e que oportunamente se anunciará. Ou nunha Mesa das Verbas.
X.
Publicaranse os poemas premiados no
blog: www.mesadasverbas.blogspot.com
Así como nun número especial do noso Boletín Medulio. Tamén se publicarán nun número da nosa revista poética
ANACO, editada polo Concello de Vilagarcía de Arousa. Para isto, os autores e
tamén por medio dos seus titores, no caso de minoría de idade, cederán durante
un ano os dereitos dos seus poemas para facilitar dita publicación.
XI.
PREMIOS: a) 1º Premio que consistirá en
300 €, un vale de 100 € para gastar no Centro Comercial Arousa e xentileza do
mesmo, un diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa. b) 2º
Premio que consistirá en 200 €, un vale de 50 € do Centro Comercial Arousa, un
diploma e un agasallo do Concello de Vilagarcía de Arousa. c) 3º Premio que consistirá en 100 €, un vale
de 25 € do Centro Comercial Arousa e un diploma e un agasallo do Concello de
Vilagarcía de Arousa.
XII. O
Xurado estará composto por un mínimo de tres persoas que serán designadas pola
Asociación Cultural Mesa das Verbas, A Concellería de Cultura do Concello de
Vilagarcía de Arousa, a Deputación Provincial de Pontevedra e polo Centro
Comercial Arousa.
XIII. Reitérase
que o fallo do xurado é inapelable, encargado de dirimir e interpretar sobre as
presentes bases e que a participación neste concurso supón a plena e absoluta
aceptación das mesmas.
XIV. O
resultado do concurso será dado a coñecer aos concursantes e será publicado no
blog oficial da Asociación Cultural Mesa das Verbas antes citado, así como na
web do Concello de Vilagarcía de Arousa e na web e Facebook do Centro Comercial
Arousa. Tamén serán enviadas notas de prensa con toda a información pertinente
sobre o concurso aos medios de comunicación social locais.
XV. O
manexo dos datos persoais dos concursantes será exclusivamente para os asuntos
relacionados con este concurso, publicidade, comunicacións, publicacións. Os
concursantes premiados, por medio dos seus titores legais, no seu caso, cumprimentarán
un documento para a autorización do manexo dos seus datos persoais cos fins
exclusivos xa expresados deste concurso.
XVI. Os
traballos non premiados poderán ser recollidos. Pasado un mes da data de
entrega de premios, procederase a súa destrución e xa non poderán ser
reclamados.
O fin deste concurso é
promover a creatividade en lingua galega e fomentar a poesía en idioma galego
entre a mocidade.
Amosar de antemán a
nosa gratitude a todos os participantes, ao xurado, ás entidades colaboradoras
e a todos cantos contribuíron ao anuncio, difusión e desenvolvemento, así como
ao bo fin deste concurso.
Pretendemos a súa
continuidade no tempo, compartindo ademais a arela do poeta Álvaro Cunqueiro de
mil primaveras máis para a nosa lingua e para a nosa cultura.
SAÚDE E POESÍA!
ASOCIACIÓN CULTURAL MESA DAS VERBAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA

















































