jueves, 29 de mayo de 2025

5ª VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO, 10-15-XUÑO-2025 (Recital poético UNIverso MACHADO, 11-06-2025 18:00)

 

VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO 2025

COLABORAN:

MINISTERIO DE CULTURA (a través do programa de Promoción da Lectura e Letras Españolas)

CONSELLERÍA DE CULTURA (a través do programa Cultura no Camiño)

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (a través do programa de subvencións dirixidas aos concellos para actividades de dinamización da lingua galega)

 

MARTES 10 DE XUÑO

TECIDAS NA BRÉTEMA

Mulleres destinadas a vivir entre fíos de segredos, intrigas e conspiracións.  Relatos complexos, entrelazados, onde cada peza encaixa dentro dunha gran trama literaria.

“Tecidas na brétema” é unha referencia directa ao misterio, ao que permanece oculto, aos segredos do pasado ou aos enigmas que as protagonistas deben descubrir. Alude tamén á incerteza e ao suspense que caracterizan as novelas dos escritores convidados, onde nada é o que parece.

10.00 – 13.30 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ

Literatour. Cantareiras e poesía popular oral

Xincana literaria na que participan os nenos e nenas dos centros educativos do municipio, que conxuga un marcado carácter lúdico con contidos didácticos e elabora todo un xogo de probas relacionadas con ilustres representantes da literatura galega. Nesta edición cobra un especial protagonismo a poesía galega, nomeadamente o labor das cantareiras e a poesía popular oral, temática á que este ano está dedicado o Día das Letras Galegas.

Dirixido a centros educativos de infantil e primaria.

Dende as 17.30 h. RÚAS DE VILAGARCÍA E PERFORMANCE FINAL NO PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ

“Tecedoras de néboa”

Mulleres protagonistas da ficción que emerxen da néboa para contar as súas historias de intriga e misterios, tecidas cos fíos que unen o pasado e o presente.

Interpreta: Compañía de Nelson Quinteiro.

 

18.00 – 21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ

Apertura da Cidade de Libro

Exposición, presentación e venda de libros.

 

18.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS

Volve o Club das Cazadoras de Misterios

Volve o club con máis éxito das últimas edicións: O Club das Cazadoras de Misterios. Seguimos á caza e á resolución dos enigmas máis difíciles de desvelar, aqueles que permanecen ocultos a través do tempos.

Imparte: Corticata.

Dirixido a público familiar.

 

18.30 h. ESPAZO DE PRESENTACIÓNS

Presentación da novela “La Dama de Anboto”, de Rober Cagiao

Conta a lenda que, se entras nunha das covas que hai nos montes de Anboto, en Euskadi, pódeste atopar coa Mari, unha fermosa muller que habita nela. Se sincero se che pregunta, porque, se mentes, quitarache o que lle negas. Se dis a verdade, concederache os teus desexos…

Unha historia de intriga da man da inspectora Bibiana Galdós.

Intervén: Rober Cagiao.

Presenta: Maria Nieto.

19.30 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – ESCENARIO PRINCIPAL

Entrevista: Historias tecidas na brétema de Paloma Sánchez Garnica

Sánchez Garnica, Premio Planeta 2024, escribe ficción histórica con suspense e intriga. As protagonistas dos seus libros adoitan navegar entre as verdades escondidas de certos tempos convulsos que caracterizan distintas pasaxes da nosa historia máis recente.

Intervén: Paloma Sánchez Garnica.

Presenta: Susana Pedreira.

20.30 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – ESCENARIO PRINCIPAL

Entrevista: Historias tecidas na brétema de Gómez-Jurado

Gómez-Jurado crea historias de suspense trepidantes con mulleres intelixentes e valentes que se moven nun mundo cheo de segredos, enigmas e xiros inesperados.

Intervén: Juan Gómez-Jurado.

Presenta: Susana Pedreira.

HOXE ASINA NO ESPAZO DE SINATURAS (A PARTIR DAS 18.00 h)

Rober Cagiao

Juan Gómez-Jurado

Paloma Sánchez Garnica

 

MÉRCORES 11 DE XUÑO

UNI-VERSOS

Uni-versos poéticos, en clara referencia  á unidade e diversidade da poesía, á capacidade que teñen os versos para unir o pasado co presente, o local co universal. Cada poeta, cada intervención, representa un universo particular que, neste evento, conflúe para render tributo a un dos mestres da poesía: Antonio Machado.

10.00 – 13.30 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ

Literatour. Cantareiras e poesía popular oral

Xincana literaria na que participan os nenos e nenas dos centros educativos do municipio, que conxuga un marcado carácter lúdico con contidos didácticos e elabora todo un xogo de probas relacionadas con ilustres representantes da literatura galega. Nesta edición cobra un especial protagonismo a poesía galega, nomeadamente o labor das cantareiras e a poesía popular oral, temática á que este ano está dedicado o Día das Letras Galegas.

Dirixido a centros educativos de infantil e primaria.

 

18.00 – 21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ

Apertura da Cidade de Libro

Exposición, presentación e venda de libros.

18.00 h. ESPAZO PRESENTACIÓNS

Recital poético: “Universo Machado”

Introdución a cargo de Xesús Alonso Montero.

Recital homenaxe con motivo do 150 aniversario do nacemento do poeta Antonio Machado, con un compendio das súas obras, así coma de poetas galegos que se inspiraron no seu legado, tratando temas recorrentes como o paso do tempo, a natureza e a memoria.

O recital será inaugurado polo prestixioso académico Xesús Alonso Montero, unha das figuras máis respectadas da crítica literaria galega e gran coñecedor da obra de Machado. Alonso Montero contextualizará a importancia do poeta sevillano, establecendo pontes entre a súa obra e a tradición literaria galega.

Imposición da insignia da Mesa das Verbas e de Socia de Honra da Mesa á escritora e académica galega Fina Casalderrey.

Acompañamento musical da poeta e pianista Raquel Senín Sánchez.

Organiza: Mesa da Verbas.

 

18.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS

Contacontos: “Uni-versos para princesas e princesos”

Xerardo Quintiá crea todo un universo poético á altura dos/as máis esixentes…

Interpreta: Xerardo Quintiá.

Dirixido a público familiar.

 

19.00 h.  ESCENARIO PRINCIPAL

“Portugalego”

Para culminar esta xornada, contaremos coa presenza do poeta Juan Carballo, capaz de somerxernos nunha experiencia sensorial única, dentro dunha atmosfera máxica e emocionante.

“Portugalego” é unha historia de amor, pero tamén unha volta ás raíces, un chamamento para entender que son máis as semellanzas que as diferenzas entre galegos/as e portugueses/as. Unha actuación fronteiriza tanto na lingua como na sesión poética.

Interpreta: Juan Carballo.

 

20.30 h. ESCENARIO PRINCIPAL

Conversas ao solpor

Modera: Susana Pedreira

Interveñen:

Andrea Maneiro

Samuel L. Paris

Clara Pino

HOXE ASINA NO ESPAZO DE SINATURAS (A PARTIR DAS 19.00 h)

Andrea Maneiro

Samuel L. Paris

Clara Pino

Xerardo Quintiá

 

 

XOVES 12 DE XUÑO

PLUMAS QUE EMERXEN DUN PASADO ESQUECIDO

Plumas que Emerxen dun Pasado Esquecido é unha viaxe pola memoria e a literatura, un día para falar de relatos ocultos, de autoras e autores que reconstrúen o tempo a través da palabra e de personaxes que buscan a súa identidade entre as sombras do pasado. Máximo Huerta, cunha narrativa que mestura nostalxia, emoción e historia, acompañaranos nesta exploración sobre o poder da escritura para traer á luz o que un día desapareceu. A obra de Rosa Aneiros está marcada pola exploración da memoria, a identidade e as lembranzas que rexorden co paso do tempo.

