martes, 23 de diciembre de 2025

TRABALLOS PREMIADOS NO V CONCURSO DE POESÍA EN LINGUA GALEGA XAQUINA TRILLO

    



 Reunido o Xurado do Concurso, o martes 16 de decembro de 2025, na Sala de Xuntas do Centro Comercial Arousa de 11:00 h. a 14:00 h., emitiu o seguinte fallo inapelable, segundo consta nas bases que se deron a coñecer publicamente:

PRIMEIRO PREMIO:

Manuel López Rodríguez de Noia por A ESTANCIA BALEIRA

SEGUNDO PREMIO:

Luis González Bravo "Lois do Salnés" de Vilagarcía de Arousa por MAR DE AROUSA

TERCEIRO PREMIO:

Xian Lois Alcayde Dans de A Coruña por ENTRE AS ONDAS

Por ser un tema curioso e orixinal a xeito de caligrama, CARTOGRAMA, concedeuse un accésit, dotado cun vale de 25 € a:

Adolfo Caamaño Vázquez de Barro por CARTOGRAMA...


Grazas e parabéns ás autoras e aos autores dos 50 traballos presentados a concurso e especialmente a todos os premiados.

Tamén manifestar a nosa gratitude a todas as institucións e entidades que nos prestaron o seu apoio. Dun xeito moi especial á Deputación Provincial de Pontevedra, ao Concello de Vilagarcía de Arousa e ao Centro Comercial Arousa. 

Agardamos poder convocar o VI Xaquina Trillo para o próximo ano 2026.


O Xurado estivo formado por:

PRESIDENTE: Germán Manuel Torres de Aboal pola Mesa das Verbas.

SECRETARIO: Carlos Varela Ulla polo Concello de Vilagarcía de Arousa.

VOGAL: Begoña Fernández Lorenzo pola Deputación Provincial de Pontevedra.

VOGAL: Luis González de la Ballina González polo Centro Comercial Arousa.


En breve, convocarase aos medios de comunicación a unha rolda de prensa para falar polo miúdo e ampliar datos sobre a presente V edición deste concurso poético.


A ESTANCIA BALEIRA

Manuel López Rodríguez


                                                                                        ...e mentres estaba alí sentada, incapaz de decidir,

                                                                                           os figos comezaron a se engurrar e a negrexar...

                                                                                                                                                    Sylvia Plath





MAR DE AROUSA
Luis González Bravo


ENTRE AS ONDAS
Xian Lois Alcayde Dans




CARTOGRAMA...
Adolfo Caamaño Vázquez


























domingo, 7 de diciembre de 2025

PARLADOIRO - COLOQUIO: Discapacidade e discapacidade en Vilagarcía de Arousa

 




O diluvio que caeu en Vilagarcía o día 5 deste mes de decembro, non impediu que cinco valentes acudiran ao parladoiro celebrado, en esta ocasión, no bar Novas Carolinas.

Marcelino Romero fixo a proposta de tratar un tema de moito interese sobre a discapacidade. Chegamos a conclusión de que ese termo non é moi axeitado xa que todos somos discapacitados en maior ou menor grao, mellor e falar das distintas necesidades de todo tipo que presenta calquera ser humano e que todos temos o noso lugar na sociedade, unha sociedade que ha ser por necesidade inclusiva. Aquí cabemos todas e todos. Debemos ser acolledores, empáticos, respectuosos. Superando todo tipo de barreiras e muros que nos separen.

E falando de barreiras arquitectónicas na nosa querida cidade de Vilagarcía de Arousa hai moito que mellorar e respectar toda a lexislación e normativas sobre o tema. Primeiro, nos edificios e instalacións públicos e en centros de atención e servicio a cidadanía como locais de hostalaría, comercios, oficiñas.

No deseño de rúas e prazas evitar e sinalar obstáculos, semáforos con sinais auditivas, colocación de rampas, arranxo de baldosas e elementos do mobiliario urbano deteriorados, colocación de pictogramas e axeitados paneis con todo tipo de informacións. Cumprimento das normativas sobre circulación de bicicletas e patinetes, máis presencia da policía local nas rúas e prazas da cidade. Para pemitir que persoas con necesidades especiais poidan circular e desfrutar da cidade como calquera outro cidadán. Cidades amables para os cidadáns na liña do que preconiza o pedagogo italiano Francesco Tonucci.

E Xermán Torres lembrou e falou da súa experiencia coa asociación AUXILIA, que funcionou con notable éxito en Vilagarcía a finais da década dos 70 e na década dos 80 do pasado século. E que pretendía facer visibles e facer valer os dereitos das persoas discapacitadas, ou con necesidades específicas de apoio, que naqueles anos eran nomeadas con apelativos pouco recomendables e dignos de esquecer. 

Trátase dun tema que debemos recuperar nos nosos parladoiros semanais.