lunes, 27 de marzo de 2023

ESTIVEMOS EN GUILLÁN

 O pasado sábado, 25 de marzo de 2023, desde as 18:00 h. visitamos o barrio vilagarcián de Guillán e na súa Casa de Cultura celebramos a CXXXI Mesa das Verbas. Tivemos unha divertida actuación de Al Guanella coa súa cadeliña Tana e un recital poético con micro aberto.

Constatamos que no noso Concello hai unha red importante de casas de cultura nos barrios, pero practicamente infrautilizadas. Habería que realizar un circuíto de actividades culturais e recreativas ao longo de todo o ano. Vilagarcía de Arousa é moito máis que o Auditorio Municipal e a Praza de Galicia, hai que ampliar o campo, os barrios e o rural existen, tamén no plano cultural. Habería que impulsar unha política cultural descentralizada e democratizar a cultura. Todo é cuestión de actitude e de potenciar os grupos artísticos locais e darlle vida e dinamizar nosas casas de cultura. Nós, niso estamos.










jueves, 23 de marzo de 2023

ENCONTRO NA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA


 O pasado luns, 20 de marzo de 2023, desde ás 12:30 h. e ata as 14:00 h. mantiveron un encontro moi agradable e construtivo noso presidente Xermán Torres, noso secretario Luís González con Valentín García (Secretario Xeral de Política Lingüística), Elvira Casal (Subsecretaria), acompañados e respaldados pola Deputada Autonómica Elena Suárez. O obxectivo xeral da reunión, ademaís do coñecemento mutuo e de favorecer a relación persoal e social, era establecer canles de colaboración entre a Secretaría Xeral e a Mesa das Verbas. Cuestións, coidamos plenamente conseguidas despois de tan acolledora e humana entrevista. Nosa gratitude por ser tan ben tratados e por ter aberto unha liña de traballo e de colaboración.

martes, 28 de febrero de 2023

IV CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS - 2023

 

Francisco Fernández del Riego (1913-2010)
Nunha imaxe de Xermán M. Torres
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2023


IV CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS/2023

CONVOCADO E ORGANIZADO POLA MESA DAS VERBAS E O CENTRO COMERCIAL AROUSA

COA COLABORACIÓN DA  SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA

 

1.- Convócase este IV CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 2023, idea e organización da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa coa colaboración do Centro Comercial Arousa co fin de promover e promocionar a creación literaria en lingua galega, nesta edición co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

2.- Poderá participar neste concurso calquera persoa que o desexe que necesariamente acepta as presentes bases, propostas polas entidades colaboradoras, así como tamén acepta todas as decisións do xurado (que estará composto polos autores premiados na edición anterior, se fose posible; senón as entidades que promoven o concurso designarán ao xurado) e que terá a capacidade de dirimir e interpretar todo o concernente a este concurso e as súas decisións serán inapelables. A participación no concurso supón a aceptación e asunción destas bases. En caso de menores de idade acompañarán no sobre pequeno a autorización do pai ou da nai ou do titor/a legal, así como a autorización da xestión do datos persoais só a efectos de cuestións relacionadas con este concurso (a autorización do manexo dos datos persoais tamén será enviada polos concursantes maiores de idade).

3.- Cada persoa poderá presentar un máximo de tres obras, que poderán pertencer a calquera xénero e estilo literario. A obra terá que estar escrita en idioma galego, ser orixinal e inédita, de tema libre. Non podendo ser coñecida nin premiada en calquera outro certame.

4.- A extensión máxima de cada obra será dun folio por unha soa cara (as presentadas escritas nun procesador de textos farano nun tipo de letra Arial de corpo 11) e as presentadas de xeito manuscrito serán con letra lexible sen manchas, emendas nin tachados. Os traballos presentaranse en sobre con plica. O orixinal do traballo non pode levar ningún sinal, marca ou calquera outra cousa que poida identificalo. O traballo será acompañado cun sobre pequeno con lema, a xeito de plica, neste sobre irán os datos do autor: Nome e apelidos, NIF, un número de teléfono, enderezo postal, enderezo electrónico, este pequeno sobre pechado estará dentro do sobre grande xunto co orixinal. O sobre grande tamén pechado, levará escrito o mesmo lema que o sobre pequeno.

5.- O prazo de entrega será ata o 3 de maio de 2023 (inclusive). As obras serán depositadas nas urnas que se colocarán ao efecto nas dependencias do Centro Comercial Arousa ou ao seguinte enderezo postal:   Dirección Centro Comercial Arousa, Prolongación Parque a Xunqueira, s/n – 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

6.- Os premios non poderán declararse desertos.

7.- A entrega de premios terá lugar o sábado, 13 de maio de 2023, conmemorando o Día das Letras Galegas, nunha edición especial da Mesa das Verbas, a partires das 18:00 h. na sala de usos múltiples, no 1º andar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía de Arousa.