10.00 – 13.30 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ

Literatour. Cantareiras e poesía popular oral

Xincana literaria na que participan os nenos e nenas dos centros educativos do municipio, que conxuga un marcado carácter lúdico con contidos didácticos e elabora todo un xogo de probas relacionadas con ilustres representantes da literatura galega. Nesta edición cobra un especial protagonismo a poesía galega, nomeadamente o labor das cantareiras e a poesía popular oral, temática á que este ano está dedicado o Día das Letras Galegas.

Dirixido a centros educativos de infantil e primaria.

 

18.00 – 21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ

Apertura da Cidade de Libro

Exposición, presentación e venda de libros

18.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS

Contacontos: “Plumas ao rescate das historias perdidas”

Nun vello baúl esquecido no fondo dunha casa familiar, repousan cartas, diarios e manuscritos escritos por mans descoñecidas. As súas palabras, atrapadas no tempo, son as testemuñas silenciadas dun pasado que pide ser escoitado. As plumas que un día verteron a súa tinta sobre o papel reviven agora a través de novas voces que as rescatan do esquecemento. Que verdades ocultan esas páxinas? Que historias quedaron varadas entre a realidade e a ficción?

Interpreta: Pavís Pavós.

Dirixido a público familiar.

18.00 h. ESPAZO PRESENTACIÓNS

Presentación do proxecto xornalístico “Vida Salnés”

Por medio de retratos, entrevistas e textos cheos de humanidade, Alberto Avendaño e José Luiz Oubiña emprenden, a través do seu proxecto xornalístico “Vida Salnés”, unha viaxe íntima polo corazón da nosa comarca. Eles non só retratan persoas: rescatan, interpretan, dan luz. As súas plumas emerxen dese pasado esquecido para poñelo diante de nós e recordarnos que cada persoa, cada memoria, é unha peza única da nosa identidade colectiva.

Porque hai vidas que merecen ser escritas e xornalismo que se converte en memoria viva.

Interveñen: Alberto Avendaño e José Luiz Oubiña.

Presenta: Xosé Castro Ratón.

 

19.00 h. ESPAZO PRESENTACIÓNS

Presentación do libro “Un país que nunca se acaba”, de Juan Ramón Alonso de La Torre

A través dun compendio de artigos periodísticos do autor, Juan Ramón Alonso de La Torre, atopamos un país que cambia, pero que non perde as súas raíces. Un pasado que non desaparece, que evoluciona na identidade colectiva.

Intervén: Juan Ramón Alonso de La Torre.

19.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS

Obradoiro-presentación do libro “Sei cantar e sei bailar”, de Eva Mejuto

A pluma ao rescate das pegadas da viaxe que Dorothé Schubart fixo por Galicia na procura dos antigos tesouros da música tradicional. É a hora de dar a coñecer as historias das mulleres que levaron, de xeración en xeración, no bico un cantar. A autora elaborará copias dos instrumentos e explorará cos máis cativos instrumentos, melodías e ritmos.

Interpreta: Eva Mejuto.

20.30 h. ESCENARIO PRINCIPAL.

Conversas ao solpor

Modera: Carlos Crespo.

Interveñen:

Rosa Aneiros

Máximo Huerta

 

HOXE ASINA NO ESPAZO DE SINATURAS (A PARTIR DAS 18.00 h)

Rosa Aneiros

Alonso de La Torre

Máximo Huerta

 

VENRES 13 DE XUÑO

TRAVESÍAS DE TINTA

Unha viaxe fantástica a través da ciencia ficción e a imaxinación.

A literatura permítenos cruzar fronteiras e explorar mundos imposibles. Este día realizaremos unha viaxe a través da última novela de Ana Merino “Planeta Lasvi”, das obras de ciencia ficción de Fina Casalderrey e Joanna Marcús, autoras que, a través das súas narrativas, nos transportan a universos extraordinarios cheos de aventuras e reflexións sobre o ser humano.

Iniciamos unha viaxe literaria única, unha “travesía de tinta”, a través de mundos fantásticos, distopías e realidades máxicas, explorando o poder da imaxinación e da palabra escrita.

10.00 – 13.30 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ

Literatour. Cantareiras e poesía popular oral

Xincana literaria na que participan os nenos e nenas dos centros educativos do municipio, que conxuga un marcado carácter lúdico con contidos didácticos e elabora todo un xogo de probas relacionadas con ilustres representantes da literatura galega. Nesta edición cobra un especial protagonismo a poesía galega, nomeadamente o labor das cantareiras e a poesía popular oral, temática á que este ano está dedicado o Día das Letras Galegas.

Dirixido a centros educativos de infantil e primaria.

 

18.00 – 21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ

Apertura da Cidade de Libro

Exposición, presentación e venda de libros.

18.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS

 Espectáculo-obradoiro: “Pelica de Burra”

Iniciamos unha viaxe moi especial, unha viaxe no tempo, ao futuro, en concreto ao ano 2735. Despois dunha incrible travesía, Pelica de Burra, a nosa protagonista, aterra nun futuro sen xogos, contos, música... Terrible. Ante isto, decide regresar ao pasado para atopar as palabras perdidas: “Peliquiña Meee, por aquí non é!, tampouco, entón... onde?”. Este retrouso levaranos cara á solución dun mundo sen diversión.

“Pelica de Burra” é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música para primeira infancia da man da narradora e educadora Vero Rilo acompañada do músico Luis Iglesias. Música, narración oral, tradición, xogos de colo, arrolos, igualdade e moito conto é o que se achega nesta nova proposta.

Interpreta: Vero Rilo.

Dirixido a público familiar.

 

19.00 h. ESCENARIO PRINCIPAL

Conversa co público: Travesías de Tinta con Joana Marcús

Emprendemos unha travesía chea de sorpresas da man da escritora mallorquina Joana Marcús. Se a ciencia ficción é unha viaxe cara ao descoñecido, unha travesía por mundos que aínda non existen ou que se agochan nos recantos do posible, entón a obra de Joana Marcús encaixa perfectamente neste espírito. A súa tinta convídanos a atravesar fronteiras e emocións, a explorar as posibilidades da literatura como un medio para viaxar máis alá do real.

Intervén: Joana Marcús.

19.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS

Presentación do libro infantil “14 maneras de llegar a la Luna”, de Augusto Metztli (Tazalunarbooks)

E seguimos viaxando, esta vez a través dun instrutivo libro de rutas. A travesía é longa e require poñer en marcha a imaxinación porque existen 14 maneiras disparatadas de chegar á Lúa, pero tamén moitas máis… Todas/os podemos inventar o noso propio xeito de chegar á Lúa. A cuestión é atreverse…

Intervén: Augusto Metztli.

Presenta: Fátima Villamel.

Dirixido a público familiar.

 

20.30 h. ESCENARIO PRINCIPAL

Conversas ao solpor

Modera: Susana Pedreira

Interveñen:

Fina Casalderrey

Ana Merino

HOXE ASINAN NO ESPAZO DE SINATURAS ANA MERINO E FINA CASALDERREY (A PARTIR DAS 19.00 h). JOANA MARCÚS, DESPOIS DA SÚA PRESENTACIÓN

 

SÁBADO 14 DE XUÑO

TINTA EN VEA

Internámonos nas narrativas contemporáneas con pulso. Aquelas que se centran na experiencia do/a escritor/a e da creación literaria e onde o libro cobra todo o protagonismo. É o caso da novela de Manuel Vilas “El mejor libro del mundo”, de carácter autobiográfico, na que realiza unha exploración da vida do escritor e a súa relación coa creación literaria; ou de “El albatros negro”, de María Oruña, na que son os libros antigos os que nos proporcionan as claves para resolver grandes misterios. No caso de Juan Tallón, a súa última novela, “El mejor del mundo”, desafía as convencións literarias para estimular a reflexión profunda, xogando coa realidade e a identidade. Trátase de distintos modos de reflectir esa “tinta en vea” propia dos/as escritores/as contemporáneos/as, capaces de envorcar todo ese torrente de paixón nas súas obras.

11.30 – 13.30 / 18.00 – 21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ

Apertura da Cidade de Libro

Exposición, presentación e venda de libros.

 

12.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS

“Tinta viva”: Aprendendo a facer ilustracións

Un obradoiro para explorar, debuxar e deixar que a imaxinación brote sen límites. É o momento de descubrir que a tinta pode darlles vida ás túas historias.

Realiza: Polo Correo do Vento.

Dirixido a público familiar.

 

17.30 h. ILLA DE CORTEGADA

Presentación da novela de María Oruña: “El albatros negro”

A illa de Cortegada, envolta en historia e natureza, é un escenario perfecto para falar da paixón pola literatura, desa tinta en vea que nos fai vivir a través das palabras. María Oruña, en “El albatros negro”, cóntanos unha historia onde os libros agochan segredos, onde a investigación literaria se converte nunha aventura en si mesma.

Como unha illa perdida entre as mareas do tempo, os libros tamén gardan misterios…

Na illa de Cortegada, rodeados pola forza da natureza e o murmurio do mar, celebramos esa conexión coa literatura: unha paixón que non se pode apagar, unha tinta que nos percorre as veas e nos leva sempre máis alá.

Intervén: María Oruña

Saída ás 17.00 h do peirao do Carril. 25 prazas. Inscrición a partir do día 2 de xuño na oficina de Turismo de Vilagarcía de Arousa. Cota: de balde. (Ata cubrir prazas).

 

18.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS

“Como é vivir dentro dun libro”. Maxia e libriños con Leo Leíño

Un libro é moito máis do que se pode percibir a través dos sentidos. Descubriremos, a través da maxia e os encantamentos, todo o que supón vivir dentro dun libro.

Interpreta: Leo Leíño

Dirixido a público familiar.

 

19.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – ESPAZO DE PRESENTACIÓNS

Conversa: “Viñetas con pulso”: Presentación do cómic “Rosalía oculta”, de Paula Mayor

Acollemos hoxe unha obra que latexa con forza propia: “Rosalía oculta”, de Paula Mayor, Premio Castelao de Banda Deseñada 2023.

Nesta proposta gráfica e literaria, Paula Mayor dálle forma e cor a unha Rosalía diferente, íntima, inesperada. A autora mergúllanos nun retrato poderoso, que combina o rigor histórico coa emoción máis pura e fai visible o que tantas veces quedou agochado: o lado humano dunha figura mitificada.

Esta obra é tinta que respira, que emociona, que se infiltra directamente nas veas de quen le.

Intervén: Paula Mayor.

Presenta: Marcos Calveiro.

Dirixido a mocidade e público en xeral.

 

19.00 h. ESCENARIO INFANTIL FONTE

Teatro: “As palabras perdidas”

Ou que facer ante un libro que perde as súas palabras...

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido, pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes, como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. Fuxiron da historia por falta de uso e só utilizándoas de novo volverán ao conto.

Interpreta: Inventi Teatro.

Dirixido a público familiar.

 

20.30 h. ESCENARIO PRINCIPAL

Conversas ao solpor

Modera:

Interveñen:

María Oruña

Juan Tallón

Manuel Vilas

 

HOXE ASINA NO ESPAZO DE SINATURAS (A PARTIR DAS 19.00 h).

María Oruña

Paula Mayor

Juan Tallón

Manuel Vilas

 

DOMINGO 15 DE XUÑO

BEIZOS DE PAPEL, BICOS DE TINTA

Todo un día dedicado á fusión da palabra escrita coa intensidade das emocións que transmiten os libros de temática amorosa e xestión emocional. A literatura como expresión dos sentimentos máis profundos e as páxinas dos libros como vehículo para transmitir emocións, desexos e íntimas confesións.

11.30 – 13.30 / 18.00 – 21.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ

Apertura da Cidade de Libro

Exposición, presentación e venda de libros.

12.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS

Contacontos: “Un corazón a flor de pel”

Un doutor experto no corazón falaranos da intelixencia emocional a partires das emocións que conviven dentro do noso peito. Falaremos sobre a importancia de identificalas, coñecelas e dominalas para acadar un corazón ben amoblado. 

Unha sesión médica moi tola que nos conta cousas moi sensatas para unha mellor xestión da saúde emocional.

Interpreta: Caxoto.

Dirixido a público familiar.

 

18.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – O RECUNCHO DOS CONTOS

Espectáculo: “A historia de Brancaflor”

Achegámonos á lenda popular de Brancaflor, a filla do Demo, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma “Contos marabillosos”. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.

Con Fran Rei como protagonista, “ A historia de Brancaflor” é o primeiro espectáculo unipersoal de Os Sete Magníficos Máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía na arte das e dos contacontos. Baixo a dirección do Premio María Casares Avelino González, nesta obra a narración vén acompañada con xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo, animando á lectura dunha maneira distinta.

Interpreta: Fran Rei.

Dirixido a: público familiar.

 

 

19.00 h. PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ – ESCENARIO INFANTIL FONTE

Espectáculo: “O último que apague a luz”

Dende o humor e o circo, este espectáculo toma como punto de partida o universo creado por dous pallasos que deciden casar. Que pode pasar?

Esta aloucada cerimonia faranos reflexionar sobre o porqué de certas tradicións. Esnaquizarán a torta ou comerán o ramo? A través do movemento e o circo aparecerán as historias máis esmendrellantes que poidas imaxinar. Neste ritual, como en toda gran voda, mestúranse o clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos entre veos e o lanzamento olímpico do ramo. Todos estes elementos conxúganse na procura dun circo do absurdo, o ritmo e a poética do caos do noso tempo.

Interpreta: A Vela Circo.

Dirixido a público familiar.

 

20.30 h. ESCENARIO PRINCIPAL

Conversas ao solpor

Modera: Susana Pedreira

Interveñen:

Inma Rubiales

Rebeca Stones

Antía Yáñez

 

HOXE ASINA NO ESPAZO DE SINATURAS (A PARTIR DAS 17.30 h)

Inma Rubiales

Rebeca Stones

Antía Yáñez


POEMAS PARA CANTAR XUNTOS

La saeta / Cantares  (Antonio Machado / Joan Manuel Serrat)


 La saeta

¿Quién me presta una escalera

para subir al madero

para quitarle los clavos

a Jesús el Nazareno?

(Saeta Popular)

 

¡Oh, la saeta, el cantar

al Cristo de los gitanos,

siempre con sangre en las manos,

siempre por desenclavar!

 

¡Cantar del pueblo andaluz,

que todas las primaveras

anda pidiendo escaleras

para subir a la cruz!

 

¡Cantar de la tierra mía

que echa flores

al Jesús de la agonía

y es la fe de mis mayores!

 

¡Oh, no eres tú mi cantar!

¡No puedo cantar ni quiero

a ese Jesús del madero,

sino al que anduvo en la mar!


CANTARES

 

Todo pasa y todo queda

Pero lo nuestro es pasar

Pasar haciendo camino

Caminos sobre la mar.