8.- Os premios serán os seguintes:

- 1º PREMIO: 400 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 100 €, e diploma.

- 2º PREMIO: 300 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 €, e diploma.

- 3º PREMIO: 200 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 25 €, e diploma.

 

9.- Os autores ceden todos os seus dereitos sobre as obras, durante o prazo dun ano a partires da data da entrega de premios, por se as entidades convocantes tiveran a oportunidade da publicación das obras premiadas. Transcorrido ese ano, reverterían de novo nos seus autores.

 

10.- As obras non premiadas poderán retirarse ata o 30/06/2023, acreditando debidamente ser a autora ou autor, despois desa data serán destruídas.

 

11.- A participación neste concurso implica a total e plena aceptación destas bases.

 

 

Vilagarcía de Arousa, 1 de marzo de 2023


ORGANIZAN






COLABORA












miércoles, 22 de febrero de 2023

VERSOS E VERBAS PARA ROSALÍA

 

RETRATO  de Francisco Pérez Alonso - Pintor

ROSALÍA DE CASTRO
(23/02/1837 - 23/02/2023)

Namorado estou de ti, Rosalía,

dos teus belos versos apaixonado.

(Luís González Bravo “Lois do Salnés”)

 

Desde a fiestra da casa da rúa do Carme

nosa admirada e ben amada Rosalía

ollaba cos seus ollos de poeta a fermosura da Ría;

desde O Carril os seus versos quixo darme.

(Xermán M. Torres)

 

Paseando entre camelias

Axexábate, como escribías,

Eses bonitos poemas

Cos que ti, Rosalía, describías

Os encantos desta terra

Esa que ti percibías

Toda chea de encantos

Os que ti nos compartías.

(Dula Piñeiro)

 

Con el sonido monocorde de la lluvia

tras los cristales,

imagino a Rosalía como una

sombra

que me asombra,

en la noche eterna

del mágico invierno galaico...

Tan solo un poeta puede entender,

la complejidad del alma de otro

poeta...

(María José Rubianes)

 

Rosalía la melancolía es tu seña,

llegas a los corazones de tus lectores

desnudando tu alma hecha jirones.

Supiste poco a poco empoderarte

como mujer en un mundo de

hombres demostrando que tu gran

sensibilidad puede dominar el

mundo.

Dejaste un gran legado, el de

desgarrar y mostrar tus emociones

en unos poemas llenos de calidez y

ternura.

(Marisa Jamardo

 

Rosalía, alma romántica, soidosa e

soñadora entregada á poesía toda a

súa vida.

Miles de versos e poemas dedicados

a Galicia, súa Terra, por ela tan

querida van e veñen recorrendo o

mundo por sempre e para sempre.

(María Carmen Rivadulla)


Campanas de Bastabales

tocade, tocade axiña que hoxe hai

festa no Ceo pola nosa Rosalía.

(Tere Briones)

 

Hoxe Rosalía

tralo vidro da palabra

levo o feitizo na alma

dos teus cantares.

(Augusto Guedes)

 

O mundo enteiro recorda a Rosalía

logrou ser empoderada e ter empatía.

(Pilar Lojo Piñeiro)

 

Os teus fermosos recordos

Perduran no tempo

Igual que as túas cancións

E os teus lindos versos

Galiza segue contigo

E eu tampouco te esquezo.

(Carmen Darriba)

 

Rosalía os galegos estaremos

sempre en débeda contigo.

Ninguén loitou con tanto sentimento

pola nosa Terra como ti.

Airiños, airiños aires, airiños

da miña Terra,

airiños, airiños aires, airiños

levaime a ela.

(Carmen Abalo

 

Dime Rosalía.

Deixáchenos versos

para nós gozalos

na historia perpetua

da nosa memoria.

Dime Rosalía,

lembras aquel día?

Con tanta paixón escribías!

Gozabas cando te inspirabas!

Dime Rosalía cantas penas

che quedaron atrás sen narralas?

Dime, onde está a negra sombra que

te atormenta?

Dime Rosalía a cor do teu sangue, era

negra ou vermella?

Tinta fluía polas túas veas.

Ríos de vida e verbas

que nacían na túa alma

e transmitías á túa pluma.

(María José Caneda)

 

E era muller, Rosalía

é nazón.

(Carmen Castejón)

 

Rosalía Rosalía

Tú que has llenado de alma y vida

A tu ilustre Galicia

Con tu gran poesía

Llevaste por toda España

Con Bécquer y compañía

Esa hermosa poesía

Que en castellano

Y en gallego se escribía

Donde todos los españoles

Supieron reconocer tu valía

Hoy pasados los años

Y volviéndote a recordar

En castellano y en gallego

Siempre resalta más

Por eso hoy Rosalía

Mi sombrero ante ti

Me puedo quitar

(Francisco Pérez Alonso – Pintor)

  


MIÑAS CAMELIAS PARA ROSALÍA (Xermán M. Torres):