 

Nunca perseguí la gloria

Ni dejar en la memoria

De los hombres, mi canción

Yo amo los mundos sutiles

Ingrávidos y gentiles

Como pompas de jabón.

 

Me gusta verlos pintarse

De sol y grana, volar

Bajo el cielo azul, temblar

Súbitamente y, quebrarse…

 

Nunca perseguí la gloria…

Caminante, son tus huellas

El camino y nada más

Caminante, no hay camino

Se hace camino al andar.

 

Al andar se hace camino,

Y al volver la vista atrás

Se ve la senda

Que nunca se ha de volver a pisar.

Caminante, no hay camino

Sino estelas en la mar.

Hace algún tiempo,

En ese lugar

Donde hoy los bosques

Se visten de espinos

Se oyó la voz de un poeta gritar

(Caminante, no hay camino)

(Se hace camino al andar)

Golpe a golpe (verso a verso)

 

Murió el poeta lejos del hogar

Le cubre el polvo de un país vecino

Al alejarse le vieron llorar

(Caminante, no hay camino)

(Se hace camino al andar)

Golpe a golpe (verso a verso)

 

Cuando el jilguero no puede cantar

Cuando el poeta es un peregrino

Cuando de nada nos sirve rezar

(Caminante no hay camino)

(Se hace camino al andar)

Golpe a golpe (verso a verso)

Golpe a golpe (verso a verso).







O mércores, 11 de xuño de 2025, a partires das 14:00 h., celebraremos no bar Gambrinus do Centro Comercial Arousa un xantar de confraternidade, como anticipo do acontecemento das 18:00 h. dese mesmo día, a celebración do recital poético UNIverso MACHADO.

LISTADO DO RECITAL POÉTICO

 

PERSOA                                                                                                TÍTULO POEMA/S

Xesús Alonso Montero                                                                  Introdución

Alberto Varela Paz / Sonia Outón

Fina Casalderrey                                                                               Anoche cuando dormía...

1.- Xermán Torres                                            *La saeta / Cantares / A Antonio Machado, poeta*

2.- Lois do Salnés                                                                              A un olmo seco / soneto propio

3.- Pilar Lojo                                                                                       La plaza tiene una torre / Paz

4.- Lage                                                                                                I Retrato

5.- R. Abal                                                                                            Por tierras de España

6.- Maru                                                                                               Coplas mundanas

7.- Peleteiro                                                                                       El dios ibe

8.- Mª José González “Popeta”                                                  Iris de la noche

9.- Tere Briones                                                                                                En tren

10.- Charo Orive                                                                               Yo voy soñando caminos

11.- R. Torrado                                                                                  Era un niño que soñaba

12.- Andrea Fdez. Maneiro                                                          Las moscas / Un inédito de A. Machado

13.- Sole                                                                                               Si yo fuera un poeta galante

14.- Alfonso Rey “Fon”                                                                  De apellido Machado

15.- Luismi                                                                                           En abril, las aguas mil

16.- Paula Cascallar Latorre                                                          Preludio

17.- Queco Fresco                                                                            Abril florecía

18.- Dula Piñeiro                                                                               A Juan Ramón Jiménez

 

GUIÓN DO RECITAL POÉTICO – 5ª VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO – UNIverso MACHADO

PARQUE MIGUEL HERNÁNDEZ, MÉRCORES, 11 DE XUÑO DE 2025, 18 HS.

 

1.- APERTURA: Palabras iniciais de saúdo e acollida por parte da Concelleira de Cultura, dona Sonia Outón, a quen lle cedeu a palabra, o Ilmo. Sr. Alcalde de Vilagarcía de Arousa, D. Alberto Varela Paz.

2.- Introdución ao recital poético en homenaxe de don Antonio Machado, no 150 Aniversario do seu nacemento, polo Excmo. Sr. D. Xesús Alonso Montero, ilustre académico, erudito galego e primeiro Socio de Honra da Mesa das Verbas.

3.- Recital poético, organizado pola Mesa das Verbas, dentro dos actos da 5ª VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO e coa colaboración musical da poeta e pianista Raquel Senín Sánchez.

4.- Donación da pintora Charo Orive á Mesa das Verbas do seu cadro retrato de Antonio Machado.

5.- Toma de posesión como Socia de Honra da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa pola Excma. Sra. Dna. Fina Casalderrey Fraga: a) Breve parlamento do Presidente Xermán Torres, b) Lectura da certificación do nomeamento e entrega do pergameo por parte do Secretario Sr. D. Luis González Bravo, c) Imposición da insignia da Asociación polo Ilmo. Sr. Alcalde D. Alberto Varela Paz.

6.- O Sr. Alcalde cédelle a palabra á Excma. Sra. Dna. Fina Casalderrey Fraga.

 

 

Vilagarcía de Arousa, 2 de xuño de 2025



Na prensa e na páxina web do Concello reflítese este recital:






Faro de Vigo, edición Arousa, 12/06/2025


Pero antes do recital un grupo de amigas e de amigos xuntámonos nun xantar de confraternidade no Gambrinus do Centro Comercial Arousa ao redor de don Xesús Alonso Montero e de Fina Casalderrey, quen tomaba hoxe posesión da súa condición de Socia de Honra da Mesa das Verbas.



Xuntamonos 24 persoas desfrutando da amizade e compartindo mesa e mantel.

REPORTAXE DO RECITAL NO PARQUE DE MIGUEL HERNÁNDEZ
5ª VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO




























Uns videoclips musicais, noso amigo Luismi dirixindo o canto duns anacos de CANTARES (Letra: Antonio Machado, música: Joan Manuel Serrat):




A Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa agradece a presenza e o apoio de don Xesús Alonso Montero e de Fina Casalderrey, a ela por ter aceptado ser nosa Socia de Honra. E pola gabanza que tanto do Xesús e Fina fixeron do labor da nosa asociación que tamén é deles.

Don Xesús dixo algo así que como a nosa Asociación, tan activa e dinámica, co desenvolvemento de tan numerosas e variadas actividades que teñen como protagonista a literatura, hai poucas ou ningunha en cidades das mesmas características de Vilagarcía de Arousa en Galicia e mesmo en España.

Agradecemos o recoñecemento destas dúas grandes personalidades da nosa lingua e da nosa cultura.

Tamén agradezo a comprensión, o traballo e a colaboración de todos os membros da Mesa das Verbas e simpatizantes e do numeroso público que asistiu ao recital en homenaxe do grande e filántropo don Antonio Machado, poeta, prosista, filósofo e inmenso autor e mellor persoa, exemplo de ética e de coherencia de vida.

Tamén agradecer ao Alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela e á Concelleira de Cultura Sonia Outón o seu acompañamento e a súa colaboración coa nosa asociación.

E agradecer ao público asistente o seu apoio e a súa presenza.

SAÚDE E POESÍA!!!

ATA OUTRA MELLORADA!!!




Ata a 6ª edición de VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO-2026, quérovos ver a todos!
























































 

 

 

 



miércoles, 7 de mayo de 2025

FALLO E ENTREGA DE PREMIOS DO VI CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS-2025

 


Reunido no día de hoxe, 07/05/2025, o Xurado dete VI CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS-2025, da a coñecer o seguinte fallo:

1º PREMIO: Manuel Oubiña Losada, co seu relato: A CANTIGA SILENCIADA

2º PREMIO: Juan José Mateus Meixús, co seu relato: A CASA VELLA DE ROQUE

3º PREMIO: Luis González Bravo "Lois do Salnés", co seu relato: OS INSECTOS DOS MEUS XOGOS

Parabéns aos premiados e moitas grazas aos autores e autoras que achegaron en total 34 traballos a este concurso.

E convidamos a todos á entrega de premios: Venres, 16 de maio de 2025, Véspera do Día das Letras Galegas, este ano dedicado ás cantareiras e ás cantigas de transmisión oral. Será na Sala multidisciplinar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía, a partires das seis da tarde.

En breve serán publicados aquí os relatos curtos premiados.

PRIMEIRO PREMIO: Manuel Oubiña Losada (de Boiro)

A CANTIGA SILENCIADA   S.K.A.

 

            No corazón escarpado do monte Xistral, onde a néboa se tece coma un sudario entre os toxos e o ouvear dos lobos confúndese co lamento da lúa, existían tres irmás cun don que transcendía o terreal: Maruxa, Lúa e Sabela, As Pandeireteiras do Vento. As súas melodías posuían a estraña virtude de acalar o trino dos paxaros e facer tremer as entrañas graníticas dos penedos, un prodixio sonoro que non só se escoitaba, senón que se sentía na alma coma unha antiga resonancia.

            O seu pasado era un enigma tan profunda coma as turbeiras do Xistral. As lendas bisbaban un encontro nun recóndito regato, onde carballos centenarios retorcían as súas ramas como espectros arbóreos. Alí, entre as raíces espidas e as sombras danzantes, atoparan unha moura de beleza inquietante. Os seus cabelos fluían como un río de prata líquida baixo a luz da lúa, e os seus ollos eran pozas de auga escura onde semellaba agocharse a memoria do tempo. Con un sorriso que non alcanzaba os seus ollos, a moura ofreceulles un don envolto nunha advertencia velada: unha cantiga de poder arcano, unha melodía que ningún outro mortal se atrevería a interpretar sen desatar consecuencias impronunciables.

            Así, en cada celebración buliciosa, en cada velorio onde a dor se volvía tanxible, en cada romaría ateigada de fervor e en cada bautizo que anunciaba un novo ciclo, as tres irmás ofrecían ao final unha peza singular, un canto prohibido para outras gargantas. Era unha cantiga carente de palabras, un intricado tapiz de sons que evocaba o murmurio das pedras milenarias, o bisbo das raíces profundas e o eco distante de eras esquecidas. Cando as súas voces se entrelazaban, unha corrente fría percorría o aire, os anciáns debuxaban cruces invisibles e os nenos eran embargados por unha melancolía inexplicable, un vestixio de emocións que non lles pertencían.

            Pero un día, o vento deixou de transportar as súas harmonías. As Pandeireteiras do Vento calaron de súpeto, como se a propia esencia da súa música as reclamase. Non volveron aparecer nas feiras nin nas festas, e un manto de silencio caeu sobre as súas terras, un silencio que parecía palpitar coa ausencia dun son máis poderoso que a propia quietude. Só quedou a súa pandeireta, descuberta xunto ao regato secreto, cuberta dunha herba de cor púrpura escura, a estraña herba moura, que semellaba medrar alí onde se rompían os límites entre o mundo visíbel e o invisible.

            Décadas máis tarde, na vila mariñeira de Vilagarcía de Arousa, onde o océano Atlántico golpeaba os peiraos con forza telúrica e as bateas balanceábanse na ría como espectros durmidos, comezaron a circular relatos inquietantes. Mariñeiros de rostro curtido e vellas peixeiras de ollos penetrantes falaban dunha melodía fantasmagórica que flotaba nas horas máis escuras da noite, confundíndose coa brétema que ascendía do porto e o lamento do vento entre os salgueiros do río Con. Un son feminino, de beleza espectral, que parecía emanar das profundidades abisais da auga salgada, un canto que non deixaba pegadas na memoria consciente, pero que sementaba unha estraña inquietude no corazón.

            Impulsado por unha obsesión crecente coas lendas esquecidas, don Antón Meilán, o estudoso da Universidade de Santiago, chegou a Vilagarcía coma un detective do pasado. Mergullouse en arquivos cubertos de po, escoitou con atención febril os testemuños fragmentados dos habitantes de Vilaxoán e Rubiáns. Nun recuncho esquecido da antiga igrexa de San Pedro, desenterrou un pergamiño enigmático, cuxas palabras desvanecían baixo o peso dos séculos. Narraba a historia dun coro de mulleres cuxas voces se apagaran no século XVII tras entoar unha derradeira cantiga fronte ao mar embravecido... unha cantiga sen letra, un baleiro sonoro cargado de presaxio.

            Unha anciá menciñeira, cuxos ollos parecían conter a sabedoría das montañas e o murmurio do vento, confirmou os seus temores con palabras cargadas dunha aura sinistra. As antigas cantareiras, revelou, non eran meras artistas: eran depositarias de melodías perigosas, herdeiras dun legado ancestral transmitido polas mouras, mulleres que posuían un coñecemento prohibido dos camiños que entrelazan o noso mundo co reino das sombras. Algunhas das súas cantigas podían desatar tormentas furiosas, outras tiñan o poder de curar as feridas máis profundas ou de inflixir un dano invisible. Pero había unha, murmurou a anciá cunha voz que semellaba o crepitar das ramas secas, unha que tiña a capacidade de abrir un portal inestable entre a realidade e o reino dos espíritos, un son que podía desatar forzas que a mente humana apenas podía comprender.

            Na noite máxica de San Xoán, cando o aire vibraba con enerxías primordiais e o veo entre os mundos se facía máis delgado, don Antón ascendeu ao outeiro do Castro Alobre, levando consigo unha gravadora antiga, coa esperanza de aprisionar aquel eludido espectro sonoro. Ás dúas da madrugada, baixo un ceo ateigado de estrelas silenciosas e entre as pedras milenarias que aínda gardaban ecos de rituais esquecidos, unha melodía comezou a tecerse no aire. Eran voces femininas entrelazadas nunha harmonía sobrenatural, un canto de beleza arrepiante que non parecía pertencer a este tempo, unha resonancia que vibraba nos ósos e axitaba a alma. De súpeto, un frío intenso envolveu o outeiro, e un fume negro e denso comezou a emanar da gravadora, devorando os seus mecanismos internos como se unha forza invisible a consumirse.

            Ao día seguinte, don Antón foi atopado na praia da Concha, o corpo cuberto de area fría e a mirada fixa nun horizonte baleiro. Nos seus beizos murmuraba unha única frase, unha confesión que conxelaba o sangue:

-       “Non debía escoitala... pero era fermosa... tan fermosa que doe ata a alma...”

Desde aquela noite fatídica, cada ano, cando a lúa nova proxecta sombras alongadas sobre a terra e o silencio se volve máis denso, os veciños aseguran avistar figuras esguías de mulleres nos campos que rodean a misteriosa illa de Cortegada. Mulleres de ollos pechados e labios en movemento imperceptible, como se aínda estivesen presas na eterna execución daquela cantiga sen fin... ata que alguén, por ignorancia ou por unha curiosidade fatal, se atreve a interromper o seu ritual silencioso. Porque, din os que lembran as antigas historias, quen se atreve a perturbar a súa música espectral... desaparece sen deixar rastro, engulido polo silencio eterno das fillas da moura.

E así, entre as néboas que ascenden do océano e os recordos que se aferran ao vento como pantasmas sonoras, entre a forza indómita do mar e a quietude enigmática do monte, a Cantiga da Moura continúa viva. Unha melodía invisible, carente de palabras pero cargada dun poder que transcende a comprensión, pertencente ás herdeiras do misterio, ás cantareiras que nunca morreron de verdade... só cruzaron o limiar cara a un reino onde a música se converte en memoria eterna e a maxia habita no corazón do silencio.


SEGUNDO PREMIO: Juan José Mateus Meixús (de Vilanova de Arousa)

A CASA VELLA DE ROQUE

 

En Galicia hai moitas casas de antepasados, illadas en pequenas aldeas que quedaron abandonadas. Casas das que algunhas, din por aí, que están embruxadas ou posuídas por aqueles que foran os seus habitantes. Tal é o conto, que a maioría das persoas nin as queren mercar, e nin sequera entrar nelas. A verdade é que como en Galicia sempre se dixo, “habelas hailas” pois vivimos coa inquietude de que poida ser certo.

Roque era un home de cincuenta anos que vivía nunha pequena aldea. Unha aldea apenas habitada nas aforas de Ourense. Estaba solteiro. Os seus pais morreran xa facía anos. El quedara ao cargo dun tío tamén solteiro, que non tardou moito en finar detrás dos seus pais. A casa na que vivía, fora xa dos seus avós, logo dos seus pais e agora como era único fillo pasara a ser del. Aínda que a casa era moi antiga, os seus pais restaurarana para poder vivir nela comodamente. Tiña un soto e dous andares, ademais dunha horta ben xeitosa onde Roque cultivaba as súas propias legumes. Tamén tiña un galiñeiro cunhas cantas galiñas e un canciño de raza pequena que lle facía moita compaña ao noso protagonista.

Na aldea vivían moi poucos veciños. A maioría eran xa maiores. Había so oito nenos de idade escolar, entre sete e doce anos. Alí xa facía moito que cerrara a escola, pero un autobús pagado polo concello viña recoller os nenos para levalos ao colexio da vila máis próxima.

Os poucos veciños que había non falaban moito con Roque, pois parecíalles un home raro, de poucas palabras. E el tampouco lles entraba en conversa cando os vía pola rúa.

A súa casa era a última da estrada. Despois xa seguía un monte ben frondoso, con moitas árbores.

Roque aínda que tiña o carné de conducir, xamais andara en coche. Nin sequera en vida dos seus pais e do seu tío. Cando tiña necesidade de viaxar a algún lado, chamaba un taxi.

No primeiro andar da casa había unha cociña, un cuarto onde durmiran os pais de Roque, unha pequena sala de estar e un cuarto de baño. Logo había ao saír da cociña cara un lado, unhas escaleiras de madeira antigas para subir ao segundo andar, que mesmo rechiaban ao pisar nelas. Enriba tiña a casa tres cuartos, un baño e un salón que nunca se usaba. Para baixar ao soto, ían por dentro da casa. Tiñan unha porta ao lado do cuarto, que conducía a unhas escaleiras pequenas e estreitas que daban a el. Alí no soto non había máis ca utensilios moi vellos, que foron quedando no esquecemento. Por iso, Roque nunca baixaba. Tíñao como esquecido.

Eran as tres da mañá. Roque durmía plenamente. A choiva caía con forza. O forte vento invernal, sacudía as árbores e facía ruxir as súas frondosas ramas unhas contra outras. O ruído que facían daba un pouco de medo. Pero el xa estaba acostumado, por iso é que o ruído das árbores e da choiva non lle quitaban o sono.

De súpeto comezou a soar un ruído. Eran como golpes, como se alguén petara na porta de entrada da casa con moita forza. Soaban con tanta forza, que Roque espertou sobresaltado. Ergueuse da cama. Prendeu a luz. Correndo baixou as escaleiras cara a porta de entrada, pensando que alguén estaba mallando nela. Abriu a porta á presa, pero non... non había ninguén alí fóra. Só moita choiva e o vento soprando con forza. Roque cerrou a porta. Mentres os golpes seguían soando. Non entendía nada. Que eran eses golpes?... de onde saían?... quedou por un momento quieto, mirando para todos os lados. Parecía como se tivera o corpo adormecido, as pernas aínda que quería andar non lle obedecían. De súpeto, os golpes deixaron de soar. Roque que estaba alí espetado de pe ao lado da porta, como se estivese durmindo un pequeno sono, volveu en si. Sen lembrar moito o que lle acababa de acontecer, subiu de novo ao seu cuarto e deitouse a durmir.

Logo amenceu un novo día. Aínda que non chovía, estaba nubrado. Roque como cada mañá ergueuse da cama, vestiuse e baixou á cociña a tomar un café. Lembraba algo do que lle acontecera de noite, pero non tiña a certeza de se só fora un soño ou unha realidade. Por iso, non o tivo moito en conta. Chamou polo canciño que durmía abaixo na cociña, para darlle a súa ración de penso mentres el tomaba o café. Despois diso, saíu como cada mañá a acomodar as galiñas e recoller os ovos. Enseguida chegou tarde. Roque pola tarde, saía a dar unha volta polo rueiro co canciño. Era pequeno pero moi listo. Cando ía andando pola estrada encontrouse cos nenos do pobo. Levaban unha pelota. Ían xogar sempre o fútbol ao lado da casa do noso protagonista. Pois alí, apenas chegaban os coches, evidentemente porque remataba a estrada. E era unha zona segura para xogar. Eles tampouco falaban con Roque. Os seus pais contábanlle historias raras metendo a Roque no medio e os nenos tiñan medo del.

Non tardou moito en vir de volta. Pois gustábanlle os meniños, por iso comprou na tenda da aldea unha lambetadas e tornou a presa, para así facerse o amigo e ver se lle perdían o medo.

Así o fixo, entrou na casa. Pero o día estaba gris e de súpeto comezaron a caer unhas pingas de auga grosa. Roque apresurouse á porta e saíu fóra. Os nenos andaban á procura dun pequeno refuxio para non se mollar. Chamou por eles para que entraran na súa casa, ao seu carón estaba o canciño movendo o rabo mirando para eles. Os nenos atenderon a chamada con desconfianza e medo. Pero el faloulles con tanta tenrura, que accederon a entrar e así refuxiarse da choiva. Unha vez dentro de casa. Sentaron todos na cociña, xunta con Rambiño que así se chamaba o canciño. Roque botoulle a man á bolsa das lambetadas e ofreceullas aos nenos. Os neniños déronse de conta que aquel home non era tan raro como lle dicían seus pais. Logo deixou de chover. Os nenos déronlle as grazas a Roque e volveron contentos á rúa para seguir xogando á pelota.

Chegou a noite. Aínda que o día estivera gris e de vez en cando chovera, a noite parecía estar despexada. Había ocos no ceo polos cales se deixaba ver algunha estrela. Roque non era dos que se deitaba cedo. Pois miraba o televisor na sala, ás veces, ata a media noite.

De novo, eses ruídos espertan a Roque, á mesma hora que a noite pasada. O home torna a levantarse sobresaltado. Pero agora eran algo máis fortes, viña de todas as partes da casa, e enriba as luces que tiña presas, escintilaban, acendéndose e apagándose soas. Roque botou as mans á cabeza. Pois os ruídos eran tan fortes que mesmo o facían tolear. Correu cada curruncho da casa na busca de que era o que estaba a acontecer. A cabeza doíalle do semellante barullo. Nunca na súa vida escoitara nada parecido. Era algo que non parecía deste mundo, toleaba a calquera. Rambiño andaba a ouvear a carón del. Pois, a el tamén lle facía moito dano ese son tan forte e estrano.

O ruído non cesaba. Roque xa non podía máis. Despois de tanto buscar a razón do que estaba a acontecer. Caeu de xeonllos no segundo andar na casa e esvaeceuse no chan.

Espertou onde esvaecera.. Rambiño estaba ao seu carón. Xa amencera, eran as oito e media da mañá. Roque ergueuse do chan. Xa non lle doía a cabeza, pero non se atopaba moi ben.

Rambiño comezou a dar pinchos cheo de felicidade de ver a Roque esperto. Esta vez o noso protagonista lembrábase de todo o que lle acontecera. Por iso foi que fixo a maleta. Soltou as galiñas pola horta. Colleu todos os cartos que tiña na casa agochados na cociña. Meteu o canciño nun “transportín” que usaba cando o levaba ao veterinario, chamou un taxi e foise da casa e tamén da aldea. Roque deuse de conta que o que estaba a acontecer na súa casa non era deste mundo. Foi por iso que decidiu marchar sen dubidalo.

Dende aquela ninguén da aldea soubo nada máis del. Tampouco lle deron moita importancia. Pois ninguén falaba con Roque. Só o taberneiro e pouco máis.

Na casa hai un cartel grande dunha axencia que pon: “véndese”. E os únicos que andan por alí son os nenos cando van xogar á pelota. E ollan para ela a ver se ven a Roque e se lles volvera a dar lambetadas, como aquel día que o pasaran tan ben con el dentro da cociña ata que parou de chover. Só eles botaban ao noso protagonista de menos. É o que ten a inocencia e o bo corazón dos meniños. 


 TERCEIRO PREMIO: Luis González Bravo (de Vilagarcía de Arousa)

OS INSECTOS DOS MEUS XOGOS

 

      Na miña adolescencia os insectos significaron unha valiosas lección de zooloxía. O insólito e atraente mundo dos invertebrados espertaba en min unha curiosidade inusitada. Absorto, víaos andar polo chan articulando as múltiples patiñas, movendo as antenas, bulir asustados, rubir polas paredes... Asemade, distraíame cos voos erráticos dos insectos voadores que me deixaban aloulado ao oír aqueles agudos asubíos que emitían, como se de avións supersónicos se tratara. Abellas, abellóns, moscas, moscóns, mosquitos, cabaliños do demo, estes últimos forman parte da fauna dos ríos, e as súas ás son como as aspas dos helicópteros. Ademais, sentía interese por saber en que lugares habitaban, o seus costumes, o que comían, como aniñaban e trataban as larvas, en definitiva, como vivían. Nunca tiven medo a collelos, tampouco me provocaban noxo, agás as arañas, porque dicían os entendidos que algunhas resultaban velenosas e se che picaban podían causarche fortes dores.

 

      Ao chegar a primavera, en plena floración, saía a campo aberto cun ganapán para capturar bolboretas. Corría tras delas como un desposuído, e ao se pousaren para chuchar nas flores, detíñame sostendo a respiración e paseniño, moi paseniño, ía cara elas co ganapán disposto, e cando as tiña a xeito...zas!, lanzáballes a rede por riba, quedando atrapadas dentro dela, batendo as ás desesperadamente. Despois, con tento, introducía a man atinando atrapalas entre os meus dedos. Procuraba ter moito coidado de non mancarlles as ás nin raspar a cubrición escamada das mesmas. Como queira que lograra coller un bo número delas e algunhas moi vistosas, ocorréuseme coleccionalas. Para que no proceso non tiveran que sufrir, pois cumpría espichalas co alfinete; primeiro botáballes alcol pola cabeza, así morrían ao instante. Unha vez mortas, prendíaas polo abdome coas ás estendidas sobre un cartón ríxido a xeito de soporte. Sen sentir morbosidade, dado que a vida das bolboretas é efémera, debo admitir, que me satisfacía velas meticulosamente expostas nun artesanal cadro  que colgaba na parede do meu dormitorio. Consideraba esta artística obriña como un fermoso trofeo de caza do que me sentía orgullosamente satisfeito.

 

      No tempo do verán as verdes campiñas ateigábanse de grilos e saltóns, Nas cálidas noites escoitábase a coro o perturbador "cri-cri-cri" dos grilos furando o escuro silencio. Naquelas mañás de lecer, ía á procura destes cantaruxeiros insectos. Anicábame debruzado coa orella a rentes do verde chan co fin de percibir a frecuencia sonora entre as herbas, e con elo, atinar co burato do seu agocho. Ao atopar o orificio destes ortópteros, simultaneamente paraban de cantar. Logo, metía ata o fondo do burato unha palla longa á que facía xirar insistentemente para causarlles cóxegas. Deste xeito, se se encontraba dentro o bichiño, este saía a fume de carozo, polo que tiña que andar presto para botarlle a man na fuga.

 

      Os grilos son de cor marrón a negro, con hábitos noitébregos, Polo día saen do niño e fregan as súas ás unhas contra as outras, chamando polas femias. Os machos son un pouco máis grandes cás femias e nas ás amosan unha figura semellando a letra "P" Nosoutros aos machos chamabámoslles "príncipes", por aquelo da "P", sendo os preferidos porque estes cantaban.

 

      Os grilos apreixados metíaos dentro dunha lata baleira dos envases dos alimentos, á que lle facía múltiples buratiños para que respirasen, Neses recipientes botáballes follas de trevo, leituga e outras herbas para a súa mantenza. Co tempo descubrín que mellor era metelos nos tarros de cristal cun respiradoiro na tapa, con elo conseguía estar véndoos de seguido.

 

      Aqueles frascos agocheinos sen consentimento paterno no cuarto dos trastes, pese a que a miña nai negábase a que os tivera na casa. Lémbrome dunha noite de agosto, estabamos durmindo, cando de súpeto, comezaron os cantaríns grilos a dar a cacofónica serenata. Como se fose un toque de diana, erguémonos todos alporizados da cama, principalmente os meus pais e os meus irmáns que non sabían que con nós vivían inquilinos tan ruidosos. A conmoción foi tal, que o meu pai anoxado mandoume soltar aos ditosos insectos que tiña ao meu coidado e que lles dera tanto agarimo e hospitalidade. Aínda parece que me estou vendo saíndo en pixama da miña casa a altas horas da noite para ceibalos no medio da escuridade, sufrindo mágoa por desprenderme dos mansos bichiños que tan bos momentos me fixeron pasar.

 

      Debo salientar que dentro do mundo dos insectos hai un especial co que máis gocei: a vacaloura. Escaravellos que aniñan, entre outros, nos carballos e que nalgunhas partes de Galicia chámanlles escornabois. Son da familia dos coleópteros; os machos miden de 5 a 9 cm. e están provistos de dous cornos semellantes aos dos cervos, polo que tamén se lles chaman cervos voadores. As femias son máis pequenas e menos vistosas, Os meses propicios para velos son de xuño a agosto. Habitan nos carballos, castiñeiros, en arborado de folla caduca; medrando alimentados coa madeira branda botada a perder. Sempre me fascinou contemplalos, saír dos buratos dos troncos vellos onde aniñan e fan galerías. Para collelos cos dedos había que ter certa habilidade para que non chos pillaran cos seus cornos aguzados. Esas mandíbulas son a súa arma defensora dotadas dunha forza insospeitada.

 

      Ao principio metíaos nunha caixiña. Por ignorancia, alimentábaos con todo tipo de herbas, igual que facía cos grilos; observando que ao pouco ían morrendo, polo que sospeitei que era debido ao alimento. Nunha ocasión tirei unha vacaloura morta na horta, e ao día seguinte apareceu ateigada de formigas que a devoraban dentro do abdome, cabeza e tórax. Ao cabo de tres días máis ou menos, desapareceran as formigas. Pasmado comprobei aquel corpo inerte da vacaloura. Quedara totalmente limpo  da masa carnosa!. As mandíbulas das condenadas formigas deran boa conta do bicho, deixando só intacta a cuncha exterior, como un excelente traballo de taxidermia. Esta coiraza protectora da vacaloura inspiroume a disección das mesmas empregando este sinxelo sistema. E pensei: se os humanos tiveramos como as vacalouras unha envoltura dura, despois de mortos permaneceríamos coa mesma aparencia de cando estabamos cheos de vida, e os nosos seres queridos poderían vernos sempre tal e como fomos.

 

      Con aquela cuncha baleira déuseme por enchela por dentro de algodón mollado con alcol para que tivese consistencia, e ao mesmo tempo, o choio quedara máis aséptico. Deste xeito, collería peso e non se deformaría nin rompería a feitura. Así o fixen, despois de encher cos algodóns as concavidades xa exentas de carne, e de seguido, apeguei con cola a cabeza co tronco, separando cornos e antenas para darlle un aspecto de postura natural. Dos formigueiros fun obtendo cunchas de vacalouras mortas, ata conseguir facerme con tres robustos machos e unha femia, conxunto que apeguei con esmero a un tronco dunha póla de carballo, colocando a femia no centro e aos tres machos escorneando en suposta pelexa. Como remate deille unha man de verniz incoloro. Non podía combinar mellor a composición creativa acadada, polo que debaixo fixei un carteliño no que se lía o nome zoolóxico: "Lucanus Cervus". A verdade é que non o cría cando con atención examinaba aquela orixinal escultura , na que se representaba con autenticidade a un grupo de vacalouras. Sentíame moi orgulloso das miñas aptitudes creativas nos eidos da arte plástica. En realidade o choio gustou a cantos o chegaron ver. Tanto se entusiasmou a miña nai cando o tivo nas mans, que mandou colocalo no andel do aparador do salón. Aínda recordo as conversas das amigables visitas dos veciños ao ver tan rechamante ornamento.

 

- Carmen, qué detalle tan bonito y original tienes ahí, encima del mueble. En dónde lo compraste...?

 

- Lo hizo mi hijo . Es cierto que es bonito. La verdad  sea dicha, quedó precioso!.

 

-Carmen, debo reconocer que tienes un artista en casa.

 

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

 

      Ao remate deste relato que describe unha fase de acontecementos vividos na miña pubertade, non quixera terminar, sen antes manifestar unha concluínte reflexión persoal sobre a época que me tocou vivir. Tempos aqueles de moitas carencias .Daquela, non tiñamos ordenadores, "tablets", videoxogos, nin outros aparellos de avanzada tecnoloxía. Para os nosos xogos usabamos a imaxinación, improvisabamos xoguetes con calquera cousa quer atopabamos e que a faciamos servible para as nosas solaces tempadas de lecer. Os mociños de entón exploramos montes, ribeiras dos ríos e mares. Non había curruncho da nosa contorna que non coñeceramos, que non souberamos o que nos podía ofrecer. Polos invernos, ao abeiro das pertinaces choivas, fixemos de actores teatrais representando papeis de personaxes históricos. Encarnamos aos heroes en mil batallas, en "estudios naturais". Corriamos sen descanso, brincabamos felices ata pórse o sol, sendo a cama o moble reparador dos nosos exhaustos corpos. Conviviamos felices nun mundo de privacións; máis pobre, si, e con menos desenvolvemento que o de agora, pero moito máis rico en humanidade e en autenticidade. Adquirimos valores imperecedoiros que nos forxaron positivamente de por vida e nos fixeron asisados, sensibles e creativos ante estes aires de fanatismo e culto a un materialismo  consumista que, por desgracia experimenta a sociedade actual. 


A Subdirectora Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, da Secretaría Xeral da Lingua, María Coutinho presidirá o acto de entrega de premios, na compaña de representantes da Mesa das Verbas e do Centro Comercial Arousa e co seguinte guión:

16 DE MAIO DE 2025 - 18:00 H. SALA MULTIDISCIPLINAR DO CENTRO COMERCIAL AROUSA

1.-  Saúdo e acollida por parte do Director do Centro Comercial Arousa.

2.-  Palabras da Sra. Subdirectora Xeral, en representación da Secretaría Xeral da Lingua.

3.- Unha peza por parte do grupo de pandereteiras.

4.- Entrega de premios: 3º) Fai entrega o Director do CCA, 2º) Vicepresidente da MESAverbas, 1º) Subdirectora Xeral.

5.- Lectura dun anaco do relato premiado co primeiro premio.

6.- Actuación das pandereteiras.

No acto distribuiranse os boletíns da Mesa das Verbas, o núm. 69 de MEDULIO, nunha edición especial co motivo desta xornada literaria das Letras Galegas. 















   


lunes, 14 de abril de 2025

XEIRA EN CAMBADOS - VENRES, 2 DE MAIO DE 2025

 

O martes, 29 de abril, Lois do Salnés, Roberto Abal, máis Xermán Torres estiveron a visitar Cambados para preparar e deixar todo listo para a nosa Xeira do vindeiro día 2 de maio. Foron moi ben atendidos no Concello de Cambados polo seu Concelleiro de Cultura, o amable e agarimoso Liso.

No Concello de Cambados antes de seres recibidos por Liso


No restaurante O CASAL da rúa Real, 5 será o xantar de confraternidade

Na sala "Pitusa" Vidal Cabanillas desenvolverase o recital poético do venres, 2 de maio de 2025

ACRÓSTICO DE LOIS DO SALNÉS NA HONRA DO POETA CAMBADÉS RAMÓN CABANILLAS (1876-1959)


DESEXAMOS MANIFESTAR PUBLICAMENTE A NOSA GRATITUDE AO CONCELLO DE CAMBADOS E MOI ESPECIALMENTE AO SEU CONCELLEIRO DE CULTURA LISO POR TODAS AS ATENCIÓNS E AMABILIDADE RECIBIDAS NA PREPARACIÓN DA NOSA XEIRA E NA MAGNÍFICA E INESQUECIBLE XORNADA VIVIDA EN CAMBADOS O VENRES, 2 DE MAIO DE 2025, ONDE RENDEMOS UNHA HOMENAXE AO GRANDE CABANILLAS.

TAMÉN E MOI ESPECIALMENTE QUEREMOS AGRADECER A FRANCISCO REY FERNÁNDEZ, CATEDRÁTICO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, ACADÉMICO DE NÚMERO DA RAG E MEMBRO DO PADROADO DO MUSEO DO POBO GALEGO POLA LA EXTRAORDINARIA VISITA POR EL MAXISTRALMENTE GUIADA AO ACOLLEDOR MUSEO DE RAMÓN CABANILLAS E TAMÉN POLO SEU ACOMPAÑAMENTO NO RECITAL POÉTICO.

E A NOSA GRATITUDE MÁIS ENTUSIASTA A PITUSA VIDAL CABANILLAS, NETA DE RAMÓN CABANILLAS, POLO SEU APOIO E POLO SEU ACOMPAÑAMENTO NO NOSO RECITAL POÉTICO.

PARABÉNS AO PERSOAL DO CONCELLO DE CAMBADOS QUE TAN BEN NOS ACOLLEU E A XOSÉ, O TÉCNICO DA SALA TORRADO, POLA SÚAS EXPLICACIÓNS NAS VISITAS AO ARQUIVO DOCUMENTAL DA CASA NATAL DE CABANILLAS E ÁS EXPOSICIÓNS NA EXTRAORDINARIA SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DE TORRADO.

REPORTAXE GRÁFICA:




















VÍDEOCLIP:


O RECITAL POÉTICO REMATOU COA ACTUACIÓN DO DÚO POÉTICO-MUSICAL "VERBAS E SONS DO VENTO" GRAZAS A COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, DENTRO DO SEU PROGRAMA CULTUREA.